Así o que nos parece é que os dirixentes da “famigerada asociación de malfeitores” designada por OTAN/NATO, teñen medo o algo parecido, de que sea electo presidente dos USA, o señor Donald Trump e, que a vaca leiteira, que compraba todo o que producían os fabricantes de armas, para derreter na Ucraína, non teña máis ganas de continuar.
Por Jose Vieira
Estamos un ano moi complicado, mais sempre esas dúbidas e eses problemas só emerxen polo protagonismo, na maioría dos casos, dos intereses dos Estados Unidos da América do Norte ( USA) e, en último caso dos “Amos do Mundo”, que son os grandes conglomerados de intereses financeiros e industriais.
Tamén é un ano moi complicado, pois, no país, onde o terrorismo implantado polos partidos demócratas ou republicanos, deixa de ser terrorismo para ser a lei que teñen que seguir os países seus escravos, por exemplo os que compoñen a Unión Europea (adiante soamente EU), teñen eleccións, e parece non ser moi correcta a reelección do actual presidente, Joe Biden (cognominado o caixeiro viaxeiro – vendedor de armas).
Parece até, que os seus apaniguados, xa se están a precaver, blindando as peticións de financiamento, antes que o vendedor de armas perda as eleccións.
Para certificar esta nosa afirmación basta ter en mente que o todo poderoso “sarxento” que manda na Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN ou NATO – respectivamente en castelán ou en inglés), o señor STOLTENBERG, quere sacar desde xa, por se acaso o seu protector Joe Biden non é reelixido, un fondo blindado a cinco anos de apoio a Ucraína.
Así o que nos parece é que os dirixentes da “famigerada asociación de malfeitores” designada por OTAN/NATO, teñen medo o algo parecido, de que sea electo presidente dos USA, o señor Donald Trump e, que a vaca leiteira, que compraba todo o que producían os fabricantes de armas, para derreter na Ucraína, non teña máis ganas de continuar.
O mundo occidental, non parece dar conta de que en vez de resolver os seus problemas sociais e internos de cada país, está hipotecar as actuais xeracións de seus cidadáns e máis, facer que a novas xerais, estean moito máis limitadas, para non dicir, empobrecidas dunha forma case letal, pola estúpida implicación e, empeño en gastar o armamento que as industrias americanas de “morte”.
Estas empresas, tiñan un exceso de stocks e, impuxeron aos dous partidos (demócratas no poder e republicanos na oposición), que a guerra tiña que durar o tempo que a eles conveñan, para puideren na actualidade, traballar en pleno emprego e, na súa máxima capacidade produtiva.
Para sustentar esta afirmación, basta ver que esas empresas o ano de que se coñecen os resultados contables, multiplicaron os seus beneficios por 10.
A OTAN/NATO, está a tratar de garantir máis unha suculenta a aportación de axuda militar de cerca de 100.000 de dólares, ou sexa, o equivalente a 9 mil millóns de euros.
A través dese plano a ser aprobado antes de saír o vendedor de armas Joe Biden, non vaia o seguinte, Donald Trump, torza a situación.
Tampouco podemos deixar pasar a efeméride de que a OTAN, fai este ano nada menos do que 75 anos, dunha existencia, que debía ser desmantelada, a cando caeu o réxime da antiga URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas) e, como tal a extinción do Pacto de Varsovia.
Tal non aconteceu, pois, unha vez máis, os que mandan máis “Os Amos do Mundo”, tiñan os seus intereses financeiros, localizados nas industrias de guerra, nas catro grandes americanas e na inglesa e, estes señores, xamais queren parar ou estabilizar os seus beneficios, así que impuxeron, non só a continuación da OTAN, o tempo e a súa expansión no espazo.
Tratouse da creación dun mercado armamentista, donde non había sequera competencia pois, eran eles que ditaban cales, cantas e cal a súa obsolescencia e, así está como a OTAN, se tornou eterna e, centro de conflitos para gastar material de guerra.
É moi significativa a posición diplomática dos USA, pois, segundo a embaixadora dos USA na OTAN, Julianne Smith, respondendo aos xornalistas, a pregunta se o seu goberno estaba de acordo co presidente francés Emmanuel Macron, de enviar tropas para a Ucraína, esta diplomática non dubidou en dicir que “os Estados Unidos non apoian o envío de tropas para combater na Ucraína”, “non queremos formar parte do conflito”, no entanto, “queremos apoiar a Ucraína na súa defensa contra a agresión rusa”.
Como sempre o nome Rusia, serve aos intereses americanos, pois, a súa poboación, ten na cabeza, que a Rusia é o país dos comunistas (síndrome do anticomunismo, e da caza das bruxo, do tempo do senador McCartney) e, como tal, é o inimigo a abater. Ten todo o apoio popular esa idea.
O que a maioría, do pobo americano, ignora ou non sabe, é que na actualidade, a Rusia é un país de economía liberal capitalista e de mercado, como se fose un seguidor da escola de Chicago.
O tal señor STOLTENBER, grita desesperadamente, segundo el, pois, admite que a guerra se está a perder, se non se implicar máis na axuda, en todos os medios, a Ucraína. Este di textualmente: “é necesario facer máis, para axudar a KIEV”.
No entanto, repárese a hipocrisía americana, segundo a diplomática enriba referida Julianne Smith, os USA, se opoñen a persecución de albos dentro do territorio ruso, por parte da Ucraína. Mais fornecen o material par o facer. Inacreditábel.
Vexamos algúns números:
Orzamento militar dos USA 860 mil millóns de dólares, ou sexa, o equivalente a 798 mil millóns de euros, este valor é dúas veces maior do que todo o orzamento dos actuais membros da Nato, en material militar.
Temos que entender que cerca de 700 millóns de persoas viven nos países que conforman a OTAN.
Para terminar este breve recorrido sobre a Nato, transcribiremos, algo que nos pareceu moi significativo das perspectivas se gaña as eleccións o demandante Trump, pois, este exasperou os compoñentes europeos da OTAN, ao incentivar a Rusia a invadir os países da OTAN, que non investisen os chamados 2% do seu PIB, en material de guerra.
Sabemos que dos 32 membros actuais da Nato, só 11 cumpriron o cumpren ese listado.
Vaiamos, o bo senso, para que estes “amos do mundo”, non rebenten con “o mundo en que vivimos”.
Se el primero en comentar