Por Jose Vieira
Recordamos unha célebre frase de Mao Tse Tung, que máis que palabras era un dos seus lemas “confía nas persoas”, no entanto, o que vemos por parte dos gobernos actuais, é que diso nada.
Dada as actuais circunstancias, en fronte da pandemia se pon a cuestión, que abaixo formulamos e que por si só, pode xustificar ou talvez non, moitos dos actuais casos de contaxio.
Porque non confiamos que as persoas cumpran as prohibicións necesarias sobre a súa seguranza sanitaria?
Estamos a falar da pandemia, e se todas as recomendacións foren cumpridas, non hai covid 19 que nos poda vencer.
Será mesmo así, que as cousas pasaron, se se cumpre os protocolos estabelecidos, pór o goberno?
Por non ter esa certeza, non podemos deixar pasar esta oportunidade, para falar de algo que ten a ver coa planificación e as estratexias, que debían e deben, ser seguidas para un combate exitoso, a esta ou a outra calquera situación transcendental, que poda xurdir no Mundo en que vivimos.
Sempre pensamos que as experiencias do pasado nos poden dar pistas, para como debemos actuar, perante novas situacións, que por nos seren descoñecidas, podamos encontrar as metodoloxía necesarias para aplicar as medidas circunstancias que o problema suscite para a súa eliminación.
No entanto, non resistimos a transcribir un escrito do filosofo alemán Hegel, que acerca dos acontecementos pasados nos di “que o único que podemos aprender da historia é que non aprendemos nada da historia”.
Así, o que realmente debía acontecer, é que os anteriores bos ou maos éxitos nos teñan ensinado, a que é necesario retirar conclusións para que se poidan contornar, evitar e resolver, as situacións que se en os deparen no futuro.
É aí, que comezan as nosas dubidas pois, como todos sabemos, antes da pandemia entrar con toda a forza en España, o descoñecemento dos nosos responsábeis do problema, podemos admitir, que houbesen fallos no sistema. Non estabamos preparados para a dominar e, como tal para a conter.
Xa non estamos tan apaciguadores, ao verificar, que coa autentica febre, por parte dos gobernantes, de entregar o patrimonio público sanitarios aos amigos para explotar, o que significa gañaren millóns de euros co patrimonio dos españois. Todos debiamos saber, que os hospitais, privados gañan millóns coa saúde dos cidadáns españois. Moitos de nós tamén sabemos, que se trata de garantir a porta xiratoria para os políticos que privatizan as propiedades de todos os españois.
O gran mal é que para os españois, todo o que público para eles non o senten como seu e por iso, por unha especie de sentido elitista (efecto de cada un se sentir un pequeno rei, o sexa o síndrome da monarquía), en vez de ter consciencia cívico do que é seu, prefire dicir aos amigos no café, que ten unha asistencia sanitaria privada, pois é un señor e non un calquera.
Pero volvendo atrás, xa “desculpamos” con toda a mellor condescendencia que é posíbel, perante os erros cometidos, quere polo goberno, quere os seus capataces.
No entanto, xa non o podemos facer, cando os respectivos gobernos autónomos, recortaron os gasto sanitarios até límites verdadeiramente vergoñentos. Non había equipamentos necesarios para unha calquera crise que se puidese instalar no país (Desde batas, mascaras, roupa de protección sanitaria, medicamentos, espazos de tratamento de enfermos, plantas cerradas criterios de tratamento de enfermos impostos por falta de instalacións, etc.), así como, faltaban médicos, enfermeiras, e todo o persoal sanitario nas diversas etapas de xerarquía, porque non contratan e os deixan como única opción teren que emigrar, como aínda por riba entregan como se dixen, as instalacións que son do pobo, a empresas para estas se beneficiaren coa saúde dos seus votantes.
Reparemos por exemplo nos nosos maiores, depositados en almacéns, como gando mal tratado, onde non había nin persoal habilitado para o tratamento de mantemento da saúde dos internados, nin sequera unha fiscalización das condicións sanitarias dos internados, así como das condicións hixiénico-sanitarias dos respectivos “depósitos”, a que chaman lares.
Infelizmente hai máis, pois a maioría dos lares da terceira idade como os chaman, se transformaron nun negocio extraordinariamente rendible e apetitoso, para os amigos da administración, que os entregaron a grupos de explotación de voitres, só interesados na obtención do maior lucro posíbel.
E, como non podía deixar de ser, a administración pública, nos diversos escalóns de responsabilidade dimitiuse dos seus maiores.
Despois, a sumar a toda esta estratexia, concibida polos gobernos do PP, e que ten sido relixiosamente seguida polo goberno de coalición, que o non quere facer nada, contra os seus patróns, ou parece preferir seguir atrás dos acontecementos e non facer “ondas”. De aí a ineficacia na contención da pandemia, que se ten verificado.
Como dixemos o primeiro erro, aínda se pode concibir, “pois coitados son novos os gobernantes, son unha coalición, non se informan de nada”, o mesmo pasa cos prazos para entregar os proxectos que terminan en 15 de outubro, como debían saber en Bruxelas.
Mais hai máis, o tal goberno inventou un sistema, arrevesado digamos labiríntico, para afirmar que ia dar aos españois necesitados unha cousa a que chamaron INGRESO MINIMO VITAL, a pregunta está baseada na inconsciencia de quen goberna:
– “esperen con paciencia, que o diñeiro vai chegar”
Os que piden, aínda terán que pasar por un labirinto de imposicións e, xa son case un millón de solicitantes e, ten que esperar, din os señores inventores, desta panacea louca, onde preferiron dar esmolas, onde o necesario era eliminar a pobreza. Pero iso non os importa. Se limitaron a seguir as ordes da CEOE (os grandes patróns da industria e comercio, coa banca á fronte).
“que esperen, no entanto, a fame tamén pode esperar?”
Pero a procesión aínda non saíu do adro da igrexa, e xa estamos na entrada do novo ano escolar, e como o goberno non só non recupera os erros, como persiste en ir atrás dos acontecementos. Sempre traballando ex post en vez de facer o traballo de casa, ou sexa, actuar ex ante.
Sempre está privilexiando a incompetencia, os erros do pasado (tal como dicía Hegel o século XIX). Máis, como permite e apoia, que as autonomías non cubran as faltas gravísimas de persoal en xeral sanitario e escolar, o que significa que aposta, polo desastre, como se fose unha gloria e, con toda a certeza, de que vai a ser, este un cuarto trimestre, de gran progresión da pandemia. Se esperan dificultades espantosas nos hospitais (continúan cos recortes e a non contratación de persoal), situación que se mantén igual no ensino.
Non se pode entender como nun país como o noso que estivo na vangarda dos servizos de asistencia sanitaria do Mundo, os seus dirixentes, quere da dereita quere de coalicións de centro esquerda, se queren auto condenar a ser un país nese ámbito, do terceiro Mundo.
Esta incongruencia é algo que non ten outra cognomación, que non sexa, a obediencia cega aos desexos da CEOE, que realmente segue os seus intereses, sen desvíos e os impón aos gobernos e ás respectivas administracións.
Parece un concerto musical, en que os sons da música, non chegan aos oídos da asistencia xeral, pois só chega as dúas ou tres filas das cadeiras de orquestra.
Se el primero en comentar