Baixar os impostos ós ricos non é o camiño

A inversión capitalista, está dependente das rentabilidades esperadas moito máis do que as baixadas de impostos persoais.

Por Jose Vieira

Comezamos este texto, exactamente por onde debiamos acabar, a razón porque o facemos, é pois, que desta forma, se pode aquilatar mellor, as razóns de non estarmos de acordo coa teoría desenvolvida por Laffer, máis coñecida por Teoría do Goteo.

A idea de denominar a teoría desenvolvida por Laffer, de teoría do goteo, tamén chamada do derrame, se debe ao humorista Will Rogers, que o fixo pois por lle parecer semellante a unha fervenza de vino.

A nosa posición acerca da eficacia desa teoría, é de total desacordo e, máis, está perfectamente e empiricamente demostrado, por unha inmensidade de estudos, nada sesgados, de que non pasa de algo, debidamente orientado a xustificar os intereses dos máis ricos e poderosos.

Mesmo o Servizo de Investigación do Congreso americano, nun traballo publicado en 2012, non encontrou evidencias, que xustificasen que as reducións de impostos máximos, puidesen xerar desenvolvemento económico e crecemento.

Engadimos que igualmente en 2012, Tax Justice Network indica de forma moi ben documentada, “de que a riqueza dos súper-ricos, non se filtra para mellorar a economía, mais si para se acumular e se refuxiar en paraísos fiscais, tendo como inmediato, un resultado negativo, nas bases impositivas, na economía”.

Imos transcreber máis un artigo publicado en 2015, e titulado por economistas do Fondo Monetario Internacional, sobre a teoría do Goteo, dicindo que o que fan é os súper-ricos aínda máis súper-ricos e, reza así: “si a participación nos ingresos dos 20% súper-ricos aumenta, entón o crecemento do PIB en realidade diminúe a medio prazo, o que suxire que os beneficios non se filtran. Polo contrario, un aumento na participación do ingreso dos 20 % inferior ou sexan os pobres está asociado cun maior crecemento do PIB”.

Do que existe realmente constancia empírica, é que cando se corta impostos nos grupos de máis baixos ingresos, o efecto na economía é incomparabelmente máis potente, no seu crecemento, que se cortásemos nos ricos e nos moi ricos.

Para iso, basta recordar o efecto de propensión ao consumo que é moito máis inmediato e forte, naqueles que menos ingresos ten, cando os seus ingresos sofren un aumento.

Tamén é por de máis evidentes que polo contrario, nos máis ricos e aínda máis, nos súper-ricos, o que existe, cando os seus ingresos aumentan, o que aumenta, é a súa propensión ao aforro.

Neste sentido, se pode ler un artigo no Journal of Political Economy.

Posteriormente en Londres, en 2019, investigadores da Escola de Economía e Ciencias Políticas de Londres, non encontraron calquera evidencia de que os recortes en impostos aos ricos e aos súper-ricos, tivesen efectos a través do lado oferta, de desenvolver a economía.

Podemos e debemos falar dun efecto real e comprobado, os grandes cortes de impostos aos ricos, teñan como resultado debidamente contrastado, un aumento dos súper-ricos e por tanto, das súas fortunas, e como non podía deixar de ser (principio da física dos fluídos, ou sexa, dos vasos comunicantes), un aumento da desigualdade social pois, os máis débiles é que pagan a factura.

Como exemplo, coñecido por todos, é o caso da Inglaterra, o tempo en que era súa primeira ministra, Margareth Thatcher (entre os anos de 1979 a 1990), en que as desigualdades sociais, se tornaron explosivas. Como curiosidade, temos que a actual primeira ministra inglesa, Liz Truss, ten a Margareth Thatcher, como heroína e súa guía, pois, está a propor un plano económico, baseado nos mesmos errados principios, para a maioría da cidadanía.

O mesmo en España, é o guión dos partidos Populares (PP), Vox e da señora Ayuso de Madrid. En fin seguen o que lles mandan seus patróns as empresas do IBEX 35 e as financeiras.

Vexamos en que se basea a señora Liz Truss, enriba referida, esta se refire a que as taxas de imposto sobre os encaixes persoais, na década de 1950, chegaron a alcanzar os 80 ou 90%, como taxa máxima. Mais atención, segundo pareceu, non afectou o crecemento na América do Norte e a Europa nese momento. Entón esta señora, Truss, pretende reducir as taxas para valores que se situarán entre os 45 e 50% e, segundo esta, irán xerar crecemento económico. Problema de fe…

Para nós, esta estratéxica fiscal, para funcionar, é un problema de fe, e na economía, para alén das ondas de optimismo e pesimismo, non parece ter moito efecto, as fes ortodoxas.

Persoalmente, penso que é obvio, que unha política que se basea unicamente en recortar impostos, quere sobre os encaixes persoas ou de beneficios das empresas, terán pouco efecto sobre o crecemento económico.

Sempre pensamos que o que ten máis importancia para ese crecemento, é unha maior produtividade do traballo e como non, este depende da inversión tecnolóxica. Isto á súa vez, fai depender que os beneficios do capitalismo aumenten e como tal, a súa rendibilidade.

A inversión capitalista, está dependente das rentabilidades esperadas moito máis do que as baixadas de impostos persoais.

As mudanzas na rentabilidade dos factores de produción, iso si, son factores decisivos na inversión e se esta non existe ou é débil, non haberá crecemento (non haberá máis emprego, non haberá máis ingresos nas clases traballadoras e non haberá máis consumo).

Regresemos ao inicio deste texto e avancemos o que quixen dicir Arthur Laffer coa súa curva.

Dunha forma moi simple, este describiu os seus argumentos, deseñando unha curva, no primeiro cuadrante cartesiano, partindo do cero cun imposto igual a cero e, como tal cunha recadación de impostos tamén iguala cero. Despois, sobe os impostos até unha taxa máxima de recadación, cun tipo impositivo intermedio e, volve a caer de novo até unha recadación nula, mais cun tipo impositivo do 100%. En anexo un modelo da curva referida.

A curva, deseñada no primeiro cuadrante ten no eixe das abscisas (eixe dos x) os tipos impositivos e en las ordenadas (eixe dos y) as recadacións de impostos. Logo a medio do arco, por cuestións de visibilidade se encontra o T máximo de recadación de impostos a coincidir co tª ou sexa, o tipo de equilibrio.

Esta é unha simplificación da súa implantación pois, esta debería estar probabelmente desprazada máis para a dereita. Recordaremos que a forma da curva será determinada pola elasticidade do encaixe dispoñíbel, nas mudanzas do encaixe como resposta ás mudanzas do tipo impositivo.

Con base neste raciocinio enfermo e non posíbel de ser sustentado empiricamente, están a ser soporte de políticas dos diversos partidos de dereita, que teñen acompañado a onda de progreso da extrema dereita na Europa e, particularmente, polo que o PP, Vox, Ciudadanos e até os conservadores do PSOE, en España.

Se trata dunha política, completamente errónea, que serve realmente para que os máis ricos e os súper-ricos

Onde está t con asterisco é tª

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.