O lawfare e manifestacións violentas da extrema dereita

Grupos de auténticos vándalos, mesturados e apoiados polos opositores á investidura do goberno de alternativa, destruíndo o mobiliario urbano, provocado a policía, chegando a ferir fisicamente elementos da mesma e, procurando sitiar, as varias sedes, centrais ou rexionais dun dos partidos, que parece ser o principal aglutinador da coalición alternativa.

Por Jose Vieira

Os tempos van bastante axitados, mais non só en termos de clima, talvez porque estabamos habituados a un verán esaxeradamente caluroso e seco e, como tal, estamos a sentir dunha forma menos tolerante, a persistencia dos días cincentos.

Estamos tamén nun tempo, que sempre desexamos, pois a tecnoloxía nos fascina e, a queremos ter perfectamente ao alcance da nosa man.

O móbil, é o terminal que xa todos posuímos, e que funciona como o prolongamento dos nosos membros superiores, do respectivo cadáver.

Temos visto o empeño a todos os títulos notábeis, por parte das cadeas de televisión existentes, de transmitir dunha forma masiva e, segundo nos parece moito pouco informativa, pois, é claro, moi máis manipuladora e formativa dos traxes, que se desenvolveron na carreira para lograr un goberno para España.

Debemos lembrar, que existían dúas alternativas, tras as eleccións de xullo pasado e, o xefe da Nación española, Felipe VI, convidou o partido máis votado a procurar formar goberno, a pesar de non posuír a maioría dos votos para gobernar en solitario.

Este escenario, é por de máis coñecido e, explotado, polos arautos do pasado, como sendo unha obriga para os españois, aceptar un executivo dos herdeiros do franquismo, só por estes se xulgan donos do país.

O outro escenario posíbel, resulta de se constituír unha coalición con todos os partidos que non estaban cos tales propietarios da razón franquista, elixindo un outro goberno.

Claro que a primeira hipótese fallou, pois, se xuntaron a dereita coa extrema dereita e, mesmo así, non conseguiron a maioría para poderen gobernar.

No entanto, tiveron todo o tempo que a constitución permite, para facer os contactos e negociar os acordos necesarios e, con quen quixesen, para conseguir poder gobernar.

Foi unha tentativa fallada.

Os outros concorrentes alternativos, partían dun conxunto de votacións máis escasas, mais se implicaron a contactar, os representantes das distinguidas sensibilidades políticas, que non estaban co franquismo actualmente emerxente e, parece que neste momento, teñen posibilidades de poder vir a formar un goberno.

Até aquí, parece todo moi ben e, até parece ser un final perfectamente normal, entre cidadáns democráticos e respeitadores das liberdades inherentes a ese sistema constitucional.

Mais o que acontece é todo o contrario.

Tiñamos a certeza de que estabamos nun Estado de Dereito, perfectamente consolidado, nun Estado moderno e perfectamente democrático. No entanto, os acontecementos nos lanzan nunha dúbida, non metódica e teórica, mais si, infelizmente real.

As manifestacións nas rúas de forma sistemática encontran da formación dun goberno lexítimo, que non é o da súa simpatía, son correctas e, é unha forma de se mostrar que existen opinións diversa.

É perfectamente lexítimo. Máis, as manifestacións, o que deben é ser ordenadas, pacíficas e, dentro dos máis elementais modos de educación.

Na verdade, o que vemos, a través dos varias canles de televisión, non ten nada a ver co que dixemos enriba.

O que vemos ou nos mostran é:

Grupos de auténticos vándalos, mesturados e apoiados polos opositores á investidura do goberno de alternativa, destruíndo o mobiliario urbano, provocado a policía, chegando a ferir fisicamente elementos da mesma e, procurando sitiar, as varias sedes, centrais ou rexionais dun dos partidos, que parece ser o principal aglutinador da coalición alternativa.

Unha interesante cuestión é que aos primeiros partidos invitados, estaba moito ben que se coligasen.

No entanto, o que parece é que existen dúas varas de medir os traxes.

Sexan quen sexan os partidos que formarán parte da coalición, sexa cales sexan os acordos efectuados entre eles, nada nin ninguén nun réxime democrático, está lexitimado, para provocar actos de autentico terrorismo e, como tal, o teñen expresado, de maneira inequívoca, día atrás de día, nas rúas deste País.

E peor, ao redor das sedes dun dos partidos, que lidera a coalición en curso, secuestran os accesos aos seus militantes ou simpatizantes, sendo os sitiadores (os que cortan as entradas e saídas desas sedes), elementos dos partidos que apoian os non conseguiron a cantidade de apoios necesarios, para seren eles a gobernar.

Esta forma de sitiar (intentar ameazar as persoas que poidan estar dentro das respectivas sedes), é intimidar, é coaccionar, é facer exactamente, o que fixeron os israelitas ao sitiar durante anos consecutivos os palestinos.

Imos a ver, meus queridos lectores, se un calquera voso veciño, xuntase un grupo de persoas a volta de vosa casa, para vos intimidar, que non querían que o voso coche fose amarelo, como vos sentiades?

Pois, pase a sinxeleza do exemplo, as cousas son idénticas.

Estas actitudes de rúa, son naturalmente hoxe moi máis a expresión, de como se fai política, por unha determinada facción extremista de dereita, nos Estados Unidos da América do Norte, preconizada pola invasión do Capitólio, instigada polo propio Donald Trump, cando non aceptou que perdera a posibilidade de continuar a ser o inquilino da Casa Branca, na América.

Lembremos que, mentres, un xeneral americano, de seu nome Charles Dunlap, inventou unha expresión, para desenfastiar o termo “Golpe de Estado”, introducindo a palabra, LAWFARE, nos temas de seguridade nacional, así como, o espectro de que se rompe a Nación (este señor é un auténtico campión, en desenvolver movementos de destrución de gobernos, que non sexan tementes da observancia americana, por todo o mundo).

Aquí este señor, é seguido por eses líderes que instigan os disturbios (a dereita e a extrema direita).

Isto non ten deixado de perturbar a cabeza duns cantos actuades líderes políticos, no caso nacionais e, tentando estes dar a volta aos resultados, a través de todas as formas, mesmo as ilexítimas e, até como se ten observado, utilizando o terrorismo de rúa.

No entanto, pensamos que o que se está a pasar en España, non é máis do que o chamado efecto imitación dunha correcta moda, no sentido literal estético, pois, hoxe, por hoxe, a maioría das poboacións nacionais, sentense como pertencendo ao estrato dos famosos e, pretenden imitar, con lexitimidade, o seu “modus vivendi”, que son publicitados nos programas de corazón (todas as cadeas de televisión emiten, pois, necesitan de audiencia para vender ben os espazos publicitarios).

Estes programas que parecen inocuos, ten feito máis mal do que ben, ás poboacións e, sobre todo aos máis mozos, pois, pensan que vai ser ese o seu final feliz.

Levan, como se está a ver, os mozos a considerar que o seu futuro, non pasa por outra situación, que non sexa, o consumismo incontrolábel. Deixaron de ter ideais de buscar un futuro transformador e, un mundo mellor.

Así, esas auténticas borracheiras de fantasías sociais, que fan as delicias do noso bo pobo, só inxectan doses demasiado potentes, de fantasías, incoherentes e irreais, que fan un espantoso dano.

Non poderiamos terminar este texto, sen facer unha referencia máis, ao caso do xenocidio que os israelitas están a levar a efecto no territorio dos palestinos e, recordar, que a dereita española pronto desde o día 7 de novembro pasado, tras o ataque do grupo Hamas á poboación israelita, sen pensar en máis nada, do que seguir as ordes dos Estados Unidos da América do Norte, que os ten colonizados e amestrados, veu apoiar Israel e, máis como que dando a bendición aos xudeus no exterminio do pobo palestino.

Claro que este comportamento, no fondo como que xustifica, as actitudes terroríficas, ten a dereita motivado e animado, a uns cantos perturbadores profesionais, do terrorismo urbano, a desestabilizar ó estado español.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.