Entrevistamos a Flow do Toxo: «Se non é revolucionario, non é feminismo»

Por Daniel Seixo

Flow do Toxo son un grupo de mulleres que cantan para recuperar espazos arrebatados tradicionalmente ás mulheres. As súas leras caminhan cara empoderarse e combater, en Nueva Revolución charlamos con elas sobre música e feminismo.

Resultado de imagen de flow do toxo

Quen é Flow do Toxo?

Flow do Toxo somos 4 colegas empoderadas con ghanas de facer cousas. Utilizamos os escenarios, os micros e a música en xeral como ferramenta para berrar e por na picota aquilo co que non estamos conformes, atacar o sistema patriarcal que nos oprime e deixar moi claro que somos moitas, estamos orghanizadas, empoderadas e non nos calarán.

Que influencias considerades máis importantes para o voso proxecto musical?

Referentes temos moitas, dende Concha de Luneda e todas as mulleres bravas do rural como as nosas nais, avoas, amigas e familia até outras tantas artistas como Tribade, La Basu ou Tesa, rapeiras do estado español que o están petando. Tamén rapeiras, bandas e cantautoras brasileiras como Drik Barbosa, Rap Plus Size ou Bia Ferreira. Amigas como as Punkiereteiras e mestras como Sés. O repertorio de influencias é moi grande, afortunadamente, esperamos que siga crecendo.

Que debería provocar a vosa música?

Reflexión e festa. Queremos abrir ollos utlizando a música como aliada.

Que implica ser mulher no mundo da música?

Coma en calquera mundo, implica estar sempre alerta.

Como é a escena cultural actualmente na Galiza?

Moi machuna. Algo vai mudando pero aínda queda moito camiño que andar e sobretodo, moitos pasos atrás teñen que dar algúns… Segue a ser/estar moi masculinizado, o que implica que, como mulleres que somos, non sintamos que é o noso espazo, estamos incómodas ou fóra de lugar e iso é ao que nós lle chamamos circuito musical patriarcalmente pechado.

Reciben algún tipo de apoio do sector público?

Do «sector do público» máis ben hehehe

Ten que ser o feminismo revolucionario?

Para nós, se non é revolucionario, non é feminismo.

Identificades a Emilia Botín como feminista?

Esta resposta vai ligada coa pregunta anterior. Nós entendemos o feminismo en colectividade, dende abaixo e tendo clara a posición que ocupa cada quén na sociedade tendo en conta os seus privilexios. Unha cousa é como te identificas e digas o que es, e outra moi distinta é se actúas en consecuencia. Para nós, feminismo é activismo político, do que se desmarca esta señora… De todos xeitos, nós non somos teóricas do feminismo, simplemente somos mulleres militantes que fan música e temos mellores cousas nas que pensar que en Ana Botín 😉

Deben xogar algún papel os homes no feminismo?
Claro, sobretodo que escoiten e non dubiden das súas compañeiras, amighas, veciñas; e, por suposto, dar pasos atrás, reflexionar sobre privilexios, actuar en consecuencia no día a día…

Máis de 1.000 mulheres asasinadas no estado espanhol desde 2010, como ponher fin a esta realidade?

Descoñecemos a «chave máxica», mais nós seguimos as pautas que nos dan as amighas e compañeiras feministas sobre a importancia que ten tecer redes entre nós, a importancia dos espazos de seguranza, a lexítima autodefensa, a educación para unha vida máis igualitaria…

Sentistes algunha vez medo polo feito de ser mulheres?

Si, claro, mais estando entre amighas ese medo difumínase.

Suponhen as contornas de lecer un espazo seguro para as mulheres?

Ningún ámbito que non sexa explicitamente feminista é un espazo seguro para as mulleres.

Non é non, como é posible que siga custando tanto entendelo?

Porque hai moito home machificado que está comodísimo nos seus privilexios patriarcais e, co auxe do fascismo, vese cada vez máis respaldado e lexitimado. Nos sectores sociais nos que está mal visto ser machista non se actúa en consecuencia, simplemente intégrase no discurso a palabra feminismo pero non se reflicte nos actos o que pon ao descuberto a falta de coherencia, o feminismo de postín.

Vivimos tempos demasiado frívolos e pouco comprometidos socialmente?

Cada tempo é diferente. Nin mellor nin pior. En ningún caso pretendemos aleccionar pero o que si vemos é cada vez unha sociedade máis individualista, por iso remarcamos a importancia de tecer redes e crear espazos de seguranza.

Resulta necesario na Galiza máis Rosalía de Castro e menos tra tra?

Máis Rosalía de Castro sempre! pero menos «tra» «tra» non. É fundamental ter referentes mulleres en calquera ámbito, e no musical por suposto que tamén. Somos fans de tódalas Rosalías do mundo!

Cales son os vosos proxectos máis inmediatos?

Gravar un CD, varios videoclips, colaboracións moi ilusionantes e moitas sorpresiñas que iremos anunciando proximamente, andade atentxs 😉

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.