Pandemia e máis líos

Por Jose Vieira

Comezamos este texto por unha noticia de novembro de 2020. Nesa noticia o Taller do Alto Comisario das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, expresaba o seu apoio á idea do licenciamento compulsivo das patentes das vacinas, recentemente elaboradas e das que viñan a camiño. Na mesma nota, indicou a súa preocupación polos perigos que se viñan vir no futuro, ao limitar as producións de acordo cos dereitos de propiedade intelectual en tempos de pandemia.

É aquí o noso primeiro punto de partida. Este ten a ver co que é ou non é un dereito a propiedade intelectual e, segundo as Nacións Unidas, a referida propiedade intelectual non é un dereito humano e, do que se trata, é dunha utilización dun produto con función social, para poderen uns cantos, usufrutuar, dun beneficio económico a custa do mal dos cidadáns.

O taller do Alto Comisario para os Dereitos Humanos, pide que se utilice todas “as flexibilidades do Acordo sobre os Aspectos dos Dereitos de Propiedade Intelectual, relacionados co comercio, para asegurar que todo o ser humano poda ter acceso as vacinas, contra a SARS Cov-2. Este apoio mesmo a petición de se superar algunhas das convencións do acordo  TRIPS (1), dada a circunstancia excepcional desta pandemia.

Asi mesmo, xa en 2005, a Organización Mundial de Saúde, avanzou que a súa estratexia en cuestións de medicina, estaban orientadas a conseguir que as medicinas, fosen distribuídas en función das necesidades e os pagados en función das posibilidades de pagados. Se trataba de obter un equilibrio entre necesidades e súa satisfacción.

Até ao momento non vimos nada no horizonte que postule unha actitude, das farmacéuticas e respectivos órganos coordinadores, que permita ver de máis mínima ganas de que estas recomendacións se cumpran ao se veñan a cumprir.

Agora, foquemos este asunto das vacinas noutro sentido, ou sexa, tentar ver quen produce unha vacina, e como se chaman as persoas que levan a diante esa actividade industrial. Non estaremos enganados se lles chamarmos empresarios. E como é habitual, estes acostuman referir que a súa actividade é norteada por obter un beneficio pois, sempre estes arriscan o seu capital para conseguir un produto que a súa propia comercialización pode ser incerta e pouco interesante.

Con isto queremos dicir que estes pretenden xustificar a con asunción dos riscos inherentes ao seu ramo de negocio, a obtención dun determinado beneficio ou lucro.

Como non podía deixar de ser, até pensamos ser unha actitude máis ou menos xusta, pois están a arriscar as súas fortunas, na actividade, que engloba a investigación, comprobación da calidade e eficacia dos produtos e, a súa posterior comercialización. Esta situación é naturalmente incerta pois, poderán vender ou non os seus produtos, conseguindo así o retorno do capital investido o non.

Estas características da vida empresarial, son realmente moi interesantes pois, parecen un xogo de azar, dada as incertezas que contén.

No entanto, será mesmo así no caso das actuais vacinas para esta pandemia?

Pois non, en nada se asemella este escenario á realidade da creación e produción das vacinas en curso e das xa entregadas.

Vexamos por que!

Imos servir para este tema, dun libro recentemente publicado, por unha economista ítalo-americana, Mariana Mazzucato, de que falamos recentemente pois, comentamos a súa obra económica. O libro en cuestión se titula “Mission  Economy” e subtitulado como “A  Moonshot  guide  Changing  Capilalism”.

Entraremos nas súas consideracións, sobre o tema da produción das vacinas para esta pandemia. A referida economista, engade a determinado momento do seu texto e en relación ao problema das vacinas o seguinte: “custa moito rescatar as economías nacionais durante unha crise que manter un enfoque proactivo de inversión pública”. Máis, se encere esta en que o papel da innovación (investigación), financiada con fondos públicos, e que foi desenvolvida á custa desa propiedade, no entanto, esta está a ser deliberadamente minimizada pola teoría económica convencional, dos gran Amos do Mundo, entre eles as farmacéuticas un dos vértices da “Trilateral Comission” (2) filial visíbel do Club de Bilderberg. Sen embargo, a investigación foi financiada con fondos públicos, anticipadamente, o que permitiu que os señores das farmacéuticas, contasen anticipadamente cos medios necesarios para investigar, controlar, probar e entregar, as vacinas contratadas, sen calquera risco comercial ou industrial. Máis, con ganancias financeiras absolutamente fóra de calquera imaxinación menos atenta.

Claro un negocio redondo, que foi feito, coa chantaxe do perigo de vida de millóns de cidadáns. Claro que esta situación de autentica fraude, no sentido da definición de asunción do risco empresarial, se debe a concupiscencia das entidades gobernamentais a nivel mundial e debidamente aproveitadas polos voitres que pairan por cima do mundo, buscando a chamada carne morta, da cal non ten que ser responsábeis.

Porque non xurdiu dos centros de investigación públicos a sintetización das vacinas?

Porque desde o fin dos anos setenta, o Presidente dos Estados Unidos Ronald Reagan e a Primeira Ministra do Reino Unido Margaret Thatcher, baleiraron dos presupostos dos seus países, pronto seguidos por esa corrente avasaladora das privatizacións, un pouco por todo o mundo occidental, seguindo as imposicións do Club de Bilderberg, en acabar co estado de Ben Estar acabando coas posibilidades dunha vida socialmente máis xusta e asumíbel para todo o mundo.

Esta pandemia, que infelizmente pensamos que non será a última nos nosos horizontes, nos mostra canto os “Amos do Mundo”, desposuíran as poboacións indefensas das súas garantías de vida sustentábel.

Canto vai a custar esta crise asociada coa pandemia?

Para o momento, o prezo máis alto que se está a pagar, en vidas humanas e naturalmente nos cambios de paradigmas que as grandes empresas están aproveitando para sanear as súas contas de custos humanos.

A primeira consecuencia desta, é un desemprego enorme e imparábel, unha caída dos salarios reais dos traballadores, unha perda de traballos fixos como antes, logo unha incerteza canto ao futuro das novas xeracións e, finalmente, un futuro negro para os que por razoes de atinxiren o límite de idade, das actividades profesionais se van retirando.

Menos salarios de xubilación e máis incertos o tempo os seus valores.

Igualmente non queremos deixar de referir, que a pandemia máis a crise económica está a encher os petos de beneficios do máis ricos e, se iso non fose suficiente, está a cavar o maior grao de desigualdade xamais observado no mundo en que vivimos.

Mentres todo o mundo está perdendo horas de traballo, pois, non vai haber horas de traballo a tempo enteiro como até ao momento, as persoas terán salarios máis reducidos e, naturalmente cotizarán menos para a súa xubilación.

Se reciben agora menos pois as horas traballadas son menores, como referimos, se pregunta:

Como chegan ao fin do mes?

Obviamente non pode ser de modo algún con panaceas, de orde absurda e irreflectida, como co Ingreso Mínimo Vital.

Realmente, a redución das horas de traballo, non será un mal intransponibel, se non existir as imposicións de extrema e centro dereita, e partidos como os sociais democráticos de figurino centro dereito, como actualmente pululan no horizonte político, pois, a repartición de horas dará máis hipótese de pequenos traballos, o que sería bo se fosen os salarios completados, pola repartición da creación de riqueza dunha forma máis solidaria.

De que falamos?

Nada máis nada menos de algo que será imprescindíbel no mundo que no cerca e no que se acerca, será indispensábel, se trata da:

RENDA BÁSICA UNIVERSAL INCONDICIONAL (3)

Sobre a renda básica universal incondicional, iremos unha vez máis falar detidamente en próximo texto especialmente a ela dedicado.

Notas:

(1)        O Acordo TRIPs (en inglés:  Agreement on Trade- Related  Aspects  of  Intellectual  Property  Rights, en galego: Acordo sobre Aspectos dos Dereitos de Propiedade Intelectual Relacionados ao Comercio) é un tratado Internacional, integrante do conxunto de acordos asinados en 1994 que encerrou a Rolda Uruguai e creou a Organización Mundial do Comercio.[

(2)        Sobre os Amos do Mundo véxase o libro do autor “O Novo Mundo” 2018 – 1ª edición de José Vieira

(3)        A Renda Básica Universal Incondicional é un pagamento completamente sen calquera restricións a todos os cidadáns dun país e residentes no mesmo, cuxa prestación como referimos, será recibida por todos, independentemente dos rendementos de cada un. Posteriormente, serán axustadas as referidas contas na declaración de rendementos individuais.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.