Falemos de ciclos económicos

Por Jose Vieira

Resultado de imagen de economia

Cando falamos de ciclos, sempre queremos dicir, dunha maneira ou doutra, que é algo que se repite e, máis, cunha determinada frecuencia.

Esta idea a temos todos, e máis aínda, está dentro da nosa forma de nos expresarmos o noso día a día.

Outra cousa é que o empreguemos dunha forma máis ou menos con sentido económico pois, o que estamos habituados a ouvir, é falar na televisión de economía, no entanto, por limitacións de tempos, ou así pensamos, non nos esclarecen o seu real sentido, así como a súa importancia.

Imos facer unha pequena incursión na historia económica do século pasado, para intentar dar importancia a quen realmente deu a debida relevancia a este concepto.

En primeiro lugar, iremos falar do que Joseph Alois Schumpeter (que viviu entre 1883 e 1950), que el e Wesley Mitchell, estudaron con profundidade o chamado desenvolvemento cíclico. Estamos no inicio da Segunda Guerra Mundial, ou sexa, en 1939. Schumpeter, entón chamou e defendeu aquilo que se tornou coñecido por “triciclo” o “modelo triciclo”.

Claro, que os estudos, case sempre se fan “a posteriori”, o que desde pronto é unha restrición a eficiencia das políticas a empregadas. No entanto, é un estigma de que non nos libramos con facilidade.

Así, non existe a menor dúbida, que á sido a gran Depresión, que impuxo que os estudosos da ciencia económica, puxesen as pilas e, estudasen o tema, nas súas orixes e consecuencias.

Pero, como moitas veces acontece, dado que a economía do puxo guerra arrancou, téndose producido un período de larga expansión, descoidouse un estudo afondado do estudo dos ciclos, tendo mesmo sido entendido que sería posíbel erradicar calquera tipo de crise, do crecemento económico.

Este erro, foi cometido até por grandes nomes da economía mundial, recordemos que moitos de nós, bebemos os escritos de Paul Samuelson, como da biblia se tratase para os cristiáns.

No entanto, algunhas voces se tornaron disonantes na altura, referímonos, entre outros a Ernest Mandel, Jan Tinbergen e Stanislav Menshikov. A estes, se veu a dar razón, sobre todo tras a crise, xerada co petróleo de 1973 (pero xa comezara antes ao redor de 1968).

Claro que despois de casa roubada trancas as portas, é entón cando o marxista Ernest Mandel, se puxeron a traballar, en novos estudos máis profundos, sobre os ciclos. Tamén xorde por esa altura aqueles que ficaron coñecidos como os novos economistas clásicos, con Robert Lucas a fronte.

Crece a literatura sobre o tema, pero tamén, se dividen as teses pois, os puntos de partida ou chegada das conclusións xamais se tornaron consensuadas.

Antes de avanzarmos máis, queremos de novo reforzar a idea, de que como case sempre acontece, os estudos son consecuencia de éxitos pasados e moi raramente os preceden.

Esta ten sido a constante, a través dos tempos e o está a ser hoxe, a pesar das chamadas de atención, sobre todo de Joseph Stiglitz e nalgún que outro sentido tamén Paul Krugman.

Pois o neoliberalismo (non entendemos a expresión pois, nin é unha nova teoría, nin tan pouco é liberal), non quere saber de medidas o que desexa e a total desregulación.

Estamos perante os seguidores ortodoxos, da chamada Escola de Chicago, onde pontifican os ensinamentos de entre moitos outros servidores e seguidores da Sociedade de Mont Pelerin, como Friedrich Hayek, Milton Friedman e Rose Friedman (esta sociedade foi fundada por Friedrich Hayek entre outros en 1947, nunha estancia termal, xunto a Montreux na Suíza).

Unha das características desta escola, é a súa incompatibilidade de non poder ser aplicada en réximes democráticos. De aí, ser escollido como laboratorio de experimentación, un país en que previamente estabeleceron unha ditadura, eliminando o anterior réxime democrático, co apoio da CIA, americana.

O exemplo escollido, foi como todos sabemos, a implantación do réxime ditatorial e criminal, de Pinochet, no Chile. As políticas foron aplicadas e aplicadas, polos chamados “ChicagoBoys”, que eran os formados e preparados pola respectiva escola. Este foi o seu primeiro experimento, cun país real e unha poboación de cobaia.

Estes experimentos, efectuados, viñeron realmente vén asentar como unha luva feito à medida, para os homes que xa entón soñaban coas desregulacións, da actuación financeira. Chegaba así, as entidades na sombra e que se coñece como a financeirización.

Despois desta, paraxe regresemos aos ciclos, e volvemos aos estudos de Hyman Minsky, que se centrou nas fraxilidades financeiras, resultantes da forma como evolucionaba a economía e, encontrou unha xustificación das crises, nos espantosos segundo el, flutuacións financeiras. Máis, cos seus estudos e os de Irving Fisher, así como de moitos outros economistas, consideraron como conclusión esencial, a decisiva influencia da inestabilidade, como responsabilidade dos mercados financeiros.

Estes, demostraron que durante os períodos de bo desenvolvemento da economía, se estabelece como que unha euforia de loucura colectiva, con carácter especulativo, que como xa referimos, aumenta o crédito, pero a partir de certo momento, os lucros xa non chegan para pagar os xuros dos préstamos.

Se tomamos en consideración o que deixamos xa dito, fácil é chegar e comprender as teorías dos ciclos reais, desenvolvidas polos premios Nobel, Finn E. Kydland y Edward C. Prescott, que consideran que para alén de todo o que ficou xa dito, que son as flutuacións da demanda agregada, as principais responsábeis, tendo estas conclusións sido verificadas,a través dos seus estudos estatísticos e econométricos, determinando que variabades, se correlacionan de forma directa ou indireta nas flutuacións cíclicas.

Se recoñece igualmente nestas analices, cales as fontes de perturbación, así como os mecanismos da propagación das crises (contribución de Ragnar Frisch).

Así, o modelo proposto polos dous premios Nobel, Kydland e Prescott, indican que o produto aumentará, e se expandirá, os salarios subiron, sempre que se produza un choque favorábel sobre a propia tecnoloxía e, durará até que a acumulación de capital sexa demasiada ou até excesiva, e pronto resultará unha inevitábel recesión.

Na actualidade, as cousas aínda se están a pór peor pois, o poder das bolsas e sobre todo de Wall Street, viven completamente nun mundo à parte, construído nas nubes, e con isto queremos dicir, que o negocio dos futuros, non é máis do que un conto de fadas, que en calquera momento pode estourar e, entón, nin todo o diñeiro do mundo chegará para mitigar, minimamente máis do que uns 10%, do total da débeda contraída.

Sen máis delongas, estamos a camiñar, a pasos largos para o abismo e, con dirixentes como Trump, Viktor Obran e outros máis, continuamos como sonámbulos coa bomba reloxo activada no noso peto.

Non nos alongamos máis, só queremos deixar dito, que se ten verificado, cada vez de forma mais acentuada, que as empresas se endebedan para adquisición de súas propias accións, ou utilizan os seus beneficios, para as adquiriren, mellorando os rácios capital lucro, en prexuízo do investimento produtivo, isto en beneficio dos grandes investidores, así como, dos dirixentes de empresas, que son directamente os beneficiarios do incremento das accións pois, parte dos seus millóns de vencementos, resultan de opcións sobre accións. Razón, pola cal, non hai interese en efectuar investimentos produtivos.

Naturalmente, isto vai inevitabelmente no sentido contrario à resolución de calquera tipos de crise e, moi menos dunha política económica que vaia no sentido de amortecer as desigualdades sociais.

Así o que é necesario é recoller os ensinamentos que nos deixaron os grandes economistas, e que actuemos dunha forma concertada e con medidas, de fondo e non parches como os propostos agora, pola aparición desta epidemia de virus.

A poboación espera moito máis do goberno, e como tal, é o momento oportuno de facer unha xubilación de fondo fiscal (xeral e non só do IRPF, eliminando as subvencións aos ricos), de modo fortemente progresiva pero, que incida sobre os dous últimos deciles de rendementos e en especial do último.

E que igualmente obrigue a repor, o diñeiro que anualmente se traslada para os paraísos fiscais, coa conivencia das autoridades.

Que se implante o Encaixe Básica Universal e Incondicional, pero que esta cubra de forma efectiva o limiar de pobreza de España.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.