O casino no que vivimos (XI)

Por Jose Vieira

A financiarización a sociedade en que vivimos

Temos xa falado, de financiarización, como un fenómeno dos novos ventos que entran polas xanelas e portas do casino en que vivimos.

No entanto, pensamos que debemos ter a obriga de dar unha idea, cada vez máis próxima e concreta, para quen se dispón a ler estas liñas, do o que se está a pasar e, ao mesmo tempo, dar a certeza de que as cousas lonxe de mellorar, van cada de peor  a peor.

No fondo, iremos dando as varias facetas deste sólido de moitas caras, para quen nos lea, se van facendo coas certas intencións, dos que están ao mando, impondo deste atraco.

Temos, igualmente falado, non poucas veces, dos salarios de miseria, da inestabilidade dos empregos actuais, da falta de cobertura, para non dicir da ausencia de cobertura, dos dereitos dos traballadores por parte dos sindicatos e, naturalmente, da inestabilidade social, das persoas, que por unha necesidade  psíquica (que non é unha solución para a saúde mental de cada un), en vez de encarar de fronte os problemas que se van presentando, ollan para o outro lado e, peor, permiten que todo se estea a pasar,  como dunha bóla de neve, que ao  rolar por unha  ladeira abaixo, se torna cada vez maior e, no noso caso, en que os problemas reais que a todos tocan por dentro, se tornen cada vez menos fáciles de resolver.

Con esta dificultade, perfectamente ben deseñada polos que mandan, levan as mans, como de Pilatos se tratasen – non ten culpa de nada.

Con toda a naturalidade, verificamos que cada vez o volume dos problemas é maior e máis diversos e tantos que, a súa posíbel solución, se torna unha tarefa propia da figura mitolóxica grega de Hércules.

O problema, é que xa non hai Hércules, nin tan pouco existen os milagres, resultantes de peregrinacións e rosarios cantados ás horas estabelecidas, nas rutas de diversión estabelecidas e acariñadas, dunha forma folclórica.

No entanto, regresemos a cousas máis vulgares e sensíbeis, como por exemplo a situación dos lugares de cada un, presentan un estado de dificultades, de respirar, con algunha suficiencia pois, están cada vez máis asfixiados por dividas, que son insolúbeis.  Dito dunha maneira máis sensíbel, están cada vez máis endebedados chegando a auga a garganta.

Recordemos a recente decisión dos tribunais, que consideran abusivos os intereses practicados, como sendo de autentica usura.

Falamos, do que aconteceu coas tarxetas de crédito, concedidos dunha forma abusiva, cuxos xuros chegan a atinxir e, até superar os 30%, pero que,  serviron e continúan a servir, os que aínda están activos, como unha  soga para as persoas pois, doutra forma non chegan ao fin do mes nin  tao  pouco a conseguir comer a diario as delgadas  dietas que nós impón os que mandan.

Claro que llas persoas recorren a esas formas de  financiarización da súa vida, é porque non ten outra alternativa, sentindo que están a piques de ser somerxidos, por algo en que non tiveron o real coñecemento, sendo enganados desde o principio, das consecuencias e como tal, participaron, por unha libre e inconscientes ganas, inducidas pór ese marketing criminal, consentido polas autoridades estatais.

Parece mesmo, que os gobernos, dimiten de protexer os seus concidadáns. Se non é real, até parece.

Claro que esta, é só unha media verdade pois, a realidade é aínda peor.

Así, e a pesar, das ferramentas postas á disposición dos cidadáns, para súa propia defensa seren pouco eficientes, aínda resta algunha marxe de manobra para que sexa posíbel, pór algunha pedra, ou pau, na roda da destrución, dunha cidadanía digna.

Que debemos facer e, que instrumentos dispomos para nunha próxima oportunidade, defender con uñas e dentes, as nosas liberdades, garantías e dereitos?

É máis que evidente, as próximas eleccións autonómicas, utilizando os medios que, contra as ganas dos fabricantes da Constitución Española, estes tiveron que consignar, imposición do mundo que os rodeaba, o voto individual e case universal (aquí será tema para outra oportunidade).

Que facer?

É fundamental, por todas as razóns e sobre todo,   podan dispor dos dereitos que, nos están a retirar, día a día, dunha forma  subliminar, a dignidade propia e, que debiamos poder transmitir ás xeracións que hoxe,  coexisten e, que nos seguirán como nosos descendentes, cando tiveren que votar, na caixa dos soños, non voten como certos  carneiros (que me perdoen os  carneiros), con fe  clubista.

Antes, cos nosos proxenitores, nos metían o medo no corpo, desde os  púlpitos da igrexa e confesións, no boca a boca, até ás ordes dos caciques locais, que non se votabamos nos por eles mandados, estabamos contra o reino dos ceos, e  merecedores de todos os castigos (divinos ou  terreais).

Por unha vez na vida, sexamos xente que  quere tomar o seu destino, en súas propias mans, que sabe o que quere e sobre todo o que non  quere, condenando quen lles están a retirar non só o seu diñeiro, como sobre todo a súa dignidade e, creando as condicións para que os seus descendentes vivan cada vez peor, do que vivimos nos. Mesmo tendo movedes de última xeración (que serven, por orde gobernamental, para nos ter controlados en todo o momento), tendo para iso sacrificado a propia calidade de vida.

Utilicemos o noso voto como arma que a pesar de todo está á nosa disposición. NON TEÑAMOS MEDO.

Volvendo ao problema enriba referido, das tarxetas de crédito, pensen só que na Galiza, unha porcentaxe de máis de metade da poboación, recorre habitualmente, a utilización de crédito, colocando a cabeza debaixo do cepo do matador.

Isto quere dicir que, máis ou menos cerca de 70% da poboación efectiva, está dependendo ou necesita desa, ferramenta de usura para chegar ao fin do mes.

Bastará contar pór os dedos que temos nas súas mans, para sentir que esta situación non só non é natural, como é urxente dar a posibilidade de acabar con este estado de cousas. Se ten quer dar a primeira volta ao parafuso dos señores que mandan que, nos están a  amarrar ao  cadafalso.

Estes señores, coa conivencia dos políticos de case todos os partidos, sabemos están realizando lucros astronómicos, utilizando esas dividas particulares, xogándoas nos mercados de financiarización cos fondos chamados voitres.

Con isto queremos dicir, que a poboación for realmente consciente que, os que actualmente mandan, son os que venden con grandes lucros as débedas dos cidadáns que, non chegan ao fin do mes, realizando dous tipos de lucro, un primeiro, nos xuros do capital prestado polas tarxetas de crédito e, logo vendendo esas dividas aos fondos de  voitres internacionais.

Quero deixar máis unha nota de alerta pois, como afirmo as actuais dividas dos cidadáns Galegos, están a ser comercializadas, sendo obxecto de especulacións internacionais, por fondos  voitres que, as  negocia entre eles e, entón cando for a hora, non van ter calquera piedade ou marxe de negociación cos  endebedados.

Tamén queremos retirar a idea que normalmente venden os bancos e, outras institucións de honorabilidade máis do que dubidosa, de que posuír unha tarxeta de crédito é, unha mostra de riqueza pois, significa que o banco, confía nesa persoa como debedora dese treito de plástico. Isto é un timo que ten que ser desmitificado.

Triste engano, a propaganda, plena de medias verdades e, moitas máis de mentiras, case sempre manipuladas por quen son os donos da maioría dos órganos de comunicación social, a través das súas distinguidas formas, escritas, audiovisuais, ou até nas redes sociais, que nos están manipulando, no sentido de  anestesiar os nosos comportamentos.

Tamén queremos alertar, que non é por mero acaso que os tradicionais, bancos situados nos nosos barrios, se están a transformar a unha velocidade de  vertixe, en  vendedores de soños, que pronto, comercializan  seus xefes nas corporacións de fondos intermedios que á súa vez alongan o sistema financeiro, até límites  insospeitábeis. No entanto, isto é outra historia.

Estamos non a tempo de parar, a máquina que os señores neoliberais que mandan, e que engrasarán como sendo, os mellores do mundo e única a súas solucións.

Podemos o día das próximas eleccións, pola barra de ferro que faga que pare a ruleta deste casino en que nos recluíron.

Parar dunha vez por todas, estas violencias e destrucións dos nosos dereitos, liberdades e garantías como cidadáns, parando dunha vez por todas, coa destrución do patrimonio común dos Galegos, levada a efecto polos que están agora no poder na Galiza, á máis dunha decena de anos.  TODO SIRVE PARA PRIVATIZAR E PARA EMPREGOS DE HORAS E DÍAS.

Non só nos están empobrecendo e, aínda por riba din, que estamos a vivir encima das nosas posibilidades. Quen está a vivir por cima das súas posibilidades como políticos, co abuso sistemático das súas prepotencias son quen nos dirixe á máis de 10 anos.  Pois o seu real desexo, era que todos vivísemos unicamente da caridade de súas Excelencias, e de xeonllos louvándoos.

Pero a estratexia, pode non ser a ideal, no entanto, o excelente, por veces é inimigo do necesario, o sexa do bo, e recordamos, que nunha lista dun determinado partido, tradicional Galego, existe un nome que debe ser a referência para todos os galegos, e votar nesa lista, é dar o facho olímpico que nos pode salvar desa  alcateia de lobos  esfameados. Esa persoa, que é a esperanza e a garantía dunha loita xusta e a favor dos galegos é a de Alexandra Fernández, demandante por Pontevedra.

Non esquecer que temos 70% de posibilidades de vir a recuperar a nosa dignidade e esa está na lista, onde figura o nome da demandante enriba referida. Imos por todas, imos pór a nosa terra, a Galiza e, como tal, debemos ter orgullo, na defensa da nosa dignidade, de galegos. Debemos estar co partido e marca Galega que nos acolle.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.