Alberto Gonçalves

A loita da clase obreira galega non se confina

Non imos confinar a loita sindical mentres a clase traballadora continúa a padecer todos os días agresións en forma de recorte de dereitos, de precariedade, de empobrecemento salarial ou de brutal explotación. Non imos deixar de saír as rúas mentres o empresariado continúa a vulnerar os nosos dereitos, nin mentres os gobernos español e galego ollan para outro lado diante da desertización produtiva que ameaza con facer crónica e permanente esta nova crise. Non. O sindicalismo nacionalista e de clase, combativo, asembleario e de contrapoder, non imos parar.