Por Jose Vieira
É inevitábel que teñamos que volver unha e outra vez a temas que por de máis debían estar máis que debidamente coñecidos e consensuados dado a súa clareza, obxectividade. No entanto, todo indica que non é así e, as razóns son máis que coñecidas e, peor de todo, é que quen se opón a esas medidas, o saben de sobra que non teñen argumentos, para as denegar.
Falamos da implantación da Encaixe Básica Universal e Incondicional
No entanto, volveremos tantas veces, canto as que sexan necesarias, para poder deixar constancia de que non existe calquera problema na súa implantación, quere a nivel de país, quere a nivel de Comunidade Europea. O que acontece, sempre que se propón algo que poda servir dalgunha maneira para facer diminuír as desigualdades entre os cidadáns, se levantan as do diaño, pois, ese non é o camiño que os que mandan queren que se siga.
Tamén é unha cuestión de principios, que para alén de viren desde a revolución industrial, até aos nosos días, o obstáculo, son mantidas polas doutrinas dogmáticas do capitalismo, exacerbadas coa globalización. Como non fose suficiente, estas están, cada vez máis presentes, na intransixente intolerancia dogmática, das teorías dos que mandan máis, Os EMPRESARIOS e non só, tamén dos políticos (como clase privilexiada, que son e como elite que xulgan ser). É na “clase de políticos”, que está o centro de gravidade que obstaculiza as solucións dos problemas da situación.
Senón vexamos:
Que os empresarios e os grandes capitalistas, teñan como obxectivo, o mantemento de dous exércitos de traballadores (un exército no activo, os que están a traballar no momento e, os que están no paro, ou sexa o exército na reserva), que eles explotan as súas ganas, sen trabas dos gobernos de quenda, tentando que cada vez sexa maior o exército de reserva, para que os salarios sexan cada vez menores. Con esta actitude, os que mandan máis, sempre que se reflexo unha crise, impoñen as regras para que poidan aproveitar e, se enriquecer, aínda máis. Esta actitude, non deixa de ser un obxectivo xustificábel dentro das súas ideoloxías fascizantes.
O que xa non é xustificábel, en calquera cadrante político, que os seus membros, os políticos, defendan ideoloxías fascizantes e totalitarias, directamente ou sutilmente, é que, no entanto, se din representantes da poboación en xeral e, o poidan admitir e, moi peor, practiquen de acordo coas ordes fascizantes, dos empresarios e capitalistas (a quen non ousan contradicir).
Por outro lado, á poboación en xeral, cabe desmitificar, o que en rigor son eses tales empresarios e capitalistas, que non se adaptan ás leis pois son eles que as ditan.
Infelizmente, imos pola rúa e encontramos un señor cunha maleta chea de ferramentas, que vai arranxar unha canalización a un determinado piso e, se titula empresario de fontanaría. Logo vemos un outro señor que saín dun furgón con dous traballadores máis, e que van a un piso pintar unhas paredes, un se titula empresario, pois os outros traballadores, son os seus empregados. E por aí adiante.
Este, é o efecto imitación, que fai que exista unha autentica lexión de individuos que se senten aquilo que non son e, se xulgan que non pensar como traballadores, se están a equiparar aos empresarios multinacionais, e a ascender de categoría social.
Este problema sociolóxico, é perfectamente común e está arraigado na mentalidade de case todos nós. E claro, este efecto imitación, é unha das principais causas das distorsións sociais, que buscan atraer as súas clientelas, dándolles un encadramento social, non consentindo, exacerbando o seu orgullo, enganándoos vilmente. Esta é a forma de proceder destes partidos de orientación fascizantes (algúns até se titulan de esquerdas).
Se quixermos encontrar unha xustificación máis próxima destas nosas consideracións, basta que recordemos que, se sufrimos bastante hoxe, e servirmos aos señores actuais con humildade e obediencia, podemos ser no mañá, os grandes señores do mundo (fai recordar, “que os pobres e infelices neste mundo de vale de bágoas, serán deles na outra vida, o reino dos ceos”). Esta, é a base da clientela que, tradicionalmente vota contra si propios. En liñas xerais, serían o que filosoficamente, se chaman opositores, e votarían contra os seus propios intereses.
Pensamos que aínda existen outras motivacións, moi fortes, para alén do efecto imitación. Se trata dunha fortaleza ancestral, denominada “non temos medo de nada, pois estamos nunha democracia, no entanto, por se acaso, se saben a quen votei, é mellor votar cos ricos e poderosos pois, eses é que son os que mandan e, é mellor non ir en contra”, é medo por se acaso (no entanto, lles chaman, prudencia receosa).
O medo.
Continuando, existe unha continuada información multidisciplinar, constante e continúa, que está presente nos órganos de comunicación a diario, e a todas as horas posíbeis pois, a xenerosidade dos órganos de comunicación e por outro lado os establecementos hoteleiros, regalan os seus excelsos clientes coa visión dos éxitos últimos, de forma gratuíta, sempre que pasen a tomar o “tentape” respectivo. Denomínase “calidade” esa como a información debidamente manipulada, gratuíta (léase de acordo cos políticos de quenda, información necesaria e oficial, exime e apolítica).
Non obstante, ao pasarmos por unha local onde se toma uns marabillosos vasos dun branco inmaculado, así como, uns tintos para os menos racistas, ouvimos falar dunha cousa estraña, alguén falaba de Constitución. Ficamos sen saber, se a persoa se refería a súa constitución física ou a un libriño, a que chaman a Constitución Política da Nación. Como non coñeciamos as persoas pensamos que era do tal libro, pois, dicían que o señor abade dixera que era “necesario a cumprir”. A dúbida se me esclareceu totalmente.
Estamos perante unha outra forma de doutrinamento orientativo, a que nos teñen habituado. Se trata da sabia e exime orientación que é dada de forma “imparcial” pola igrexa. A madre de toda a boa conduta, a relixión, e esta, non está cos máis humildes, mais si cos máis ricos e poderosos
Claro que temos que falar dos partidos, como non podía deixar de ser. Dada a súa homoxeneidade interna e, as súas lexitimas aspiracións, os políticos electos, son os que posúen todo o saber e, como tal, por iso é que lles votaron, entón a partir dese momento, xa non teñen os políticos, máis ningunha obriga cos seus votantes. Os políticos son os donos absolutos do que é bo o mao para os seus representados, logo tras teren as informacións de cantos e quen foron os electos, na noite das votacións, desde aí, está consumado o divorcio definitivo dos políticos cos seus votantes.
A partir desde este momento, os señores do mundo, só ten que concentrar as súas atencións no ben facer dos seus políticos de quenda, sexan eles de que partido sexan. O máis habitual, é que os señores non discuten co Estado, o que fan é ditar o que o Estado ten que facer. Non teñen que se axustar as súas leis pois, as leis, son as súas, e os políticos as poñen en circulación. Estas están por eles planeadas para manter as poboacións ben dominadas e ordenadas. E para tal, lles darán a sensación de estaren nunha democracia.
Posta esta introdución, volvemos a análise da situación laboral futura, onde xamais teremos outras relacións laborais que non sexan empregos inestábeis e precarios, menos horas de traballo, menos traballos e, como non podía deixar de ser, peores salarios.
Quere dicir, que mesmo que se teña un traballo, en xeral, o traballador anónimo, continuará pobre e non chegará na maioría das veces ao fin do mes. Esta é unha trampa do traballo, que os “Amos do Mundo”, estenden aos seus exércitos de escravos traballadores (como enriba referimos).
No entanto, os salarios non son todos de miseria pois, algúns dos servos do sistema neoliberal (léase caníbal), gañan fantásticos soldos, para faceren os servizos sucios dos “Amos do Mundo”. Así existen diferenzas entre o salario dun traballador (de base) e un cadro superior dunha empresa, de que este, recibe entre 300 a 400 veces o soldo do obreiro de base.
Debemos recordar, que antes dos anos 60 do século XX, esas diferenzas eran cerca de 100 veces menores.
Perante estas constatacións, nos aparecen unhas consideracións básicas para a nosa atención, ou sexa, un salario mínimo e un salario máximo.
Como enriba referimos, pode haber unha tentativa de busca dun salario mínimo básico, que se aproxime a un valor, que permita un mínimo de subsistencia, no entanto, o que resulta inadmisíbel é que no outro lado, aparezan salarios 400 ou 500 veces máis vultuosos, para os dirixentes, das empresas.
Para os salarios mínimos, sempre as dificultades son case intransponibeis, para se obter uns míseros aumentos, no entanto, no outro lado, para os dirixentes non existe ningún tipo de dificultade para limitación de valor.
Estamos, por tanto, en dous distinguidos niveis, un trata de limitar na parte máis débil da sociedade, o límite inferior, e este se pode axustar, como é seu obxectivo ex ante, a través dunha RENDA BÁSICA UNIVERSAL INCONDICIONAL, e polo outro lado, se trata de limitar os máximos proveitos dos máis favorecidos, e se trata, como é obvio, da RENDA MÁXIMA.
Os efectos destas actitudes de política social, son evidentemente, diminuír as diferenzas sociais, que non paran de crecer, desde mediados do século XIX, tornándose gritantes e insultantes na actualidade.
Recordemos que o ano de 1942, o Presidente dos Estados Unidos da América, Franklin D. Roosevelt, que non era por certo un marxista, defendeu unha taxa marxinal impositiva do 100%, “sen calquera fisura”, para aqueles que recibisen rendas superiores a 25.000 dólares anuais de entón (o que serían a valores actuais cerca de 410.000 dólares).
Se aplicarmos un imposto do 10% aos máis ricos, en patrimonio (correspondente a decila dos 10% máis ricos), excluíndo a vivenda de residencia (pois debe ser un dereito de todos), se podería obter unha “pequena contribución ao erario público, que é de todos”, de algo como cerca de 96.000 millóns de euros.
E como non, estes mais ricos, continuarían a ser moitísimo ricos.
Tamén existen outras opcións, de suavización das desigualdades sociais, como por exemplo, as propostas por Thomas Piketty, no seu excepcional libro “Capital e ideoloxía”, que de forma sucinta podemos definir como aos que posúen 100 veces o patrimonio medio, se aplicaría un tipo do 10%, a quen teña 1.000 veces se aplicaría 60% e a quen tivese 10.000 veces 90%. “Estes valores podían ser outros, só os suxire”.
O que se aveciña, no horizonte laboral, é menos emprego, menos horas de traballo e, máis precario, menos protección laboral contra os despedimentos e menos pensións de xubilación. Todo isto, nos leva a que a contraprestación sexa menos salarios, e como tal, máis pobreza e esta, cada vez máis severa e intolerábel.
Como chegar ao fin do mes e non caer na fame extrema súa e dos seus, no futuro que se promete?
Está ben de ver que a solución está encontrada, o RENDA BÁSICA UNIVERSAL E INCONDICIONAL que complementará os baixos salarios, deixará posibilidade de máis formación académica ás poboacións, máis espazo para ocio e dedicación as familias e, finalmente, dará máis autonomía e identidade ás mulleres.
O problema de financiar a Renda, é un falso problema, visto que basta facer a xubilación fiscal e, aproximar as taxas impositivas ás da Europa (1). E non son necesarios recortes de nada. Poden e deben ser reforzadas as cláusulas que foron minguadas na Saúde Pública, na dependencia e, como non, no ensino público e gratuíto en todos os escalóns de formación.
O que non temos é, iso si, e é espantoso, é políticos á altura. Temos servente dos “Amos do Mundo”, e nada máis.
Nota: (1) – Ver “A Nova orde” en portugués ou en castelán “El Nueva Orden” do autor deste artigo, José Vieira.
Se el primero en comentar