Unha solución definitiva para a crecente pobreza

Por Jose Vieira

Se busca, desde varios ordenamentos políticos, as ferramentas económicas adecuadas para eliminar o estado de pobreza, no mundo en que vivimos.

Temos visto algunhas tentativas e as súas respectivas aplicacións, consubstanciadas cos indubidábeis instrumentos económicos, necesarios a súa consecución. Todas estas tentativas ten sido efectuadas, con vista a minorar as dificultades dos paisanos, na súa loita por vivir con dignidade no planeta en que vivimos.

Son os máis variados os instrumentos económicos, de que se teñen servido os responsábeis das políticas económicas, nos distintos países ou rexións, sempre e cando se preocuparon por sacar adiante as súas poboacións máis débiles.

En xeral, case sempre se preocuparon por faceren entregas monetarias (chamadas subsidios ou tamén ingresos), dunha forma periódica, para que dunha forma complementaria, os respectivos beneficiarios puidesen de maneira máis tranquila, garantir a súa existencia material (isto significa, poder acceder a vivenda digna, á educación e formación dos seus fillos, a saúde do núcleo familiar e a todos os servizos propios da sociedade en que viven).

Case todas esas “cantidades monetarias”, estaban dependentes de que os destinatarios, desenvolvesen un calquera conxunto de formalidades, para que os servizos administrativos, encargados de xestionar o instrumento en cuestión (a cantidade de diñeiro a conceder), puidesen crer, que o concorrente estaba en condicións, de ser contemplado, co respectivo subsidio.

En xeral, as obrigas administrativas para que fose posíbel, ao presunto demandante a axuda, ser admitido ao respectivo programa, resultan ser tan difíciles de cumprir, pola súa excesiva complexidade, quere na contestación e elaboración da documentación a entregar, para que a candidatura sexa admitida, que resulta un autentico pesadelo para o concorrente.

E aínda máis, en xeral, se fai un auténtico desexo da vida privada do concorrente.

Igualmente os demandantes a esa axuda, se atopan cunha situación igualmente difícil para moitos, que se trata de declarar, por escrito a súa situación de carencia e, case sempre a creación dun estado de humillación, ao ser descuberto por seus achegados, nas filas de espera de atención para os subsidios. Se trata dunha estigmatización traumática.

Outras veces, acontece que a persoa que ten necesidade do subsidio, sempre tivo posibilidades de vivir co seu traballo actual, até a un momento realmente moi próximo da súa petición de auxilio e, no entanto, circunstancias inesperadas, o deixaron e a súa familia en estado de pobreza. E temos neste momento, unha outra restrición case sempre difícil ou imposíbel de superar pois, non cumprirá algúns dos itens das regras para a súa concesión (por exemplo traballou no período anterior e, como tal, non se enmarca nas debidas condicións).

A historia destes subsidios é moi complicada e vén de lonxe. Ten decenas de anos de vivencias controvertidas, de boas intencións, de proxectos grandilocuentes, no entanto, priman por quimeras falladas ou situacións meramente paliativas, que xamais resolveron os problemas a que se propoñan.

Tamén é habitual, en todo o que son instrumentos de políticas sociais, sobre todo sempre que se pretende resolver o problema da pobreza existente e a emerxente, se depara unha outra cuestión, esta sendo de teórica económica.

O mundo en que vivimos, a que podemos chamar dunha forma máis conceptualmente correcta, “O CASINO EN QUE VIVIMOS”, está somerxido, á orde dos chamados seguidores do neoliberalismo, e súas variantes. Máis, mesmo sobre os que desenvolven as regras de xogo e, de acordo cos dogmas do neoliberalismo, existe a sombra ordenante, que son os “Amos do Mundo”.

Como tal, o neoliberalismo non deixa seguir a economía, a non ser polo camiño da desigualdade sen límites, é entón cando os DONOS DO MUNDO (suxeitos cuxo desexo beneficios económicos é insaciábel), consideran que aínda é pouco o que teñen e, impoñen unha cada vez maior dependencia a nivel dos países pois, non pode ningún deles, saír dos camiños do seu control.

 Todos os que poden ou conseguen estar dalgunha maneira, alleos a ese control, son axentes do mal e inimigo da civilización da OCDE, imposta por “Os Amos do Mundo”, eses fóra da súa lei, son os chamados axentes do mal (léase a China, Cuba, etc.).

O que resta para os que gravitan na súa orbita?

 Se pode sintetizar dunha forma moi escueta, austeridade, desigualdade ilimitada, gran pobreza e, naturalmente nun futuro próximo, a pobreza severa.

Regresando ao problema de como resolver a cuestión das desigualdades e, da pobreza cada vez máis visíbel, que neste momento, é aínda máis profundamente notoria, por virtude da coincidencia coa pandemia, podemos avanzar, que os poderosos o que pretenden é regresar ao estado anterior (ao seu chamado estado normal anterior).

No entanto, coa vantaxe de que agora existirá unha maior lexión de pobres, o que para eles, significa a man de obra (agora máis vultuosa) servil, cordata e manipulábel (e máis, estes pobres están agora reforzados, cun conxunto de traballadores, xa con boa formación, que non encontran traballo, nas súas respectivas especialidades) e, por tanto, dispoñíbel para os seus intereses inconfesábeis.

Como enriba referimos, unha das invencións do mundo en que vivimos, é realmente condicionar as persoas que carecen de medios, pola inxustiza da sociedade en que viven, a seren maleábeis e dúctiles, de tal forma, que o sistema as domestique a través dos tales subsidios condicionados (non esquecer que os subsidios crean unha dependencia autenticamente esmolar e humillante).

Esta situación, condicionada, conforme a palabra indica, que depende dunha ou varias circunstancias, ou sexan os requisitos persoais para acceder a algunha cousa concreta, o subsidio. Servímonos de esta definición, que por súa simplicidade, ilustra as limitacións de toda a cousa en que ela se suma.

Por iso os señores executores desas pseudopolíticas sociais, sempre xuntan ese adxectivo, para sementar de escollos o territorio e, como tal, presentar as referidas actuacións, como na realidade, se tratase dun mero “show of”. A cantidade de exemplos, son moitos á praza dos tempos e dos territorios e países.

A pesar destas consideracións, ten habido en varios países, moitos movementos xurdidos dos máis diversos autores e inspiración, e até, de gobernos que en determinado momento, buscan solucións realmente máis cabais e oportunas, para que os seus concidadáns.

O que pretendían, eses políticos ben intencionados, é con toda a certeza, atallar dunha maneira efectiva a lacra da pobreza.

Desde este punto de vista, ten xurdido innumerábeis, complementos so a forma de subsidios coa finalidade de axudar as persoas con carencias, a levar unha vida mellor.

No entanto, nos imos aproximando de España, dado que os exemplos máis próximos, son sempre máis fáciles de se entender.

En España existen unha cantidade innumerábel de subsidios das máis variadas formas e feitios, en cada CCAA, teñen os seus programas de actuación social, no sentido de minorar as dificultades das poboacións “chegaren ao fin do mes”.

E como non, o recente fracaso do Goberno presente de coalición, ao desenvolver e enganar a poboación co Ingreso Mínimo Vital, todo un timo a cidadanía. Un atentado a intelixencia do pobo español.

Estes esforzos, son en xeral moitísimo meritorios e, realmente teñen axudado as poboacións, no entanto, os resultados son o mantemento dos cidadáns en situación de pobreza e claramente condicionados a seren pobres e servís.

Esta crítica dura e impiedosa, ten a ver que até hoxe o que se ten programado en España, é o mantemento dos pobres, como pobres, à base de subsidios que son nada máis do que esmolas.

É neste momento, que volvemos a retomar a idea ou razón segundo a cal, se tratan de meros paliativos de carácter de publicidade enganosa pois, se tratan de subsidios con carácter CONDICIONADO.

Esta é a primeira das moitas incongruencias dos chamados subsidios de auxilio aos cidadáns en estado de carencia.

Se o Goberno Central e ou Autonómico, condicionan un subsidio, isto significa, que o apoio é selectivo e, como tal, está dependente dunhas condicións de acceso “condicionadas” meramente arbitrarias, dependente de xuízos de valor aleatorios.

Outro dos problemas destas pseudo axudas, resulta de que nunha familia, por exemplo, recibe o pai e non recibe nin a muller nin os fillos. Isto parece pronto de inmediato unha discriminación e, unha limitación debidamente estabelecida e intencional, de dependencia de xénero e familiar.

Aquí se fere dunha forma, absolutamente irresponsábel, o carácter que debe ter a axuda que é a súa UNIVERSALIDADE, que debe ter o apoio pois, non debe nin pode ser selectiva, en relación a posición, do beneficiario dentro do agregado familiar.

E máis, moi máis, os subsidios de apoio à cidadanía, non poden nin deben restrinxir sexa a quen sexa, pois, todos os suxeitos queren cidadáns ou non, coa nacionalidade do país ou polo simple traxe de vivir legalmente no país, todos teñen dereito a recibir ese subsidio. Os gobernantes do Estado, ten que ser ecuánimes, isto quere dicir, que todos deben recibir un subsidio de igual importe e, sen condicións, sexan ricos ou pobres.

Este é, a extensión da certa UNIVERSALIDADE

Rapidamente, nos aproximamos do erro fundamental, destes subsidios condicionados segregacionistas (non universais), que é seren calculados á inversa, ou sexa, temos 1200 (dunha unidade calquera), e dividimos por uns cantos cidadáns e, como tal restrinximos o seu importe (para cada usuario) ao límite dispoñíbel.

Como todos sabemos, máis do que sobradamente, que a metodoloxía debe seguir outro camiño, que é estimar cal é o valor, que abaixo da cal, non é posíbel vivir dignamente.

Dito dunha forma máis habitual, primeiro se ten que calcular cal é o limiar (tamén chamado patamar mínimo) de pobreza e, a partir dese valor, conseguir que ningún español se quede de fóra dese importe.

 Isto significa igualdade para todos os cidadáns de España, ou residentes legais no país, perante a eliminación da pobreza.

Isto non é nin UTOPÍA, nin tan pouco ignorancia. Se trata de obter un instrumento de economía, que permita realmente sen problemas, responder a esta situación.

Normalmente as críticas que son costume opor a esta ferramenta, son postas polos neoliberalistas e, igualmente dunha boa parte de elementos saudosistas do traballo esforzado e da loita desenvolvida outros tempos, que non admiten que se poida recibir do erario público sen traballo actual.

 Outra das posicións críticas, ten a ver igualmente cos medrosos e subservientes políticos de quenda, pois, os medios para este instrumento a que todos temos o nome debaixo da lingua, non só é posíbel, como por todas a razóns económicas e financeiras de España, que desde xa é necesario, se trata da xubilación fiscal imprescindíbel e indispensábel. Feita esta, haberá os medios necesarios para financiar unha

RENDA BÁSICA UNIVERSAL E INCONDICIONAL.

Non esquecer que todos reciben a Renda Básica Universal Incondicional, mais que axustaron as respcetivas contas, coas Finanzas de España na súa declaración da renda unha vez por ano. Serán beneficiarios desta xubilación fiscal cerca de 80% da poboación.

Esta se, será o instrumento indispensábel e, que de verdade, resolverá o problema da desigualdade en España e que mostrará un índice de Gini, realmente máis correcto.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.