Unha efeméride, Federico Fellini

O noso contacto con Fellini, comezou coa visualización da película “A Estrada” (La Strada), de 1954, que podemos ver o ano de 1957, sendo na altura un moi mozo apaixonado polo cinema.

Por Jose Vieira

Non somos un cinéfilo no certo sentido do termo, no entanto, sempre nos gustaron as películas do guionista e do director de cinema italiano, Frederico Fellini.

A noso modesto ver, sempre pensamos que o cinema italiano, nos deu algúns dos mellores directores e guionistas, do período tras a Segunda gran Guerra Mundial.

Non podemos deixar de referir, Frederico Fellini, Vitorio de Sica, Bernardo Bertoluci, entre outros.

As súas películas, nos deixaron sempre un sabor de boca extraordinariamente gostoso e unha visión inesquecible da persistencia das excelentes tomadas de súas imaxes.

Este realizador, sempre nos impresionar, coas súas viñetas, as súas caricaturas, os seus deseños humorísticos e a súa extraordinaria capacidade de dominar o cómico, o fantástico e até o grotesco.

Tamén se di, que estivo moi influenciado polos comics americanos, mais tamén nos gusta de evidenciar, os seus horizontes que soportaban esbatidas as súas siluetas das súas personaxes.

Este realizador, será sempre un referente non só para os amantes do cinema das décadas dos cincuenta até ao fin da súa larga carreira, que para nós se encerra coa película Ginger e Fred, de 1986.

O noso contacto con Fellini, comezou coa visualización da película “A Estrada” (La Strada), de 1954, que podemos ver o ano de 1957, sendo na altura un moi mozo apaixonado polo cinema. No entanto, bastante máis tarde tivemos a oportunidade de volver a ver esta película, a través da súa exhibición en varios cineclubes, que póla altura frecuentabamos.

É unha película producida por Dino de Laurentis (gran produtor de cinema italiano) e, coa dirección de Fellini. O seu reparto, couben a súa muller Giulietta Masina e Anthony Quinn. Se trata dunha fantástica obra do período neo-realista. Gañou o Oscar da mellor película de lingua non inglesa en 1956.

Aquí comeza a nosa adición ao cinema de Fellini, que se irá prolongar, alimentada por outras excelentes súas películas.

Con algún espazo de tempo, e xa ao final da década de 50, podemos ver outra súa obra que de forma moito nos impactou, se tratou de “As noites de Cabiria” (Le notti di Cabiria), estabamos no final da década de cincuenta, esta era de 1957, téndoa visto en 1960. Cun excelente desempeño de súa muller Giulietta Masina, encarnando o papel dunha prostituta, da zona de Ostia en Roma (se basea nunha anterior película italiana de 1914 de nome “Cabiria”).

Aínda non estabamos refeitos do festival de cinema con que nos tiña regalado Fellini e, nos regala cunha das súas máis coñecidas pezas cinematográficas “A doce vida” (La dolce vita) esta película é dos anos de 1960. La vimos en 1961.

Tratase dunha peza de cinema, escrita e dirixida por Fellini en 1960. Tivo un reparto, que deixou todos os cinéfilos aos seus pés, de tratou do italiano Marcello Mastroianni, da sueca Anita Ekberg e da francesa Anouk Aimée.

Esta película, creou un estado de espírito nas xuventudes de entón, que se viran desexosas de seguir os patróns dun doce vida onde o que era necesario era gozar da mesma.

Por esa altura xa estabamos rendidos, ao talento do artista e director de cinema Fellini, como tal non podía deixar de acontecer, fomos postos perante unha outra obra mestre, 8 ½ (Otto e mezzo). Tratase dunha obra producida en 1963 e que a vimos varias veces en cine clubs, en ciclos do cinema italiano.

Tratase dunha produción franco-italiana, sendo un drama e, que tivo como protagonistas, Claudia Cardinale, Anouk Aimée e Marcello Mastroianni, como seus principais actores. Este filme ten tamén unha curiosidade é que foi filmado en branco e negro.

O fascínio polo seu cinema, continuou a crecer, aparecendo en 1965 outra súa formidábel obra, que se titulaba “Giulieta degli spiriti” (Julieta dos espíritos), que era protagonizada por súa muller, Giulia Anna Masina, coñecida artisticamente, como Giulietta Masina. A película en cuestión só a podemos ver en cineclubes, pois, tratase dunha produción dos años setenta.

A última das películas que vimos, máis ou menos tras como viñan sendo postas en circulación, tratouse de “Amacord”, que significa que “me lembro de” unha palabra de uso na rexión Emília-Romana, cuxa súa orixe é románica (nesta rexión se sitúa Rimini) e, que veu à luz o ano de 1973, gozamos da mesma o ano de 1975.

Como non podía deixar de ser, en determinadas ocasións, tivemos ocasión de volver a ver estas películas referenciadas, así como, a case completa súa obra, onde constan cerca de vinte películas.

Como referimos enriba Fellini, foi un extraordinario guionista, participando cos seus guións en máis dunha larga trintena de realizacións cinematográficas, con realizadores como Mario Mattoli, Mario Bonnard, Jean de Limur, Riccardo Freda, Osvaldo Valenti, Roberto Rossellini, Duilio Coletti, Goffredo Alessandrini, Alberto Lattuada, Pietro Germi, etc.

Pois este gran cineasta, mereceu varios premios (se indican as películas a seguir ao año en que foron atribuídos os respetivos premios:

– 1954 OSCAR a mellor película de fala non inglesa

A Estrada

-1957 As noites de Cabiria

– 1963 8 e ½

– 1975 Amacord

– 1987 BFTA

– 1993 OSCAR prêmio a traxectoria profesional

Palma de Oro do Festival de Cannes de 1960 pola Dolce vida

León de ouro honorífico en 1985

Frederico Fellini, naceu na cidade de Rimini, na provincia Emilia-Romana, o día 20 de xaneiro de 1920, falecendo en Roma a 31 de outubro de 1993 (de aí o título do seu filme Amacord).

Foi casado coa gran actriz de teatro e cinema Giulietta Masino, conforme enriba referimos ese matrimonio se efectuou en 1943.

Este director e guionista, foi un dos máis importantes homes da sétima arte (como se designa moitas veces este tipo de arte), que admiramos, nese período da nosa vida.

Fica aquí, este noso texto, que é unha homenaxe que queremos prestar a este grande artista, director de cinema e guionista, que foi e é considerado o realizador de cinema máis importante do seu país a nivel mundial.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.