Apuntamentos sobre a política que impón Zelensky na súa Ucraína

a este señor non debe e, moito menos o mundo libre e democrático, conceder títulos que só teñen sentidos en persoas que realmente defendan os certos valores dun mundo libre de segregacións e de ideas totalitarias e fascistas

Por Jose Vieira

Non entendemos que se estea a colocar ó señor Zelensky, como un excelente dirixente e un demócrata e, até o presidente dunha república democrática, como Portugal, decidise, como presidente desa república ou sexa dentro das súas funcións, atribuírlle a Orde da Liberdade.

Antes de expor os argumentos que deben todos que ter presentes para que coñezan as razóns porque ese título non só non lle asenta como é unha inxustiza para todos os que son de verdade demócratas e que son verdadeiramente defensores da liberdade de todos os cidadáns.

Así queremos dicir, que estamos absolutamente en contra da invasión por parte da Rusia do señor Putin, da Ucraína. Nada pode xustificar ese tipo de actitudes e debía ser parada en novembro do ano anterior a esa invasión.

No entanto, aos intereses americanos iso era favorábel, pois, había un gran stock de material de guerra e, por iso, tiña que haber, sexa onde sexa unhas cantas guerras para facer non só baixar eses stocks e, así, poderen volver aos vultuosos beneficios as 5 maiores empresas de armas do mundo (non podemos esquecer que 4 das 5 maiores son americanas e a outra é inglesa).

Así, como facilmente poderán ter a oportunidade de ler neste texto imos expor as razóns porque xamais  a este señor non debe e, moito menos o mundo libre e democrático, conceder títulos que só teñen sentidos en persoas que realmente defendan os certos valores dun mundo libre de segregacións e de ideas totalitarias e fascistas.

Imos expor esas razóns numeradas para que sexa máis fácil a súa aprehensión:

1) Só son permitidos na Ucraína por este señor Zelensky os partidos por el considerados afectos e por el manipulados. Até ao momento prohibiu nada menos do que 11 partidos, entre estes o partido “socialistas”.

2) Alén desta ilegalización de partidos, fixo publicar na internet unha “lista de pacificación”, onde inclúe o nome e os datos persoais, de todos os que el considera non afectos ou inimigos. O ten utilizado para confiscar os seus bens.

3) Segundo a revista “The Economist”, a Ucraína non podía ser clasificada como un país democrático, pois se encontraba na clasificación mundial en 86 lugar, sendo, por tanto, considerado coa dirección deste señor, como un estado practicamente autoritario, encontrándose cerca do Senegal, co seu autoritarismo.

4) O goberno ucraíno, do señor Zelensky, e os seus grupos armados, aparentemente non gobernamentais, practican a tortura e a detención arbitraria, desde que foi este señor xurado como presidente. Está revelado no informe de 2021, da Human Rights Watch, que á súa vez recolle os datos da Misión de Observación dos Dereitos Humanos da ONU (ACNUDH), na Ucraína. Este “detectou alegacións de desaparecidos forzados, detencións arbitrarias e incomunicábeis, torturas e maos-tratos perpetuados con impunidade pola policía ucraína, principalmente dos servizos secretos (SBU)

5) O Departamento de Estado dos USA (Estados Unidos da América do Norte), Country Reports on Human Rights Practics sobre a Ucraína, anos de 2019, 2020 e 2021, describen o seguinte: “a ONU observou deficiencias significativas na investigación sobre abusos de dereitos humanos polas forzas de seguranza do goberno… como torturas desaparicións forzadas” e continúan “Ningunha xustiza, verdade ou reparación foi alcanzada para calquera unha das vítimas de desaparición forzado, detención secreta e tortura de civís polo servizo de seguranza da Ucraína (SBU) e en ningún sospeitoso foi procesado.

6) O día 21 de xullo de 2021 o presidente Zelensky, promulgou a lei dos Pobos Autóctonos (que faría envexa a Hitler), en que institúe un réxime racista que favorece en dereitos os “ucraínos puros” en relación aos que ten orixes familiares noutros países, mais son cidadáns nacionais desde a independencia da Ucraína desde 1991. Só recoñece dereitos plenos aos ucraínos de orixe Escandinavia, segregando, con espírito de apartheid, os de orixe eslava, en gran parte rusófobos a que chama “negros da neve”. Suprimindo tamén o ensino de todas as outras linguas que non sexan a ucraína, en especial a rusa, qu non pode ser nin utilizada.

7) Ese señor firmou os acordos de Minsk, no entanto confesou posteriormente que xamais os iría cumprir

8) Prohibiu as canles de televisión independentes, como 112 Ucraína, NewsOne, e ZIK, as radios privadas e públicas, foron intervencionadas para só emitiren a propaganda do señor Zelensky, o mesmo aconteceu cos xornais desde non fosen da súa respectiva cor. Foron igualmente prendidos os sindicalistas e xornalistas da oposición e inclusive un dos negociadores das negociacións para a paz na Turquía.

9) Creou campos de vacacións financiados polos diñeiros do Estado, para os referidos nenos dos ucraínos brancos, onde son adoutrinados e teñen instrución militar, incluíndo os pre0adolescentes. Ten mandado queimar todos os libros, entre eles os clásicos, como unha limpeza idéntica á que fixo Hitler.

10) Tense servido de escolas e hospitais para instalar ao seu abrigo bases militares. Comprobadas en 22 casos entre 29 visitadas. Ten creados varios centros de adestramento de milicias da extrema dereita, asunto divulgado polo periódico portugués “O público”, con a finalidade de vir a seren elementos de futuras milicias. O coñecido e respectado periódico The Guardian, chamou a actuación da milicia fascista denominada Batallón Azov, así como a súa participación no propio goberno. Sobre o mesmo se pronunciaba outro órgano de comunicación social The Independent, referindo como neofascista o referido Batallón Azov. O coñecido fascista Stepan Bandera é referido polo señor Zelensky como un verdadeiro heroe e un dos que defendeu a liberdade da Ucraína.

Os gobernos deste país desde que o señor en cuestión é o seu presidente, integran no seu goberno os máis proeminentes e coñecidos neofascistas.

Estas son algunhas das moitas razóns porque non deben ser concedidas honras a este señor, en nome da democracia da liberdade e, máis, que teñamos todos a consciencia que apoiar este señor, no goberno da Ucraína é estar a apoiar o regreso na Europa dos neofascismos. E teñamos por certo, que eses tipos de gobernos, non son nin democráticos nin fomentan a liberdade dos cidadáns.

Pensamos que con estas notas, podemos axudar a caracterizar mellor a figura do referido señor.

Coa debida venia, para co señor António Matos Vilarigues, pois, utilizamos algúns seus argumentos, nestas nosas notas.

Reiteramos nel a nosa homenaxe a si propio e a seu pai, Sergio Vilarigues, así como a súa nai, Maria Aida Barbosa Nogueira, ambos foron dous grandes loitadores pola liberdade e democracia en Portugal, sufrindo, durante a ditadura de Salazar, a persecución, así como, seu pai 11 anos de prisión e 32 anos de clandestinidade, mentres súa nai, estivo arrestada 9 anos e dous meses.

Esta si, Maria Aínda Barbosa Nogueira, foi agraciada coa Orde da Liberdade, en 1988, polo entón Presidente da República Portuguesa Mário Soares.

No entanto téndolle sido ofrecido a Ordem da Liberdade a Sergio Vilarigues este a recusou.

Así que tamén nos parece ser un ultraxe a todos os loitadores pola liberdade e democracia de todo o mundo e, até un crime, que o Presidente da República Portuguesa o señor Marcelo Rebelo de Sousa, atribuíse esa honra a un verdadeiro neofascista que tamén é un criminal de guerra.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.