Actualmente, vemos enxertos de fascismo en países europeos, como exemplo, a Polonia, a Hungría, e a chegada ao poder na Ucraína dos grupos fascista, como Azov, que é un dos sete deses compoñentes. E non podemos excluír o actual réxime italiano, que parece ser un forte demandante, a esa transición.
Por Jose Vieira
Poucas veces tivemos tantas tentacións, como estes últimos días, reflectir sobre algunhas cousas, que nos teñen chamado a atención.
O problema que nos fixo saltar a atención, en primeiro lugar, un artigo que lemos sobre películas cinematográficas, pois, se existe unha arte que desde tenra idade, sempre nos fascinou, foi a arte cinematográfica.
Lembramos que antigamente, había na terra que nos viu nacer, unha sala de utilización social, estabamos o tempo do fascismo (entón viviamos en Portugal), que era explotada aos fins de semana por un empresario, que entre outras actividades, explotaba a proxección de películas cinematográficas.
O curioso, era que para alén dos clientes eventuais desa explotación, aqueles que compraban a entrada para cada exhibición, había aqueles que tiña como que unha sinatura, por un mes ou por outro calquera período de tempo.
Pois, tivemos a sorte dos nosos proxenitores, teren unha sinatura para un determinado período, que como non ían moitas veces, o beneficiario fomos a nosa persoa.
De aí que a nosa adición ao cinema, vén de moi lonxe, nunca deixando de nos interesar a chamada sétima arte, como tamén é popularmente denominada.
Así nos despertou moito a tentación, que no artigo sobre cinema, se refería a un conxunto de películas sobre o Holocausto.
Queremos referir que só no campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau, que por certo era o maior campo de internamento de xudeus polos alemáns nazis, foron exterminados máis de 1,1 millóns de cidadáns xudeus (con bebes, nenos, mozos, mulleres grávidas e cidadáns de todas as idades).
Con este dato, comezaremos a tentar mostrar que as persoas na actualidade, non poden deixar de estar en garda, sabendo o que é a proposición dos partidos de dereita, que omiten os seus obxectivos máis profundos, enganando as poboacións. As poboacións en xeral, teñen que ter o coñecemento de como actúan as dereitas, primeiro dunha forma moi cautelosa, para pronto pasaren a limitación dos dereitos, das garantías dos cidadáns.
Recortando en todo o que son servizos sociais así como creando autenticas sagas, de supresión de prestacións para o ben social das persoas en xeral.
Esta é a forma como se desenvolveron os fascismos a partir de entrada de partidos de dereita a xestionar os seus países, como foi na Alemaña, na Italia, no Xapón (referimo-nos en o período do tras Primeira gran Guerra Mundial) e, como pronto operaron, os “fascizando” toda a vida dos seus países.
Actualmente, vemos enxertos de fascismo en países europeos, como exemplo, a Polonia, a Hungría, e a chegada ao poder na Ucraína dos grupos fascista, como Azov, que é un dos sete deses compoñentes. E non podemos excluír o actual réxime italiano, que parece ser un forte demandante, a esa transición.
Temos mesmo a impresión que as persoas, na actualidade, non teñen ou non queren saber, o que lles pode traer a implantación da extrema dereita, que é quen sempre transporta como ideoloxía o fascismo, como referimos enriba.
Por exemplo, o recorte de dereitos e a instalación de preponderancia do executivo, sobre o xudicial – en que os tribunais non poden impedir calquera lei ou imposición do executivo, mesmo que van contra o ordenamento xurídico.
Mas volvamos ao Holocausto.
De onde vén o termo Holocausto?
Tratase dun termo de orixe clásica grego, que traducido para linguaxe corrente significa – “queimar todo”.
Este termo, pasou a designar dunha forma xeral, a eliminación dos xudeus, durante a Segunda Guerra Mundial, polo “réxime fascista nazi alemán”, non sobran adxectivos.
Desde os xuízos de Nuremberg que se pronunciou sobre os crimes de guerra, da Segunda gran Guerra da Segunda, a palabra Holocausto, pasou a designar ese crime, pasando a ser escrita con maiúsculas.
Segundo as máis recentes investigacións, o número de xudeus que foron executados nese xenocidio, pasaron de 5,5 millóns. Segundo se conseguiu saber, chegaron a ser queimados máis de 5.000 xudeus ao día.
Á súa vez os xudeus, denominaron ese exterminio, non só por esa palabra de Holocausto, mais tamén a través dunha da súa propia lingua, o hebreo, designándoo por SHOAH, que significa catástrofe.
Os fascismos, veñan de onde veñan, son sistemas políticos antidemocráticos, escravistas, revanchistas e onde impera de máis violenta desigualdade social.
Logo nos lembramos dun conxunto de películas, vimos a seu tempo e, que dunha maneira xeral, aínda poden ser vistas, pois, están dispoñíbeis, na internet, podendo estas ser unha boa introdución, para que a consciencialización das persoas non deixe de ter medios para se documentar.
Primeiro nos iremos indicar, un conxunto de películas, que documentarán o que pasou coa eliminación dos xudeus, pola Alemaña, serán unhas 10 películas e, as iremos referir, por orde en que apareceron no universo do cinema mundial e só seleccionamos as máis famosas e máis exemplares:
DIARIO DE ANNE FRANK, exhibida en 1959, tendo como director o americano George Stevens, foi galardoada con 3 Oscars.
VENCEDORES OU VENCIDOS, exhibida en 1961, realizada polo director americano Stanley Kramer.
A DECISIÓN DE SOPHIE, de 1982, protagonizada pola actriz Meryl Streep e dirixida polo director americano Allan Pakula.
Documental MEMORY OF THE CAMPS, de 1985, dirixido polo americano Alfred Hitchcock.
A LISTA DE SCHINDLER, DE 1993, premiada con 7 Oscars, e dirixida polo americano Steven Spielberg.
A VIDA É BELA, de 1997, premiada con 3 Oscars, e dirixida polo italiano, Roberto Benigni.
O PIANISTA, exhibida en 2002, coa curiosidade dunha partitura musical notábel e dirixida polo franco/polaco Roman Polanski.
OS FALSIFICADORES, de 2007, dirixida polo austríaco Stefen Ruzowitzki.
O MENIÑO CON PIXAMA DE RISCAS, de 2008, dirixido por Mark Herman de nacionalidade inglesa.
O FILLO DE SAUL, de 2015, dirixido polo húngaro, Laszlo Nemes e obtivo un Oscar.
Coa consulta destas películas, que son arquetipos dos espantosos crimes que practican os fascismos, neste caso o nazismo alemán.
Mais non podemos esquecer, que tras a fundación do Estado de Israel, proclamado por David Ben-Gurion, o 14 de maio de 1948, en Tel Avive, os israelitas, teñen vindo a exercer unha actividade de autentico xenocidio (algo como un exterminio ou redución a escravitude), sobre a poboación musulmá, do territorio, que foi cedido polas Nacións Unidas, no tras Segunda Guerra Mundial.
Israel, foi creado, por suxestión do Reino Unido, antiga entidade administradora do respectivo territorio.
A aparente idea inglesa, foi conceder a comunidade internacional, un territorio para que a diáspora xudaica (a súa dispersión polo mundo) se puidese xuntar nun só lugar.
Este territorio, tiña como finalidade, que vivisen en coexistencia pacífica as dúas comunidades xudaica e musulmá (os palestinos de orixe musulmá) e de forma independentes.
Pois, o que está a acontecer desde esa altura, é que os israelitas, se constituíron nun pobo elitista, perseguidor dos musulmáns, até a súa escravización, téndoos confinado en ghetos, como antes os fascistas alemáns lles tiñan feito.
Así os israelitas, tornaronse nunha nación neofascista e imperialista, co apoio incondicional dos americanos, contra todo o que é democracia.
Así, terminamos este texto, sinceramente, coa convicción de que algo contribuímos para alertar, o que nos vén encima, se permitimos que se instale a dereita no poder, coas súas faliñas doces, mais con garras de lobo mao, nos pretende conquistar.
Se el primero en comentar