Guerras, prezos, e máis intencións

Os Estados Unidos da América impuxeron a todos os seus países colonizados da Europa e da OTAN a extensión da referida asociación militar, pois, así podían vender máis armamento.

Por Jose Vieira

Vivimos no continente Europa, considerada normalmente, como un dos continentes, cuxos países que o compoñen, serán sen sombras de dúbidas dos máis desenvolvidos do mundo, sobre todos os aspectos.

Como tal, estes países foron desde tempos recuados tornando cada vez máis dependentes, de determinadas materias primas, para satisfacer as súas necesidades de caracter industrial e non so.

O cada vez maior desenvolvemento de cada un destes países, tivo como consecuencia o abandono das industrias existentes nos seus espazos, para se tornaren países provedores de servizos.

Este posicionamento tivo como consecuencia que no seu espacio económico, foron desaparecendo industrias, coas súas producións locais. Foi un movemento de externalización das producións, pois esas empresas pasaron a producir en lonxanas terras onde a man de obra e non so, eran máis baratas.

Estamos perante o movemento da globalización tanto a gosto e de inspiración neoliberalista capitalista, americano.

Non podemos deixar de referir outra alteración de gran efecto nas economías do espazo europeo, que foi a cada vez maior dependencia de combustíbeis de orixe fósil.

Esta situación, non deixou nunca de non ser unha preocupación, por parte das clases máis implicadas na macroeconomia, mais como sempre, os intereses das grandes compañías, prevaleceron sen calquera mínima cautela, sobre unha prudente xestión, a largo prazo.

O estado de cousas, que levou a esta situación, se veu acentuando desde o final da Segunda Guerra Mundial. Comezando, a se ver cada vez máis, á superficie a dependencia da economía especialmente, despois da crise petrolífera dos anos setenta, do século pasado.

Convén dicir que os grandes grupos económicos desde entón, se preocuparon en trasladar todo o que era produción fabril, para os países onde a man de obra era máis barata (custos menores, maiores marxes de beneficios e vantaxes competitivas).

Mentres tanto, se constituían fortes reservas, provenientes deses beneficios adicionais, que os seus detentores non investían en capital produtivo, mais si, en especulación bolsista.

Rapidamente as operacións de futuro, se dispararon de tal maneira que hoxe, o número de ceros que preceden o volume en cuestión é verdadeiramente alucinante.

Entremos agora, no actual escenario internacional, que nos leva, a dous puntos, en que se centra a nosa a atención, ou sexa a invasión da Rusia á Ucraína e as eleccións en Francia. Estas últimas trataremos no texto seguinte.

Así, a crise iniciada pola invasión da Rusia a Ucraína, ten o seu comezo en 24 de febreiro do corrente ano. E con máis ou menos intensidade, esta se ten producido, até hoxe, sen se vislumbrar un posíbel acordo de cesar fogo total.

Temos sido informados polos medios de comunicación social, case en tempo real (se fala de que se retransmite a guerra en temos reais), o que é, como sabemos, unha falacia dado que, o que realmente temos son reportaxes, en determinados puntos e momentos da referida invasión e a concomitante reacción de defensa, polas forzas ucraínas.

Claro que para ser unha guerra transmitida en tempo real, non debía ser só vídeos dun dos lados do conflito e máis, se debía procesar, fixando os momentos de ataque de ambos os lados, pois, segundo esas mesmas reportaxes, xa pasaron, os momentos en que só os invasores atacaban, como agora ambos os intervenientes son, suxeitos activos aínda que, só o invadido é que pasivo/activo.

Condenamos totalmente o emprego da forza, pois, nada se debía resolver a non ser por entendemento entre partes desavindas. Máis, os restantes países, que observan o conflito, fóra de portas, debían realmente ter intervindo, non militarmente, mais si diplomaticamente, pois, houben anuncio previo, coñecido de inminencia da invasión. Máis, todos os países do occidente e non só, tiñan a consciencia de que eran dependentes, de ambos os contedores desta guerra, para subministro de materias primas e alimentos, así como de combustíbeis.

Non podemos deixar de recordar, a guerra desencadeada polo bloque máis pro-americano, contra o gasoduto, que atravesa o Báltico e se dirixe a Alemaña, dende a Rusia, deixando que os fornecementos do gas ruso, pasasen polo gasoduto que atravesa a Ucraína (o que deixaba o respectivo país sen a súa máis relevante fonte de ingresos). A esta circunstancia, se ten que xuntar as importacións que a Europa e non soa, ten necesidade dos combustíbeis fósiles rusos e outras materias primas.

Todos estes problemas inherentes a invasión da Ucraína por parte da Rusia, deixaron a Europa en estado de carencia de combustíbeis fósiles, de falta dos cereais, dos aluminios e demais produtos e semi-productos que eran fornecidos, especialmente pola Rusia, mais tamén pola Ucraína.

Quen impolsionou o conflito pola negativa?

Como sempre acontece, os Estados Unidos da América do Norte.

Como todos sabemos este país, se sitia do outro lado do charco, por tanto a prazas miles de quilómetros do epicentro do conflito. Mais hai máis, este país é practicamente independente, de importacións de ambos os países en conflito e, no entanto, a través das letras pequenas, aínda continúa a se servir de importacións de combustíbeis fósiles no momento en que escribimos este texto.

Estas son algunhas das bases da hipocrisía americana, que arrastrou e arrastra, toda a Europa, en que a consecuencia non se ten feito esperar, como era fácil de prever.

Os americanos, como son practicamente autosuficientes, tamén as restricións e as políticas de retaliación económicas non os afecta dunha forma dramática, como ao resto dos países europeos, non pasan mal como nós os europeos.

Por iso, o que pasa lonxe non nos afecta se temos en casa chea para sempre de todo o que necesitamos. Esta é a situación pola cal aos “Amos americanos”, o que fan é figura de sheriffs, a custa dos traballadores europeos que só poden entender que deben obediencia cega ao Amo “divino” que repara no nome de Estados Unidos da América.

Máis, foquemos agora o argumento militar, ou sexa, a existencia da Organización do Atlántico Norte, coñecido por OTAN en siglas inglesas ou OTAN, en siglas españolas.

A idea, segundo o noso parecer ben- intencionado, naceu dunha necesidade unha vez máis, inducida polos intereses americanos, de defensa do mundo occidental, contra o Pacto de Varsovia. Errado, pois, o pacto de Varsovia xorde despois de se ter implantado a OTAN/ OTAN (Pacto de Varsovia 14 de maio de 1955 e a OTAN en 4 de abril de 1949). Digamos contra a posíbel invasión da Europa polo bloque da antiga URSS.

Non cremos, a non ser, na superficie desta razón, o que cremos iso si, é na necesidade dos americanos, daren saída ás producións de material de guerra, das súas “industrias da morte” (a produción de instrumentos para matar, será de bo ton, que se chamen polo seu certo nome) e, como tal, imporen a súa venda aos países que colonizan, ou sexa, inicialmente ao núcleo fundador da OTAN, que pronto foi ampliando, a medida que ía perdendo o dominio económico (quixen consolidar o militar), por toda a Europa, incluso polos países que se desvincularan da Rusia tras o desmembramento da antiga Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas ( URSS).

Claro que a entidade colonizadora, os Estados Unidos da América, impuxeron a todos os seus países colonizados da Europa e da OTAN, a extensión da referida asociación militar, pois, así podían vender máis armamento e manter a súas industrias da morte en pleno rendemento.

Sería un bo cartel para consumo interno na terra dos “caw- boys”.

Desde cando se debían tomar medidas para resolver “profilacticamente” este problema?

Claro que desde 2014, día 6 de abril (invasión do Dombás) e, que se estaba a ver o que iría acontecer, co aperto do “cinturón de ferro” que os americanos impuxeron á Rusia, téndoa cercado cos exércitos da OTAN, mesmo á súa porta. Pois, nada fixeron os “pseudo-señores do Mundo”,

Algunhas consecuencias, que desde a continuación da respetiva guerra son, a escalada dos prezos en xeral no aspecto económico.

Todos o estamos a lamentar, sempre que temos que aprovisionar de combustíbel os nosos vehículos, sempre imos comprar aos supermercados, sempre que ligamos os nosos aparellos eléctricos en casa.

Segundo a FAO (Organización para a Agricultura e Alimentación), organismo pertencente a ONU (Organización da Nacións Unidas), os prezos dos alimentos subiron en marzo a 159,3 puntos, ou sexa, a uns 12,3 % máis que en febreiro. Temos que agradecer ao “tío San”, este desembolso compulsivo.

Temos que agradecer aos seus intereses inconfesábeis, uns case 46.000 mortos, cerca duns 12.500 feridos, uns 400 desaparecidos, uns 10,5 millóns de refuxiados. Algo como 2 millóns de edificios destrozados, e unhas perdas básicas de cerca duns 750 millóns de dólares americanos.

Por outro lado, só queremos engadir máis outra consecuencia para os colonizados europeos, o regreso á produción de enerxía eléctrica, a través do carbón e ciclos combinados, co aumento natural da polución ambiente e destrución acelerada do planeta.

Que grandes son os intereses americanos e, que débeis son os colonizados europeos…

Terminaremos este, dicindo que xa se encontran, case con certeza, algúns dos “Amos do Mundo” fregando as mans, pois, cando o conflito termine, haberá un bolo a repartir entre eles o chamado plano de “Restauración” (se tratara de refacer o destruído).

Cremos, sinceramente, que non son necesarias palabras para situar o drama en cuestión.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.