Acordamos a ir a Mozambique, durante uns tempos e, ver como podiamos colaborar coa moza República Popular. En Portugal a pesar da Revolución de 25 de Abril, que restituíu a democracia, como referimos, o tecido empresarial, era moi conservador e temente a un país cuxa raíz era apoiada polo comunismo internacional.
Por Jose Vieira
Moitas veces, as persoas fan un concepto de outros, cunha lixeireza de xuízos, moitas veces cargados de estereotipos e, máis do dubidosos e, como tal, na maioría das ocasións, seguen cometendo inxustizas manifestas.
O caso que desexamos contar, pasou connosco hai xa a unhas decenas de anos, pois se desenvolveu nunha das nosas moitas viaxes que tivemos que facer ao mozo país de Mozambique, cerca do inicio dos anos 80, do século pasado.
Como todos sabemos, este país, se sitúa no hemisferio sur, na costa oriental de África e, que dá o nome á canle de mar que separa o continente da illa de Madagascar.
Estas viaxes se sucedían con algunha regularidade, pois era manifesta as nosas boas ganas de abrir canles de colaboración entre Portugal e o novel país.
Tiñamos moitas vantaxes nos contactos, que pretendiamos estabelecer con Mozambique, dado que tiñamos contactos a moi bo nivel, dado que moitos dos seus dirixentes de entón foran nosos compañeiros na Universidade do Porto, en Portugal. Esta situación, facía que se puidese entablar conversacións perfectamente descomplexadas, entre nos propios e eses cadros dirixentes do país en cuestión.
Como curiosidade, un dos ministros de entón, tiña inclusive sido compañeiro de casa, nos tempos de estudantes e, moitos outros contemporáneos na universidade, tendo todos eles sido compañeiros da oposición ao réxime de entón (tratábase dos tempos de Salazar) e, inclusivamente a varias leis, restritivas ao estatuto universitario.
Por esa altura, xa fora fundada por moitos de nós unha cooperativa libreira, que era unha forma de acabar cos negocios dalgúns dos funcionarios da universidade, que explotaban o comercio dos apuntes das clases, as chamadas “sebentas”, de conivencia con algúns dos profesores.
Esa cooperativa de seu nome UNICEPE S.A.R.L., aínda hoxe existe, sendo un referente cultural da cidade, gozando do prestixio de TER MÉRITO CULTURAL DA CIDADE CON GRAO DE MEDALLA OURO.
A súa lonxevidade e puxanza profesional se debe a un compañeiro, sempre presente, dr. Rui Vaz Pito.
Pois moitos destas xentes de Mozambique foron membros fundadores desta novel organización.
Despois da independencia de Mozambique e, tras a debandada dos empresarios dese país para Portugal, comezou a haber unha outra categoría máis profesional de empresarios portugueses, que querían investir no novo país.
Esas, empresas interesadas en colaborar con ese país, querían investir en novos proxectos, así como aproveitar as estruturas industriais, abandonadas polos que se foron, de Mozambique e que abandonaron as súas empresas, deixando sen medios de subsistencia os seus antigos traballadores.
Tamén había, alén de iniciativas individuais, asociacións de empresarios, con direccións máis avanzadas, con concepcións empresariais máis modernas e, que querían recuperar o tempo perdido, coa guerra colonial.
Neste escenario, somos contactados para facer contactos nese país, dada a nosa formación e, saberen que tiñamos conexións de compañeirismo, cos actuais dirixentes.
Así, acordamos a ir a Mozambique, durante uns tempos e, ver como podiamos colaborar coa moza República Popular. En Portugal a pesar da Revolución de 25 de Abril, que restituíu a democracia, como referimos, o tecido empresarial, era moi conservador e temente a un país cuxa raíz era apoiada, polo comunismo internacional.
No entanto, con toda a esperanza do mundo fomos para Mozambique, co desexo de sermos unha ponte entre os dous países, que sentía como irmáns.
Estas nosas ganas, foi coroada de éxito, pois, o pobo do país, mostrou todo o interese e desexo de seguir en fronte e, tampouco detectamos resistencias hostís aos portugueses. O mesmo pasou coas autoridades mozambicanas, que se mostraron perfectamente abertas a apoiaron esa colaboración.
Así, aos poucos días de me encontrar no país, e despois de varias reunións cos seus dirixentes, comecei a realizar un conxunto de clases, destinadas aos cadros do país, que tiveron que ser formados de urxencia e á presión, para non deixaren caer as empresas abandonadas polos antigos empresarios portugueses ,que as abandonaron e así na caeren na ruína total.
Se trataba de dar as imprescindíbeis nocións administrativas e de xestión, para estes poderen dunha forma, mais moderna e eficaz, dirixir as empresas que a cada un lles tocaba xestionar.
Foi un tempo importantísimo na nosa vida, que xamais poderemos esquecer, pois, era unha xente cunhas ganas extraordinarias de aprender, delicados e empeñados e, que querían eles mesmos servir de guías para o desenvolvemento do seu país.
Estes mesmos serían, a base da creación de futuros cadros, así como da creación de escolas profesionais intermedias.
Cando saímos de Portugal con destino a Mozambique, os antigos empresarios que coñecín, así como outro persoal civil, ou sexa, antigos funcionarios, todos me dicían que era imposíbel facer sexa o que sexa, con aquela xente.
Máis me avisaron, que sería imposíbel estabelecer calquera conexión frutuosa, mentres o Presidente da República fose Samora Machel, pois, segundo “eses vellos do restelo” (1) era un inimigo total dos portugueses e, que persoalmente era unha fera salvaxe, intratábel e, que non tiña a mínima consideración polos portugueses.
Sempre o intentaban desprestixiar, dicindo que era un inculto, que nin sabía ler nin escribir, que non falaba sequera portugués, que era un simple auxiliar de enfermería e, até os máis benevolentes, dicían que era só un simple enfermeiro.
Este era realmente un estereotipo, que corría, polo continente europeo e, tiña o seu epicentro nas chamadas estruturas militares conservadoras, alimentado polos retornados desa antiga colonia, que non tiveron a categoría de se quedar e axudar ao desenvolvemento da nación nacente e, por tanto, deles propios (pensamos que algo lles pesaría nas súas consciencias).
Máis, moitos nosos compañeiros en Portugal nos dicían, que debiamos ter moi coidado e xamais entabular conversas, directas co respectivo personaxe, o Presidente da República.
Por todo o máis, aquí fica a nosa estória (non é historia é un éxito nada máis, pase o neologismo), que desmente estes estereotipos lamentábeis.
Acontece que unha vez e, despois de ter dato unha semana enteira de intensivas clases a eses novos directores de empresas fabrís de Mozambique, cousa que faciamos, voluntariamente e sen cobrar, calquera contrapartida monetaria, o respectivo goberno, resolveu ofrecernos un fin de semana nunha estancia de turismo, que se situaba nunha illa, na baia de Maputo. Se trataba da illa da Inhaca.
Así un célebre sábado pola mañá, me desprazaron até ao aeroporto de Maputo, pois, para ir até esa illa, se tiña que ir de avioneta. Chegamos ao aeroporto cerca das 7:30 h do referido sábado e nos quedamos, nunha varanda que daba acceso, a unha vista privilexiada e total sobre a placa de estacionamento dos avións, que estaban aparcados, no referido aeroporto.
Estabamos entretidos a observar as actividades do aeroporto, pois, estabamos esperando que aparecese o noso transporte, cando vimos estender unha alfombra vermella desde unha das portas da estación, directa a un avión estacionado nesa placa.
Pasado breves minutos, chegou á pista un coche negro, e del se apeou o referido Presidente da República, que se quedou encima da alfombra vermella agardando a chegada de alguén.
A dado momento, o Presidente olla para a varanda da estación e nos avistou. Ollando para a varanda, segredou algo a un dos militares que o acompañaba.
Entón, ese militar se presenta no lugar onde nos encontrabamos e, nos transmitiu a orde de que o tiñamos que acompañar á presenza do Presidente en la pista do aeroporto.
Nesa altura, sentimos que, posibelmente os estereotipos que referían a súa aversión aos portugueses, podían ser unha realidade e, entón tivemos medo.
Chegamos finalmente xunto do Presidente e, este me preguntou quen eramos, como nos chamabamos, que estabamos a facer no aeroporto a hacer e, faciamos en seu país. Mandando que o militar que nos tiña ido buscar escribise todas as nosas contestacións.
Todo isto cun sorriso na boca e sen calquera agresividade.
Claro que quen non estabamos,minimamente a gusto, e o Presidente o notou perfectamente, no entanto, conte todo o que estabamos a facer no seu país e que estaba moi agradecido a que o seu goberno ofrecese este fin de semana.
O Presidente comezou a tentar pornos as ganas e quería saber máis, no entanto chegou a persoa que el esperaba que era o vicepresidente da República, Marcelino dos Santos e, á despedida, o Presidente Samora, mandou que nos presentásemos na segunda feira seguinte as 12 horas a porta do Palacio presidencial.
Pasamos un fin de semana moi bo na Inhaca, pois, desde unhas excelentes instalacións até un tratamento gastronómico de marabilla. No entanto, de cando en vez, nos recordabamos que as cousas se podían torcer na segunda feira seguinte. Chegamos a Maputo polo inicio da noite e fomos para o hotel que era moito, cerca do palacio presidencial, xantamos e nos deitamos.
O día seguinte tiñamos unha reunión na dirección das pescas e procuramos saír bastante a tempo e pedimos que nos acercasen ao palacio presidencial, cousa que nos facilitaron.
Así cerca de dez minutos antes da hora prevista, estaba cerca do garda da porta do palacio.
Nos diriximos de inmediato a esa ordenanza, dicindo que estaba convocado para as 12 horas na porta da residencia presidencial. O Referido militar comunicou para dentro, polo teléfono e, en talvez uns 5 minutos, apareceu un militar de uniforme número un (2).
Así pediu que o acompañásemos e nos introduciu nunha sala onde se vía uns cantos sofás e diverso mobiliario de calidade.
Uns 10 minutos despois, veu outro militar, igualmente vestido co seumellor uniforme e, nos comunicou que o Señor Presidente baixaría de inmediato. Estaba a acabar de me informar, cando o señor Presidente entrou todo sorrínte e nos deu a súa man.
Nos mandou sentar e ocupou unha cadeira de brazos en fronte.
A primeira cousa que nos preguntou era se tiñamos estado a gosto na Inhaca e, que el mesmo me gustaba da ir pasar uns días aí, mais que infelizmente os seus traballos non o permitían.
Entón nos preguntou se tiñamos algún inconveniente, en facerlle compañía comendo dentro de momentos, no respectivo palacio.
Agradecemos moi e tiven a triste idea de dicir que a súa invitación estaba por diante de todas as nosas obrigas. Mais o Presidente nos replicou que primeiro as obrigas e só despois as cortesías.
Comemos unha sopa de verduras cun delicioso pan e, logo un torso de carne estufada con batatas e verduras, como sobremesa tiñamos froita local e terminamos con café moçambicano. A bebida foi para ambos auga, aínda que me teña ofrecido cervexa ou viño.
Aínda nos quedamos máis ou menos unha hora, despois de comer, ficando coa certeza de que o señor Presidente era un excelente conversador, e que coñecía perfectamente o mundo en que viviamos entón.
Pediunos que cando viaxase para Portugal non se esquecese do avisar, pois era un amigo desde ese momento.
Esta é unha pequena historia das moitas que tivemos en las variadas visitas que fixemos a ese belo país, que está poboado por unha poboación amábel, delicada, colaborante e con moitas ganas de saír adiante.
Como vemos a estatura de Samora Machel, sempre hai sido a de un gran xefe e dun gran Presidente. Tivemos a oportunidade, mentres, de coñecer a súa segunda esposa Graza Machel, grande científica, que pasou por varias universidades Americanas e que foi despois da súa Morte en accidente de aviación a esposa de Nelson Mandela (3).
Notas:
1 – Eran os portugueses que cando as “naus” dos descubrimentos partían de Lisboa, sempre aparecían dicindo que xamais volverían sans e salvos a Portugal. Esta expresión está moi desenvolvida no poema épico de Luís de Camões “Os Lusiados”
2 – O uniforme número un é un uniforme que se usa en ocasións de festa ou de compromisos oficiais.
3 – Que foi o home que eliminou o apartheid na Africa do Sur e posterior Presidente da República da África do Sur.
Se el primero en comentar