![]()
Tratábase na altura, de loitar contra a ameaza real da implantación dun novo ciclo de fascismo, en Italia, polo duo de Berlusconi e Fini, cando ambos entraron no goberno do país.
Por Jose Vieira
A data de 25 de abril, é unha data moi carismática, en termos de éxitos políticos, á praza do mundo en que vivimos.
Non imos falar do 25 de abril de 1974 en Portugal, ou sexa, da Revolución, que toma prestada a respectiva data, para que o seu nome, fique definitivamente perpetuado no calendario dos acontecementos relevantes do mundo, polo menos, occidental.
Este éxito, se conmemorou o día 25 do mesmo mes de abril, 50 anos da súa pasaxe. Mais de doutro 25 de abril, un pouco máis recente, ou sexa, que conmemorou os seus 30 aniversarios.
Falamos da chamada Festa da Liberación de 1994, que se caracterizou por unha multitudinaria manifestación, levada a efecto debaixo dunha choiva torrencial, que non puido afastar a miles de intervenientes nesta reunión.
Estamos a falar do día 25 de abril levado a efecto, en Milán, o ano enriba referido.
Foi o inesquecível “IL Manifesto – Si potrebbe tomare Milano – IL 25 aprile”.
Ao final deste texto daremos unha fotocopia do texto de entón, en orixinal.
O que resalta deste éxito referido como “Il Manifesto”, é que non se quere tratar como un recordatorio dunha data, mais si, todo un símbolo que se quere deixar testemuño e, dar a súa eterna propiedade, as varias xeracións de cidadáns, para que perdure dunha forma participativa, de que a liberación, estaba nas mans dos que a promoveron, mais, que transmitiron ese testemuño, a través dos tempos, de tal forma, que estará na man de todos sen excepción por “século seculorum”.
Tratábase na altura, de loitar contra a ameaza real da implantación dun novo ciclo de fascismo, en Italia, polo duo de Berlusconi e Fini, cando ambos entraron no goberno do país.
Esa situación, non se extinguiu coa desaparición deses actores desa película de terror, acariñada por toda unha extrema dereita europea, protexida e apoiada, polos americanos e coa intervención tutelar da Alemaña (non podemos esquecer, que no ADN, dunha gran parte dos alemáns, existen os xenes do social fascismo).
Así como todos sabemos, a Italia está a ser gobernada pola lexitima sucesora das correntes máis extremas do saudosismo do fascismo de Benito Mussolini e do seu fascismo, moi particular, mais a pesar diso fascismo, tratase da señora Meloni.
Esta gobernante, comezou a súa carreira aos mandos do goberno dunha forma suave, mais aos poucos, foi apertando a marcha para a transformación do réxime italiano nun pre-réxime de fascio.
Esta señora está a transmitir esa tendencia, completamente apoiada, nas súas voltas a extrema dereita polos gobernos da Alemaña e, que á súa vez, están a servir de vehículo locomotor, dos países dos nórdicos (antes últimos representantes dunha correcta tibia, social democracia), dos países da antiga URSS (Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas) e, dun Emmanuel Macron, un certo condutor dunha viraxe do pobo francés, sen dor nin gloria, para o entregar aos brazos de Marion Anne Perrine Le Pen, coñecida por Marie Le Pen. Parecen certos socios.
No caso francés, parece que, só valerá aos franceses, a intervención, dos facer despertar, desta apatía política e, entrar en sensato e claro sentido da liberdade e independencia, na razón esclarecida e, da certa democracia. Cremos que esa posibilidade de facer despertar o sentido da razón, en Francia só poderá ser levada a efecto polo político verdadeiramente democrático e como tal da oposición Jean-Luc Mélenchon.
Non debemos desprezar a forza, con que a señora Ursula van Leyden, á cabeza dos comandos da Unión Europea (EU), está a axudar á implantación da extrema dereita, por toda o seu “patio de recreo”, que é o seu xardín, coñecido por UE.
Pasemos para entornos, máis próximos, como sexa, a Península Ibérica.
Comecemos por Portugal, pois, como sempre estivo aí desde a Revolución dos Cravos, igualmente na mesma data de 25 de abril, e en especialmente despois, do Golpe de Estado dado por Mario Soares, co grupo dos nove (militares ao servizo dos intereses do grande capital e esencialmente, americanos), tendo como xefe de fila, o grande reaccionario, o xeneral Ramalho Eanes, instalouse a semente necesaria por parte da corrente de extrema dereita viñese en tempo oportuno, liquidar o que restaría de plena democracia.
Neste veciño, se foron feitas diversas tentativas ao longo destes 50 anos, mais acabaron os elementos da extrema dereita, teren un xefe de fila realmente implicado até aos seus polos, en liquidar o que restaba da revolución. Ese interventor, se chama Marcelo Rebelo de Sousa, que como curiosidade, comparte o mesmo nome que o ditador Marcelo Caetano.
A dereita inspirada e, liderada por este señor que non é por acaso que é o Presidente da República Portuguesa, resolveu dar secuencia a un proceso moi ben preparado, creando unha falsa acusación de que o Primeiro Ministro Antônio Costa, estaba implicado nun proceso de corrupción.
Este referido Primeiro Ministro que estaba a realizar unha boa condución do respectivo goberno, non tivo outra posibilidade, en termos de dignidade persoal e política, e dimitiu.
Así o tal señor Marcelo Rebelo de Sousa, aproveitou e marcou eleccións anticipadas e desenvolveu toda unha presión para que se instalase a dereita que el protexía e crea.
O que ficou patente, foi que tras unha aturada investigación por parte dos elementos xudiciais, se verificou que o Primeiro Ministro que dimitiu, estaba totalmente eximo de calquera “pecado corrupción”.
Como non podía deixar de ser, esta sentenza que libera o primeiro Ministro de toda as acusacións, só foi emitida, despois das respectivas eleccións para que a (futura extrema) dereita, puidese gañar as eleccións no descoñecemento ou da dúbida da respectiva poboación.
Esta estratexia política, está a ser seguida, igualmente en España, pois, como non teñen conseguido destronar o actual xefe do goberno, Pedro Sanchez, o están facendo, da mesma forma como fixeron en Portugal.
Desta maneira, os estrategos da extrema dereita, atacando no caso español, a través da muller do respectivo xefe do goberno, van conseguir que este acabe por dimitir da dirección do goberno.
Temos que concordar, dadas as circunstancias, que os procesos están a ser coherentes por parte da extrema dereita, que unidos nunha autentica internacional de extrema dereita, procuran derrotar e facer por iso caer, todo e calquera goberno que se resista, aínda que de forma tibia, aos designios, da dereita máis fascizante.
Para terminar, temos que dicir que Il manifesto, está máis que actual e, que todos os demócratas nos debemos opor a esta colonización fascista en curso, que só serve aos mesmos de sempre e seus herdeiros, e aos seus protectores americanos.
![]()
Se el primero en comentar