Imos loitar contra a subida dos prezos

Queremos recordar, que é posíbel estabelecer control dos prezos ou sexa do mercado, mais, para iso é necesario, intervir os gobernos no mercado.

Por Jose Vieira

Queremos informar que países onde os salarios son substancialmente máis altos do que en España, xa as persoas se organizan para loitar contra a subida autenticamente salvaxe dos prezos.

Así, os nosos concidadáns alemáns, crearon unha organización denominada “Genug ist Genung” e os do Reino Unido outra con igual obxectivo, denominada “Enough is Enough”. Estes gritos o que queren dicir, é que “basta xa”.

Non podemos deixar de referir unha frase, que dixo o sindicalista dos ferroviarios ingleses, Eddie Dempsey e, naturalmente, parece esquecida do pobo español, se trata de “se loitas, podes perder, se non loitas sempre perdes”.

Este grito de “xa basta”, ten que estar ben dentro do peito de cada un dos 80% dos españois que xa están a sufrir o castigo ou no seu camiño, da lacra da inflación.

A poboación española aínda non despertou da anestesia que os partidos, a través dos órganos de comunicación escritos ou falados, teñen vindo a impor, para que non se informen da gravidade da situación.

Igualmente a poboación española, ten vindo a ter unha auténtica veneración polos ricos deste país, de tal forma, que non dá conta de que para estes seren ricos e cada vez máis, é á custa de que a gran maioría dos cidadáns españois, teñan menos e cada vez menos.

Vexamos un pequeno exemplo:

Un cidadán español, (chamaremos o señor A) ten un salario de 1.000 euros mes, netos ou líquidos, despois de impostos.

Para realizar as compras necesarias para vivir, tiña que os gastar totalmente, cada mes.

Isto pasaba fai uns catro meses, por exemplo atrás.

No fin deste mes de setembro, recibe o seu salario de 1.000 euros líquidos de sempre e…

Terá que facer as mesmas compras de sempre para que a súa vida siga normalmente e, que acontece?

Verifica, na súa propia bolsa, que para facer as mesmas compras que antes necesita de máis 120 euros.

En termos prácticos é como os seus 1.000 euros agora só valen 880 euros.

O mes seguinte recibe na mesma os tales 1.000 euros e, o que verifica é que agora xa lle faltan 146 euros, o sexa que os seus 1.000 euros só valen 854 euros e, por aí adiante.

Este señor, perante esta inflación non chega ao fin do mes.

Por iso a pasividade dos españois perante esta situación non a comprendemos. A nós, realmente me penaliza dunha forma moi dolorosa, esta inflación.

Continuemos co noso exemplo.

Agora o noso cidadán (chamamos señor B), recibe un salario de 5.000 euros ao mes.

Este señor para facer a súa vida normal, gasta do seu salario unha cláusula de 1.800 euros (estamos a supor que ten hábitos máis elitistas).

Imos utilizar, os mesmos valores de inflación e así este señor B, perde o primeiro mes 216 euros e, necesita de 1.800 euros + 216 euros = 2.016 euros, como ten un salario de 5.000 euros, a pesar da perda de 216 euros, aínda lle restan aínda 2.984 euros.

Vemos perfectamente, que o señor A, non chega ao fin do mes e corre para unha pobreza e até se esta inflación persiste poderá chegar a unha pobreza severa. Por outro lado, o señor B, atravesa a crise en cuestión, con custos, mais, no entanto, sen un dano fundamental.

Non vale a pena proseguir o exemplo, pois está por de máis evidente, quen sofre de forma grave, as consecuencias da inflación.

Reparemos noutro pormenor: moitos dos comerciantes compra e venden produtos, e como é natural existen ciclos, en que compra produtos para despois revender. Entón estes sofren, cando compran, o aumento do custo das súas compras, mais, cando venden poden repercutir eses aumentos de custo. Así estarán fóra de sufrir unha perda líquida, más ganan.

Quen sofre a quebra de poder adquisitivo, son aqueles que non ten nada para vender, a no ser o seu a forza do seu traballo. Estes son os perdedores básicos.

Por outro lado, os grandes empresarios ven os seus beneficios aumentados e grazas a inflación.

Vexamos como os empresarios afrontan a inflación:

Empresario señor X compra os seus produtos por P

Actualiza os seus prezos pola inflación directamente co se valor da inflación Q

Como raciocina:

Valor do seu produto (chamemos ao produto W) que cando o vende, se pode estabelecer o seu prezo coa ecuación seguinte:

W = P + Q + Y

Que significa a letra Y > se trata dun beneficio (o lucro) extra, anormal, ou sexa, o aproveitamento da inflación en proveito propio.

Con este beneficio ou lucro especulativo Y, non é máis do que o poder de compra, retirado á maioría dos españois, pois, trasladan os seus ingresos para o enriquecemento dos máis ricos e poderosos.

Queremos recordar, que é posíbel estabelecer control dos prezos ou sexa do mercado, mais, para iso é necesario, intervir os gobernos no mercado.

Esta actuación, ten que ser feita a favor da maioría dos españois, que son os que sofren e non a favor dos que máis ricos son e que poden repercutir o aumento dos custos provocados pola inflación.

Esta situación mostrada coa ecuación enriba referida e que inclúe o beneficio Y, é perfectamente aplicábel aos distribuidores dos combustíbeis fósiles, e aos señores da enerxía eléctrica.

Terminamos recordando á poboación española, que existen señores que son membros de empresas eléctrica que feitas as contas auferem un salario diario de cerca de 89.000 euros ao día.

Só falta dicir que en semanas o movemento enriba referido de “xa basta”, en calquera dos países en cuestión xa levan máis de 500.000 inscritos.

E en España 0 (cero), de mobilizacións, todos cren como fose unha cuestión de fe incontestábel.

Por outro lado, o argumento dos grupos empresariais, non é outro, de que este non poden rebaixar os seus beneficios, que enriba referimos como os Y, ou sexa, os especulativos. E avanzan, que como moito, o que se pode baixar, na composición dos prezos é, a custa da renuncia da recadación do IVA, por parte do Estado.

Este argumento, non é máis do que chantaxear o Estado, pois, as corporacións empresariais, xamais deixarán de non aproveitar a oportunidade de se tornaren cada vez máis ricas a custa da poboación máis débil.

Estas corporacións, iso si, son os fieis gardiáns das “salvaxes imposicións dos mercados”, diametralmente opostas ao interese xeral das poboacións.

Este é o extraordinario momento, de se enriquecer aínda máis, a custa de quen case xa está no limiar da subsistencia e, este non van deixar escapar a ocasión, debidamente apoiados polo P.P. e pola á máis conservadora do PSOE.

Por todo isto, non entendemos porque as poboacións non se unen, para realmente se impor o control dos prezos.

Probabelmente estaremos todos anestesiados, ou somos masoquistas.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.