Por Jose Vieira
Cando falamos de capitalismo e sobre todo cando a nos referimos a liberalismo económico como súa doutrina, sempre recordamos a Milton Friedman. No entanto, este economista obtivo o máximo galardón que concede a unha figura notábel da economía, o Banco da Suecia e, a que acostumamos chamar de Premio Nobel da Economía.
Este galardón, non estivo eximo de controversia, pois, dos premios Nobeis, George Walde, que obtivera o da Medicina, así como, Linus Pauling, un dobre Nobel, pois posuía o da Química e o da Paz, escribiron no diario “The New York Times”, en que criticaban o comité de atribución por unha gran maioría doutros intelectuais e economista, por “unha deplorábel exhibición de insensibilidade”. Isto ocorreu a cando o anuncio da atribución do respectivo premio, o día 14 de outubro de 1976.
Igualmente é de referir a reacción doutro Nobel, Salvador Edward Luria, que clasificaba a decisión de dar este galardón, como unha actitude “perturbadora” e engadía “un insulto para a xente do Chile que cargaba coas reaccionarias medidas económicas feitas por Friedman”. Cando en decembro este viaxa a Suecia para recibir o respectivo premio, en 14 de decembro de 1976 e catro días despois do recibir, o Nobel Gunnar Myrdal, publicou un gran artigo no diario sueco “ Dagens Nyheter”, que foi de inmediato transcrito para a prestixiosa revista americana “ Challenge”, onde criticaba a Academia Sueca das Ciencias, recriminando as súas prácticas secretas na selección de Friedman e argumentando que a entrega do referidos premios de Economía, se deberían descontinuar, xa que eran unicamente un acto político.
Máis, debemos referir que, coa intervención de Friedman, e dos seus ex-alumnos (latino americanos, da escola de Chicago), agora instalados no poder, con todo os apoios posíbeis dos militares, co apoio claro e recoñecido da CIA, americana, implantaron o terror e utilizaron as persecucións e a eliminación física de todos os que se lles opuñan e que non conseguiron porse a salvo do país.
Unha vez máis, esta situación foi denunciada, nas columnas do periódico The Nation, designando Friedman como o autor “intelectual e asesor, aínda que non oficial”, “do réxime militar chileno”, que implantou as transformacións neoliberais, a costa de violencia, e da total violación dos dereitos humanos. Cabe recordar, que o protector de Friedman e tamén instigar, que deu a posibilidade de apoios militares e de intervención da CIA, foi o entón famoso emigrante alemán, Henry Kissinger. E como tal non se fixeron esperar as consecuencias e, poucos días despois de publicadas as notas de Orlando Letelier, en The Nation, apareceu asasinado nunha rúa de Washington, o día 21 de setembro de 1976, no atentado à bomba tendo tamén morto a súa secretaría Ronni Moffit.
Friedman estaba a aplicar a chamada doutrina do “ SHOCK”, e que serviu de posterior atención, tendo dato orixe a un excelente, ben documentado e actual título da escritora progresista, Naomi Klein, “A teoría do Shock: o auxe do capitalismo do desastre”, publicado en 2007.
Non podemos deixar de evidenciar, un libro da autoría de Joseph Salerno e tamén xa editado, titulado “Money: Sound and Unsound”, publicado en 2010, que para alén de criticar duramente Friedman, non debemos esquecer, que o autor é un liberal, e máis, foi patrocinado polo Instituto que leva o nome dun inspirador de Friedman, Ludwig von Mises, da escola austríaca, berce das teoría liberalista e tamén un teórico do capitalismo na súa máxima expresión(1).
Finalmente, o propio Friedman, e despois de publicar coa súa muller Rose, o libro “Dúas persoas con sorte”, nunha nota, que escribe para a presentación do libro, no xornal “Financial Times”, di textualmente “o control sobre a masa monetaria, como obxectivo en si mesmo, non hai sido un éxito”. Esta frase, non é máis do que unha confisión de última hora, dos erros cometidos, no entanto xamais, unha declinación dos crimes que as súas aplicacións prácticas, levaron a ser cometidas antes e actualmente. Tiña 91 anos.
Esta introdución, só ten a finalidade de dar un pouco de contextualización ética sobre a figura de tal economista (2).
Posta estas palabras de presentación da personaxe, un teórico de economía neoliberal. Foi ao mesmo tempo, un fanático da aplicación das súas teorías, ao vivo en campos de experimentación, con cantidades de crimes case incontábeis, como por exemplo a súa implicación no golpe terrorista do xeneral Pinochet e seu xenerais no Chile. No entanto, non se quedou por ese laboratorio vivo, e practicou en case todos os países sur americanos, dunha forma directa, e sempre apoiado pola sinistra CIA (axencia de malfeitores estatais, ao servizo dos gobernos dos Estados Unidos).
A súa saga de atrocidades económicas e sociais, continúan a ser desenvolvidas, pola escola en que desenvolveu as súas teorías, así como, onde planeou as súas accións criminais, que aínda hoxe se desenvolven (falamos da Escola de Chicago, coñecida en todo o mundo dunha forma funesta, como Chicago Boys).
Estamos a referir o seu labor incansábel de cavar, dunha forma que fose imposíbel reverter, a concentración da riqueza en cada vez menos e máis poderosos personaxes e que do outro lado, se encontrasen cada vez maior lexión de desprotexidos, agrupados nunha bolsa de man de obra, onde non fose posíbel negociar condicións de traballo, só restado a aceptación de condicións de vida infra humanas, por parte da maioría da poboación do planeta Terra.
Todo isto vén a nosa lembranza, pois recentemente os adeptos nos Estados Unidos da América de Trump, en particular, e dos Republicanos en xeral, conmemoran os 50 anos dun texto escrito polo Friedman.
Fora, un texto en que polos anos 70 do século pasado, difundía a orientación para o demandante á presidencia dos Estados Unidos da América, o republicano Barry Goldwater, en que se opuña aos dereitos civís dos negros, así como se opuña a continuación de haber unha seguridade social. O demandante republicano perdeu as eleccións, no entanto, Friedman gañou un programa na televisión, en hora nobre, que aínda hoxe, impón a súas ideas, e as divulga, un pouco por todo o mundo.
Referímonola o caso do PP, Ciudadanos e, sobre todo Vox, dunha significativa facha do PSOE, ligada aos baróns do partido. En Portugal, ao CDS, a gran maioría do PSD (Partido Social Demócrata), e a todos os partidos que se perfilan a dereita do PSD e, aos anquilosados, dirixentes dun PS, de corte soarista.
Até un incondicional seguidor de Friedman, o columnista do Financial Times, Martin Wolf, neste cinquentenária conmemoración, escribe alarmado coa falta de moral e responsabilidades corporativas, por exemplo, cos efectos sobre o medio ambientais (problema que Friedman sempre considerou inexistentes e irrelevantes), pois, a maximización dos beneficios, leva a maximizar os efectos da contaminación, e no aspecto laboral, esa mesma carreira na busca de cada vez máis lucros, implicará inevitabelmente minimizar os salarios.
Vai máis lonxe Martin Wolf, polas súas palabras, estabelece unha conexión directa entre as ideas, da escravização total da maioría da poboación, en beneficio do tal 1% dos ricos, conectando directamente Friedman a Trump.
Transcríbemos unhas palabras, mas de Martin Wolf, “se o Mundo fose só constituído por empresas, que loitan por beneficios, non teriamos outra regra que non fose a destrución social”.
No entanto, vai de máis lonxe e, nun Mundo onde haxa regras de xogo (“O casino en que vivimos”, nosa rúbrica), “as empresas non promoverían un lixo de ciencia, sobre o clima, non matarían centos de miles de persoas, promovendo a adición aos opiáceos, o que farían, era exercer presión sobre os sistemas fiscais, para que non permitisen ocultar a gran parte dos seus beneficios, en paraísos fiscais, non permitirían que as empresa do sector financeiro fixesen unha capitalización inadecuada, o que ten dato orixe as graves crises, que temos non só tido como a que actualmente estamos envolvidos.
Segundo politólogos dos máis consagrados americanos, como Paul Pierson da Universidade de Berkeley e Jacob Hacker da Universidade de Yale, que elaboraron estudos sobre a figura e o desempeño de Trump, neste seu primeiro mandato, este presidente dos Estados Unidos, non máis do que un estereotipo, creado polos republicanos e os plutocratas americanos. O propio Financial Times, considera esta figura de política, como sendo a representante da idade de ouro da oligarquía, que representa os “Amos do mundo” (3).
Esta é a política que segue Trump, sempre incansábel, en aumentar as desigualdades sociais, na liña de Ronald Reagan, en non ter calquera sensibilidade en relación ao medio ambiente, a promover a cultura da mentira e da ignorancia, estendéndoa a toda a poboación americana, promovendo a destrución e a miseria por todo o Mundo, por onde pode aínda exercer a súa nefasta influencia, seguindo as medidas deixadas por ese arauto do capitalismo salvaxe e criminal, do liberalismo de Friedman, o ideólogo do Partido Republicano dos Estados Unidos da América.
Notas:
(1) Sobre o percorrido deste economista, desde a seu início teórico de adhesión a escola austríaca, até a creación da súa Escola de Chicago, na Universidade de Chicago, pódese completar, coa lectura a esa escola dedicada no libro “A nova Orde” de José Vieira.
(2) Idem
(3) Ibidem
Se el primero en comentar