No Picture
Artículos

O casino no que vivimos (IX)

Recordemos que Marx, dicía que a propiedade se iría romper tal como a concibiamos e, que se iría ser substituída por outro tipo ou sexa a socializada. Estaba no correcto, no entanto, é necesario esclarecer, que non se socializou, como el prevía, pois a propiedade produtiva, non se socializou ao nivel de Estado, o que aconteceu e que se tornou corporativa.

No Picture
Artículos

O casino no que vivimos (VIII)

Desde esa época podemos ver o constante e continúo proceso, que ten levado á perda de liberdades, á sementeira de cámaras de vídeo que se encontran a seguir os nosos pasos, dunha forma constante e continúa, coa xustificación infame, de problemas de seguridade, ao control dos datos persoais das poboacións, a creación de ficheiros, cuxa utilización xamais foi outorgada polas poboacións, e por outro lado, con intervencións armadas, sempre e cando, está en cuestión os intereses dos donos do “ Casino”.

No Picture
Artículos

O casino no que vivimos (VII)

Queremos avanzar, que o PIB, non é un indicador, nin do benestar, nin da calidade de vida humana é, porén, unha forma de mostrar á poboación de que todo vai ben cando todo pode até ir bastante mal.

No Picture
Artículos

O casino no que vivimos (VI)

Estas informacións en tempo real que permite operar en fraccións de segundo en miles de campos, que revisan un poder efectivo fóra do normal, se deben a que moitos políticos mundiais que, á súa vez determinan cando, como, con que intensidade determinadas políticas, decidiron, confiar as súas decisións nas mans do sistema creado por este señor Larry e a súa máquina Aladino.

No Picture
Artículos

O casino no que vivimos (V)

A España de hoxe, tal como a de onte, continúa a sufrir a síndrome dos asasinatos en serie e indiscriminados, conforme as ideas do xeneral Mola e executadas polo ditador. As mordomías dos ricos e importantes, que rexen este país, continúan a impor as súas ideas e intereses á gran maioría das masas silenciosas, que dunha forma “relixiosa” segue a procesión, elevando os himnos do conformismo até ao absurdo. Os gobernos só teñen coñecido un señor, o capital globalizado neoliberalista. E isto desde 1978 até hoxe.

No Picture
Artículos

O casino no que vivimos (IV)

É para nós esencial, desde xa, indicar que a financiarización, unha das principais consecuencias á primeira vista, é disparar dunha forma exponencial a desigualdade social, ralentizando dunha forma máis que evidente, a inversión real na produción. Ten sido apuntada como unha das principais presións sobre as persoas e os lugares endebedados, dando lugar a que se chegue a atribuír, esa reponsabilidade, a propia democracia.

No Picture
Artículos

O casino no que vivimos (III)

Non restan moitas dúbidas, de que os gobernos tiñan e ten, instrumentos económicos (ferramentas), que podían utilizar, para palear os eventuais desequilibrios macroeconómicos. Pero máis por razóns de orde estratéxica que de orde ideolóxica, non o fan pois, sempre están buscando non irritar os grandes grupos, porque desexan seren os próximos a cruzar as portas xiratorias.