Por Jose Vieira
A explotación dos océanos
Sempre estamos habituados nas notas de prensa, en calquera das súas múltiples formas de comunicación, a que se fale das preocupacións ambientais.
En xeral estes artigos, veñen cargados de argumentos, de carácter numérico, apoiados por unha cantidade de estudos, de cuxa autoría, de expertos indiscutíbeis do tema, transmiten a quen ten a posibilidade dos ler, o carácter de que estamos moi próximos a unha catástrofe, cuxas consecuencias son por de máis apocalípticas.
Estas chamadas de atención feita polos defensores do espazo, onde partillamos a nosa existencia, son máis que evidentes e, debían dunha forma moi clara, levarmos a tomar consciencia de que estamos a facer todos os posíbeis, no sentido da destrución, do planeta en que vivimos se extinga.
Con máis ou menos consciencia, da necesidade de facer algunha cousa, con vista a limpar as nosas consciencias, imos intentando reciclar por tipos de residuos, e depositando eses nos grandes puntos de recolla.
Xórdenos neste exacto punto, unha dúbida, que podemos sintetizar, como sendo o problema da honestidade, das variadas plantas de recolla e tratamento primario dos detritos, sobre todo, no que respecta aos procesos de real separación, e recuperación dos residuos.
Neste momento nos xorde unha pregunta, que sempre a teño feito e, no entanto, non teño tido unha resposta nin común nin tan pouco satisfactoria. A pregunta é moi simple,
Quen fiscaliza os procesos de reciclaxe e recuperación dos residuos?
Pois, as maiorías das veces, me indican que estas situacións son entregadas a empresas que toman conta da recolla dos detritos e pronto dispón de centros, propios ou das comunidades, que utilizan a seu belo pracer, e sobre as cales están completamente desconectadas dunha fiscalización constante e continúa dos certos interesados na súa boa reciclaxe.
Falamos das comunidades de veciños pois, son estes os que desexan que as súas terras estean o máis limpas posíbeis e ao abrigo de utilizacións mercantís, de carácter destrutivo do seu coidado inicial ao separaren os seus residuos.
Claro que estar a fiscalizar o proceso, é unha tarefa pesada e, obriga uns cantos veciños a se implicaren, nunha tarefa para o ben común e, sobre todo, que vai a beneficiar, non só a comunidade existente, coa composición actual, pero sobre todo a de os seus fillos e netos. Pois do que se trata é de proxectar un futuro máis sustentábel e saudábel para os vindeiros.
Este proceso de fiscalización, non é unha innovación que propomos, dunha forma arbitraria ou soñadora, pois nos países máis evolucionados e responsábeis, co medio ambiente e con máis interese en ter unha atmosfera máis respirábel, elixiron entre os seus xubilados, elementos que se encargaban de facer respectar as regras ben determinadas da recuperación dos materiais residuais.
Non foi difícil, na súa maioría, encontrar cidadáns que puxeron os seus tempos nesa actividade de interese xeral.
Máis, foron administrados pequenos cursos de como actuar, e como se debía proceder en caso de faltas aos protocolos estabelecidos. Tamén se prepararon por cada un fiscalizador, se preparou outro suplente e nalgúns casos máis que un, para se dobraren no desempeño das súas actividades.
Na maioría dos casos estas plantas de recuperación dos residuos, prestan servizos de máis de que a unha cidade ou núcleos de veciños, entón se crearon, en cada unha delas, unhas especies de comités, que se ocupaban colexialmente desenvolver as súas tarefas.
Como non podía deixar de ser, a eficiencia desas estacións de tratamentos de residuos, non só melloraron de eficiencia, así como foron capaces de ir introducindo mellorías nas recollas dos residuos. E por outro lado se mantiveron activos unha boa cantidade de veciños, que se sentiron de novo útiles e importantes para as súas comunidades.
Este proceso, de colaboración entre veciños, por veces nos parece pouco utilizado, pois no fondo a solidariedade e a fraternidade, é pouco recoñecíbel para alén de seu veciño máis próximo. Ampliamos agora esta introdución para falarmos da insaciabilidade do neoliberalismo, e tal como aprendemos inicialmente, as necesidades son saciábeis, pero os obxectos de luxo o de colecionismo, levan a que os seus detentores sufran de falta de saciabilidade, para alén da que os seus recursos financeiros ditan. O que quere dicir que sempre quererán máis e máis, sempre que os medios ao seu dispor o permitan.
Esta, é a característica dos membros do neoliberalismo, ou sexan, grosso modo os capitalistas.
Como tal, podemos afirmar, que as ganas de cada vez posuír máis e máis, é unha das fundamentais características do ADN, dos capitalistas.
Xa hai moitos anos atrás, o tiñan como correcto quere Friedrich Engels e Karl Marx, cando afirmaban que “o capitalismo era imposíbel de estar parado”.
Así, non contentos en explotar todo o que son reservas de materias primas do planeta, para seu aproveitamento, producindo sen calquera punta de remorsos, co proceso máis rendíbel posíbel, os produtos que desexan vender ás poboacións, non lle importar rigorosamente nada, coa destrución do medio ambiente, procuran dar ao traste co mundo acuático.
Recordemos que o ataque aos océanos, xa leva un largo centenar de anos a súa explotación, como por exemplo, as plataformas petrolíferas ou cos depósitos artificiais de gas (recordemos o caso do deposito de gas, cerca da costa mediterránea de España, que o goberno español, tivo que indemnizar ao construtor, estando ese deposito, felizmente perfectamente inactivo).
Recordemos o pánico, provocado pola explosión da plataforma de compañía BP, no Golfo do México, e os prexuízos ambientais provocados, tendo a empresa pagado unha simbólica indemnización.
Agora, o que está en desenvolvemento, é a explotación dos fondos marítimos, dunha forma aínda en parte encuberta, pero coa conivencia de todos os países da OCDE.
Non debemos de esquecer que os océanos, reciclan moi máis o osíxeno que necesitamos para vivir, do que todos os bosques do mundo. No entanto, os neoliberalistas, se están locupletando, á custa allea, con esa riqueza que nos é esencial e pertenza de toda a humanidade, sen dar nin xustificacións e moi menos, en seu proveito propio.
O que interesa aos neoliberalistas, é realmente buscar recursos baratos, onde as fronteiras pouco sexan nítidas, quedándose coas riquezas unha vez máis de todos e claro, destruíndo o ecosistema mariño, para os seus intereses.
Podemos dunha maneira mais, precisa, dicir que os neoliberalistas, derruban máis un muro da nosa sustentación, entrando nunha nova fase en que a humanidade se relaciona na biosfera, en que os océanos, sufrirán profundos cambios, que practicamente serán irreversíbeis para todo o resto das poboacións do planeta, en que habitamos.
Vemos cada vez máis, ás claras, os proxectos de explotación industrial, dos fondos mariños, estando a verse cada vez máis importantes e voluminosos investimentos, focalizando naturalmente, o desenvolvemento dunha autentica caza ás riquezas dos solos dos Océanos, só comparabades aos tempos de busca do ouro, nos Estados Unidos da América, sobre todo o século XIX.
Claro que entre outras consideracións, máis ou menos prosaicas, cada vez haberá menos pescado salvaxe e, practicamente estaremos confinados a ter que meter na nosa dieta, non máis do que o resultado da piscicultura.
Basta ter en canta o desenvolvemento da aquicultura mariña, nos últimos 50 anos, para verificar que, en 1970 o que comiamos, de pescado salvaxe, era nada máis do que o dobre, do que comemos en 1990 pois hoxe xa comemos máis ou menos só 36% salvaxe (2018). O desastre se acentúa a pasos de xigante.
Pensemos que un dos principais intereses das grandes corporacións neoliberais, está na extracción mineira, dos solos marítimos e, realmente iso vai destruír, como enriba referimos todas as formacións vexetais, que hoxe fan a depuración do ar que respiramos.
Non podemos continuar a facer de conta, e mirar para os lados, para onde nós mandan e, ignorar as actitudes criminais, de lesa humanidade deses señores neoliberais, como se chaman.
Como diría Marx, “para o capitalismo non existen, nin límites nin fronteiras, para a súa ambición, pois para eles ese é máis un motivo e, un aliciente do seu negocio. Pois o seu lema é sempre derrubar o que se lle opón, sexa à custa do que sexa.”
Recordemos, as últimas intervencións dos Estados Unidos, no Medio Oriente, que xamais foron ou tiveron como obxectivo fins humanitarios. Os fins sempre foron os intereses económicos e financeiros para as grandes corporacións.
Por iso, non podemos deixar de por o noso grito nas nubes pois, nos están a roubar o pouco que nos resta.
Se el primero en comentar