A fraude como cultura

Por Jose Vieira

Resultado de imagen de wall street

Como non podía deixar de ser, temos que anteceder, a palabra cultura, dun classificativo, que non poda deixar calquera dúbida, de que queremos que falar, é dalgún tipo de actividade distinguida, do que consideramos, como título do presente.

Vimos desde algúns anos, falando sobre que existe un poder que transcende, dunha forma brutal, todo o que consideramos, como o goberno visíbel de cada país.

O escribimos, en distinguidas ocasións e inclusive o publicamos, en libro, como “A nova orde”.

No entanto, este mesmo poder na sombra, proxectase de forma distinguida, conforme a calidade do terreo, por onde se deseña a súa silueta.

Con isto queremos dicir, que nalgúns países desenvolvese dunha forma máis visíbel, mentres noutros, dunha forma máis sutil e aínda noutros, sen calquera rebozo ou coidado de disimular dunha forma brutal.

Neste momento se nos ocorre recordar, que vivimos nun país, en que todo o que vén da América do Norte, do chamado e idolatrado Estados Unidos da América, é palabra do señor. Ora é aquí que comeza o problema.

Quen é o señor? O tempo en que os animais falaban e os homes se entendían, todo era moito máis fácil, bastabamos estar atentos aos “negocios”, dinásticos dunhas cantas monarquías, para que con algunha posibilidade de certeza, se descubrisen os designios deses cantos electos.

Até porque en xeral bastaba, contrastar eses intereses cos que defendía o estado soberano do Vaticano. Todo era máis tranquilo, e tiña máis unha aparencia de previsíbel.

Todo se tornou moi máis complexo, e distinguido, no tras Segunda Guerra Mundial.

Pois, a pesar dos acordos de Bretton Woods, e toda as posíbeis bos vontade dos señores da política de entón, estábanse a levantar, dunha forma paralela, e como sempre acontece, as sementes da discordia (daba un bo título para unha película de terror).

Pero o problema era moito máis profundo, o que se estaba a preparar non era só as sementes da discordia, era a creación dun poder sen límites, para a súa ambición, así como, a creación dunha estrutura que rapidamente, fixese letra morta, de todos os avances que o referido acordo, conseguira, a cando da súa creación, no final do conflito (II Guerra Mundial).

Eran conscientes, que había que facer algo moi potente, que refletise a base social, de quen reaccionaba contra os acordos, e esa posición, pódese resumir en poucas palabras: Como podemos ser todos iguais, se nós que somos os mellores e, os máis poderosos, non somos os que levamos as rédeas do poder.

Temos que nos protexer destes incautos ilusos e pasar de traxe a ditar as nosas leis.

Se o ben pensaron, rapidamente tomaron as rédeas do mando, creando a estrutura que desde esa altura se ten posto ao mando, do mando. Falamos da creación do famoso Club de Bilderberg (o actual presidente é Henri de Castries).

Fundouse o día 29 de maio de 1954, posuíndo actualmente cerca de 150 membros.

Esta xente apoderouse do mando e, desde entón, xamais abdicou de estar ditando por onde deben ir os camiños da economía e todo o máis.

O camiño até a actualidade, está á vista de cada un, vasta verificar, que todo o que vai acontecendo, en “O Casino en que Vivimos”, non ten as mesmas regras, para todos os xogadores.

Esta foi a primeira constatación que fixeron, case de inmediato ao conseguiren abolir todos os efectos positivos, dos acordos anteriores, que entre outras cousas, tiñan regras visíbeis e respectadas, para iniciar o camiño da desregulación, para estes señores.

Para que o xogo non puidese parar en ningún momento, tiveron que dotar os pequenos casinos, que aínda tiñan algunha regulamentación, se transformasen en monumentais locais de xogo sen regras, as Bolsas de valores. Tomaron como exemplo de orde, o Far West, dos primeiros tempos da busca do ouro.

O descrédito das leis protecionistas acaban co presidente Richard Nixon (do partido republicano), e curiosamente levan o golpe de misericordia cun admirado presidente en España, Bill Clinton (do partido democrático), que acaba coa lei Glass- Seagall (lei que obrigaba os bancos de investimento, estaren separados dos bancos tradicionais).

Por aquí, comeza unha nova saga, institucionalizase, coa bolsa de Nova Yorque, como sendo o maior centro de “negocios” do mundo. Falamos do que normalmente é coñecido como a Wall Street.

Os tentáculos desta institución, non se caída nas fronteiras dos Estados Unidos da América, esténdese á praza de todo o mundo. Tocando, en todos os posíbeis momentos de actuación, sexa en qué sentido sexa.

Vou dar algúns números, para que se poida ter unha idea máis aproximada do que é Wall Street:

As 10 institucións maiores de Wall Street, posúen activos (valores patrimoniais), equivalentes a 60% do Produto Interno Americano. Máis estas institucións, emiten dous terzos das tarxetas de crédito en circulación, posúen 35% das hipotecas e finalmente manexan algo máis do 76% dos derivados financeiros.

Como se iso fose pouco detén 46% dos depósitos bancarios do país.

Así, non teñamos calquera dúbida, que os señores que mandan, os tales que vén de Bilderberg, o están a facer moito ben ou talvez nolo estaremos a facer moito mal, depende da cadeira en que nos coloca a vida.

Non podemos deixar pasar a oportunidade de deixar referido, que as axencias de cualificación financeira, obedecen ás determinacións deses que mandan, xa referidos.

Basta lembrar que clasificaron coa máxima puntuación as hipotecas lixo, en 2007/2008. Nada menos do que AAA. Que é o máximo. Que máis dicir deste casino sen regras para a maioría da poboación.

Para terminar esta, cunha chave de ouro, basta dicir que é tamén Wall Street, o local onde máis delitos existen quere, patrimoniais, sobre divisas, lavado de diñeiro, subornos, estafas financeiras, conspiracións, alteracións de condicións de eleccións políticas, non só na América do Norte como noutros lados. Tamén determinan, cando o congreso do país dita, ou non, unha intervención militar e a onde. Incríbel pero real.

Termino finalmente cunha frase dun funcionario do Banco Barclays, que afirma máis ou menos, o seguinte (a tradución é miña), “quen non comete delitos en Wall Street é porque aínda o non tentou”

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.