O progreso da extrema dereita

«Esta herdanza estaba ditada e ben sabida polos cachorros do réxime franquista.»

 Jose Vieira

Como mínimo é interesante ver como canto peor son as perspectivas de vida calma e tranquila para as poboacións, estas en vez de se colocaren ao lado de quen desenvolveu os sistemas sociais, de que hoxe dispoñen, se  encostan con toda a forza aos partido máis radicais de dereita, que foron os que regatearon os seus dereitos e, sempre os consideraron seus escravos.

Este fenómeno é un pouco  transversal, dado que ten entrado polas portas e xanelas das persoas, e estas, dunha forma moi acolledora, as gardan e  memorizan, como se dun  regalo dos ceos se tratase.

Isto non quere dicir, que os partidos máis solidarios ou os partidos chamados de esquerda teñan feito ben, todo o que debían, e máis, mesmo o que fixeron en moitos casos, foi pouco, mal feito e fóra de tempo.

Máis aínda, o pouco que fixeron, estiveron de xeonllos a mendigar ás autorizacións aos señores do capital. Unha certa vergoña.

Gustábanos poder preguntar, a todos os que viven cerca, se ten dúbidas que se outros partidos estivesen sempre no poder, queremos referir aos partidos de dereita, terían hoxe os servizos, de que dispoñen, das  regalías dunhas pensións de xubilación, de pensións de subsistencia, de atención sanitaria a discapacitados, auxilios para os que viven en total situación de dependencia, etc.

Sería evidente, que llas persoas quixesen ser certas, terían que opinar, no sentido de que, probabelmente non todo habería, e o que houbese sería naturalmente, escaso esmolar e humillante.

Pois, os gobernos de dereita e os seus parentes, só pretenden ver os seus semellantes, ofendidos e humillados (como describe de forma maxistral, o escritor ruso Fiodor Mijalovich Dostoyevski), non habería nin xenerosidade, nin solidariedade, nin tan pouco fraternidade.

A eses cabe a responsabilidade de teren sempre en mente a destrución do estado de ben estar, que se procurou implantar, no tras Segunda Guerra mundial.

Recordemos o asasinato xamais esclarecido, dun dos grandes defensores dese ben estar, así como da diminución das diferenzas sociais, as chamadas desigualdades sociais. Se tratou do primeiro Ministro sueco Olaf Palme (en español, pero en sueco Olof), que profundamente nesa tarefa se empeñou, o que lle custou a vida.

Naturalmente que podía ser non mellor, pero moi mellor, no entanto, case sempre se levantaron elementos que dunha forma moi vehemente, puxeron os paus nas rodas para que o coche non puidese seguir nin coa rapidez nin coa solidariedade fraterna que debía ser.

Basta reparar, de como se comportan determinados partidos sobre todo, no caso de España, onde sempre estivo presente, herdanza, das xerarquías, xamais desfeitas do anterior réxime (falamos dos herdeiros da ditadura de Franco).

Estas elites franquistas dunha forma estratéxica, se foron distribuíndo polos lugares estratéxicos, quere na administración, nas empresas e sobre todo na administración da xustiza, para que o desenvolvemento das clases traballadoras, non puidesen subir por enriba dun determinado rango.

Esta herdanza estaba ditada e ben sabida polos cachorros do réxime franquista.

Por outro lado, as representacións sindicais, autorizadas despois da morte do ditador, foron levadas a se institucionalizar, como unha forma de seren  maleábeis e  sedosas para a administración, tornándose os sindicalistas nunha administración paralela e  colaboracionista, para  lexitimar o réxime, saído de Suares, ou sexa dos dous, homónimos.

Para dar só unha chamada de atención, basta dicir que tal como na maioría dos países de partido único, existe unha lei básica a que chaman Constitución.

 Pois, tamén en España, existe unha Constitución Política, que foi elaborada, segundo un guión, previamente ben determinado e, que levou o nome duns cantos individuos, que se suxeitaron a ser padres e madres, de algo que estaba mandado.

A autoría, do guión, ninguén a sabe, ou mellor todos a coñecen pero non se pode dicir onde veu, probabelmente dos “ceos”.

No entanto, era necesario mostrar ao mundo que era algo moi democrático pois, até foi suxeita a un referendo. Tratábase de dar lexitimidade internacional ao logro. E así se fixo o referendo.

Había que dar a idea da liberada de opinar. E realmente llo fixo. No entanto, e necesario explicar, como.

Actuaron como divulgativos, da santa  banha da cobra, primeiro os militares, institución herdeira directa do anterior réxime, sementando o medo, entre as poboacións, indicando de forma até  pouco sutil, que non se fose aprobada como eles querían sairían para a rúa e a imporían (claro non o dixeron  pero o deixaron claro).

Antes e durante o fin do ditador, se neutralizou o Partido Comunista Español, traballo que viña desde xa a algúns anos, a ser efectuado polo réxime dos militares, coa axuda de infiltrados, da intelixencia do réxime de Franco e seus seguidores. Se domesticou o Comité Central con promesas sedutoras. Resultou.

A permisividade, perfectamente consentida por estratexia, duns tantos que serviron de ferramentas instrumentais, que vestidos con roupas progresistas, pero que non eran outra cousa, que non as gardas avanzadas do vello réxime e, que tomaron as institucións propias da nova democracia, desde dentro.

Colaboración da igrexa católica, que por activa e por pasiva, sementaba o discurso, que lle fora encomendado polo réxime anterior e, polos seus continuadores.

Palabra do señor- ou votades a favor da Constitución que vos presentan, ou teremos outra guerra civil – Isto as claras.

E para alén diso, sempre co crente axeonllado, en perfecto estado de dominio aplastado pola fe, funcionou o confesionario. Este e o instrumento, de psicanálises máis convincente que xamais coñecemos. Se trata da contribución, boca a boca nas confesións, que tan bos resultados sempre teñen dato.

Non e unha psicanálises convencional, pero faría envexa a calquera seguidor de Jung, Freud o de Lacan, o éxito obtido polos servidores da corporación, está à vista, máis de corenta anos de domesticación total das masas.

Xa pasaron unhas decenas de anos, e os mozos cachorros doutros tempos, se están tornar impacientes, e por outro lado, están observando, os movementos das dereitas, noutros cuadrantes cercamos e, a solidariedade entres a dereita non e letra morta.

Así non e por mero acaso que se trocan instrucións entre os elementos do  PPE (partido  onde están concentrados os partidos  españois de dereitas), de que e seu vice presidente  o señor  Viktor  Orban, primeiro ministro da Hungría, os éxitos da señora  Marion (Marine, como e coñecida)  Le  Pen, da antiga Fronte Nacional, que agora cambio de nome para Agrupación Nacional. Toda a dereita, quere actualmente o seu anaco do pastel, está farta de esperar.

Así, a través dos medios de comunicación pois, os controla a todos directa ou indirectamente, excepción aos dixitais independentes, que cada vez viven con maiores dificultades, se promoven ampliando e repetindo as súas mentiras, até que estas, entren nas cabezas, como case verdades.

A través dunha e outra vez, insistiren que son a dereita o modelo da meritocracia e, máis ninguén, só eles serán capaces de nós gobernar correctamente, ou sexa que todos os outros son incapaces, ou imbéciles.

Por último o señor Donald Trump, mándanos unha manciña para axuda do Vox, enviando o seu impulsor e director de marketing das eleccións anteriores, o señor Steve Bannon (que vén de Forza Italia e de Viktor Obran da Hungría, este un dos heroes admirados polo PP e seus cachorros).

Por todo isto, estamos a dar de man bicada á dereita non só o poder, como a nos entregarmos como seus escravos, e peor, voluntariamente.

Chegamos a pensar, pór o seu marketing, que o que é bo, e ter un pai tirano, que nos domine e nos pegue pois, iso e que nos agrada, tornándonos felices.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.