A incomprensíbel levedade do espírito

acontece unha outra manipulación ideolóxica, dun teor criminal, esta subordinación completamente cega, fixo esquecer aos traballadores, o papel excelente, que os sindicatos tiveron no pasado

Por  Jose Vieira

Estamos en tempos en que a comprensión do que se está a pasar en termos dos grandes comportamentos sociais, son tan difíciles de entender que até levantan sospeitas de reaccións contra a natureza humana.

Por outro lado, tamén vemos que a estrutura da poboación do país, estáse mostrando cada vez máis pesada, ou sexa, que a composición etária, está francamente dominada por unha sociedade cada vez máis anciá.

Unha outra reflexión que decorre en paralelo, é que as capas máis mozas, están cada vez máis dependentes dos seus proxenitores, por dúas vías, ou porque necesitan de cohabitar con estes, pois, non atinxen as posibilidades de se tornaren independes ou se sendo independentes, aínda así, necesitan destes para tomar a seu coidado os seus fillos.

A seguinte paraxe para análise, ten a ver co misticismo, que as clases máis anciás transportan na súa cabeza, acerca da vida para alén da morte, o que os torna dependentes dos consellos e dependencia da igrexa, a institución máis retrograda, no seu conxunto coa liberación social e como tal co progreso social.

Tendo pano de fondo do escenario da poboación do país, non é de estrañar, que as propostas programáticas de Vox, seguidas polo PP, soamente cunha pintura para esconder que son as mesmas, non son outra cousa que o manual de actuación de orientación neoliberal, o que é o mesmo que dicir, que están orientadas no sentido dunha radical política de mercado e, no caso dos traballadores a unha subordinación implacável destes a seus “AMOS”, os empresarios.

O peor de todo isto, é que os traballadores, pensan por tradición ou por masoquismo, que o que é bo para o patrón tamén é excelente para o traballador.

Mais aínda acontece unha outra manipulación ideolóxica, dun teor criminal, esta subordinación completamente cega, fixo esquecer aos traballadores, o papel excelente, que os sindicatos tiveron no pasado, para a obtención dos salarios mínimos, do límite das horas de traballo, no control da contratación laboral e na garantía dos dereitos conseguidos.

Con este pensamento debidamente manipulado, os traballadores actuais, non reorganizan o movemento sindical, non se filian sindicalmente o, que leva a que os sindicatos teñan que vivir dos subsidios gobernamentais e, desde esa entrega de independencia, se vexa que actualmente os sindicatos, non sexan outra cousa, que instrumentos ao servizo nas contratacións colectivas, en forma tripartida (gobernos, sindicatos e organizacións do patronato), en que quen dita a folla da ruta e as respectivas regras, son as organizacións patronais.

Temos así, unha sociedade envellecida, temerosa, castrada por unha relixión ao servizo do patronato empresarial, dunha manipulación constante a través de ondas de medo a despedimentos, a ondas de “Shock” en que se dixen a boca chea, que calquera reacción contra a situación estrutural do momento, irá producir a miseria da poboación.

O máis grave disto todo é que a poboación en xeral, que ten como base estructurante o peso do seu envellecemento e, o ciclo consumista das xeracións máis novas, que non admite roturas, leva a que o traballador mozo e até os menos mozos, estean a partida prendidos a unha cadea de limitacións financeiras.

Unha sociedade presa polo pescozo, de hipotecas, prestamos persoais, falta de independencia persoal, vivindo até moi tarde a expensas dos proxenitores, se ve na imposibilidade de inverter a situación.

O que de verdade non debía ser así e até non o é.

Vexamos o que pode acontecer nunhas próximas eleccións, segundo as encostas e, que son a confirmación de todo o que atrás ficou dito, teriamos unhas votacións, que segundo as entrevistas da mostra econométrica, apuntan para os seguintes valores:

PP + VOX………………… 52,6% dos votos totais

Para a poboación en xeral. Se a situarmos soamente nos traballadores os valores aínda son moi altos, revelando unha aposta dos traballadores en se entregar “aos pais tirano”, ou dito doutra maneira, pedir para que sexan escravizados!!!

PP + VOX…………………..32,2%votos dos traballadores

Podemos concluír, sen gran dificultade, o risco de estarmos lonxe da verdade, que a masa traballadora española, desexa maioritariamente ser explotada polo grupo escravista, formado polo duo PP+VOX.

Se compararmos coa situación anterior, reportada a 2022, as intencións de voto neste duo escravista (PP+VOX), era soamente de 26,1 %, o que significa que a poboación traballadora desexa ser máis escravizada (aumentou 6,1%).

Parece todo estar a “correr de vento pola popa”, pois o grupo empresarial hai dous anos soamente votaba no duo PP+VOX, en 37%, e dous anos despois, como enriba avanzamos, vota nese grupo en 52,6%, de intencións.

Así parece, que en España todos son realmente pertencentes a clase dos ricos e poderosos, pois, non existe calquera liña en que se poida dicir que existen traballadores e empresarios, o que estes datos permiten concluír, é que todos se xulgan, como mínimo empresarios.

Diremos, dunha forma máis simple, que en España todos son ricos ou polo menos só ten como seus intereses o mesmo que os ricos.

Debemos, perante estes datos e, o comportamento en termos de reinvindicacións sociais, a poboación está serena e contenta coas desigualdades sociais, por máis evidentes e crueis que poidan ser para a maioría dos españois.

Estamos, pois, perfectamente convencidos, que a poboación española, quere adoptar, de forma cada vez máis evidente as políticas neoliberais en sentido cada vez máis amplo.

No entanto, debemos esclarecer, os compatriotas, que o que están a decidir desde xa, é o fin da cobertura gratuíta da saúde pública (morte da Sanidade Publica Gratuíta), Fin da Educación Pública a todos os niveis (formación académica soamente para os ricos) e, como non todos os servizos de carácter público que hoxe disfrutam de forma gratuíta.

Tamén podemos concluír que esas perdas de dereitos non deben ser moi importantes, pois, toda a poboación vive con brillantes aforros. Isto quere dicir que a poboación española, pode pagar tudo o que os patróns desexan, pois, o que desembolsan os traballadores, vai realmente encher os petos dos patróns.

Que xenerosos son os traballadores españolas, ou entón, son masoquistas.

Pois o que pensamos é que están adormecidos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.