Non podemos esquecer que os americanos queren saír da súa crise, e para iso, ten que volver a expandir o seu comercio e crear as condiciones financeiras que debeliten a Europa, para se pasear polos mercados da mesma, sen competidores.
Por Jose Vieira
Estamos en guerra, así rezan as crónicas. En España temos en discusión, un PGE (Presupostos Xerais do Estado) para 2023, que realmente revelan esa situación, pois, como podemos ver, basta ollar para o incremento dos gasto coa defensa.
Ora ben, comeza neste punto, a razón deste texto, e para o cal non conseguimos albiscar moitas outras xustificacións, que non sexan, ou estarmos en guerra ou senón, satisfacer a voracidade insaciábel dos mandos militares deste país.
Canto a esta segunda razón, que é a que nos parece máis plausíbel, se debe a que, segundo unha información traída por unha pomba mensaxeira, que pasaba por cerca de onde nos encontramos, cuxa información traida no seu anillado, refería que os señores da defensa nacional ou eran os beneficiarios dun aumento substancial de medios financeiros ou non garantirían a súa pseudo neutralidade. Cousas dos tempos!
Se comprende moi ben esta situación, pois, estes son o soporte dunha transición, que xamais existiu ou que non se consumou de forma democrática, coa clasificación das responsabilidades inherentes ao pasado ditatorial, impondo a continuación de vasalaxe, pois se consideraron como os donos do País e, como tal, até foron magnánimos co pobo da pé.
Falemos da primeira razón, que era a de estarmos en guerra.
Xorde aquí, a nosa dúbida, que é fugaz e prontamente resolta. Nós, non estamos en guerra de verdade, o que somos é súbditos de xeonllos, perfectamente obedientes e submisos, dos señores da guerra.
Esclarezamos este parágrafo anterior.
Somos na realidade un país con, máis ou menos, outros 26, que estamos colonizados, de forma total e completa, como campos de exploración dos chamados señores da guerra.
Co tempo das antigas colonias, da época da expansión ultramarina, dos principais países colonizadores, nos referimos a España, Portugal, Holanda, Francia e por excelencia o Reino Unido. Esa a exploración era abertamente baseada na consideración de que os pobos onde aqueles se instalaban, non tiñan calquera dereito sobre si propios, a non ser a de serviren os seus “amos”. Se trataban esas poboacións autoctonas, como animais domésticos.
Pois, na actualidade, a situación cambiou completamente, dado que agora, os colonizadores, son outras xentes e, seguindo como referencia, as antigas compañías maxestáticas, como as diversas compañías das Indias.
Agora non son máis, compañías maxestáticas, mais si, grupos financeiros, que dominan de forma absoluta, as empresas que están na súa esfera de influencia (ver “A nova Orde” de José Vieira), e agrupados, sobre a común designación de “Amos do Mundo”.
Posto isto, chegamos aos señores que dominan as institucións financeiras, os gran fondos de inversión (por exemplo o “Black Rock”), os consorcios de armamento (como as principais 5 maiores empresas do mundo de de armas e outros equipamentos afíns), así como, os grandes consorcios de combustíbeis fósiles.
Claro que con esta guerra de invasión da Ucraína, por parte da Rusia, forma parte de toda unha estratéxica dos tales “Amos do Mundo”, que estando necesitados de liquidaren stocks de armamento, do tipo fabricado.
A razón é que os conflitos rexionais en curso, non gastaban o tipo de armamento en stock e, entón era necesario conseguir un conflito, onde o material existente fose necesario, en teatro de guerra.
Así, tiveron que crear un conflito para que como dunha causa humanitaria, se tratase, puidesen esgotar os stocks e por en marcha as súas maquinas produtores de material bélico.
De aí, se xerou o terríbel conflito, que se encontra en curso, que como referimos, só deberá parar, cando a produción normal das empresas armamentistas e os respectivos stocks, estean, nun equilibrio, por estes considerado aceptábel.
Razón porque non avanza o cesar fogo.
Por outro lado, os señores colonizadores actuais, están centrados, no entorno do país América do Norte (adiante só por siglas USA), que naturalmente non gustaban aparentemente, das dependencia das súas empresas, dos abastecementos indispensábeis das materias primas e, até doutros fornecementos, que formarán parte da evolución, da produción de enerxía, tan necesaria para a industria da USA, así como, para a súa poboación en xeral.
Non podemos esquecer que os americanos queren saír da súa crise, e para iso, ten que volver a expandir o seu comercio e crear as condiciones financeiras que debeliten a Europa, para se pasear polos mercados da mesma, sen competidores.
Falaremos agora, da necesidade da USA, de produción enerxética, pois, ten que evitar a emisario de gases contaminantes e o camiño escollido foron as centrais nucleares de novo tipo (SMR)
Así segundo os últimos planos da USA, estes pretenden construír cerca de 300 novas centrais nucleares do novo tipo, cuxa materia prima será o uranio enriquecido.
Falamos neste último caso na sustituición das centrais de produción de enerxía por carbón, así como por gas, por centrais nucleares, mais agora de nova xeración.
Este é un gran proxecto dos USA, que esperan estar completado en 2050, está condicionado, desde xa, a que consigan o fornecemento de centrais de nova gama, así como, do fornecemento do seu combustíbel o uranio enriquecido.
O calculismo americano, está en cheque e, como non, metendo dunha forma groseira os pés, na trampa que os propios fabricaron.
Basta atentar, que o fornecedor e construtor dos novos reactores de baixa contaminación, os chamados SMR (por certo xa aprobados nos USA), é unha industria rusa.
Estes son elaborados en serie en planta industrial, concretamente pola compañía estatal rusa ROSATOM, que igualmente enriquece o uranio, o recuperando, por exemplo, de entre outros modos, dos residuos das centrais nucleares tradicionais (o que era até agora un quebra cabeza, a neutralización dese lixo radioactivo), producindo a materia prima esencial para eses reactores de nova xeración.
Máis o que desde xa podemos avanzar, é que a asociación dos Produtores de Uranio da América xa se declararon estaren dependentes, enteiramente o case, do material importado da Rusia.
Este é o caso dos USA e, mais no caso da Europa, xa non é de case dependencia, é de total dependencia.
Por todo isto, a hipocrisía e as mentiras constantes e manipulación das poboacións, acerca das restricións impostas polos USA, e “seguidas relixiosamente”, pola Europa de xeonllos e submisas, contra a Rusia, só é realmente executada, nos itens, que interesan aos americanos. Recordemos que os USA, están a pagar á Russia actualmente, mil millóns de dólares anuais, polos fornecementos de uranio.
Que acontecería ao occidente, se a Russia deixase de fornecer o uranio?
Non contestamos, pola evidencia da hecatombe enerxética posíbel.
Por último, unha vez máis, sinalamos que o liderado nuclear, desde xa a case un lustre de anos, está xa, na man da China. Nin USA, nin Europa, xa contan como socias na mesma división.
Así os científicos chineses dominan desde xa o chamado ciclo infinito do uranio e máis, coa reutilización dos residuos nucleares, poden asegurar a súa utilización case infinita.
Terminamos, informando que os chineses, hoxe posúen tamén as maiores reservas de uranio do mundo. Engadimos que os nosos amigos americanos, nos lanzaron pola súa voracidade de poder, nunha crise cuxa dimensión e resultados parecen non teren máis fin.
Nós os Europeos, fomos arrastrados para o inferno, polos “amigos americanos” e esa é a certa razón da crise.
De aí o patrocinio total da América na implantación dunha extrema dereita, que xamais obstará a ser o comodin das voracidades americanas.
Se el primero en comentar