Os pais da estratexia da terra queimada: PP + VOX

o Partido Popular, do ultra direitista Feijóo, que foi de centro dereita, ten emigrado, desde os tempos do señor Rajoy, cada vez máis a dereita, invadindo o feudo da extrema dereita e, ultimamente, copiando o modelo de Benito Mussolini

Por Jose Vieira

Polos ventos que sopran, a través da atmosfera que respiramos, en España, nos deixa a impresión de que a dereita política, non só non existe, pois, transformouse, nun vehículo que se despraza para unha extrema dereita, a pasos de xigante.

Parece ser, coa idea de non perder clientela, e porque o partido asentado nesa marxe (VOX), ten conseguido facer pasar a súa mensaxe con éxito, a unha poboación envellecida e saudosista do franquismo, co apoio da igrexa católica, así como “catequizado” unha correcta xuventude que se encontra dependente dos seus maiores, dado que é unha xeración moita dela de “nins”.

Ese partido, a que nos referimos, o Partido Popular, do ultra direitista Feijóo, que foi de centro dereita, ten emigrado, desde os tempos do señor Rajoy, cada vez máis a dereita, invadindo o feudo da extrema dereita e, ultimamente, copiando o modelo de Benito Mussolini, entrou nos insultos, nas mentiras e ataques ás familias dos dirixentes doutros partidos, recordando os momentos da instalación do fascismo italiano.

Concluíndo, o Partido do señor Feijóo, se instalou no camiño que conduce ao neofascismo mussolinico.

Que necesita o actual goberno, co presidente do mesmo, recentemente regresado dun interregno de 5 días, o señor Pedro Sánchez, que conseguiu enervar a oposición, dos partidos de extrema dereita, que debemos recordar, que son na actualidade, o Partido Popular do señor Feijóo (pois, cremos que aínda hai xente normal neste partido) e dos seus tutores ideolóxicos o Partido Vox, só necesita de conseguir aprobar os presupostos (orzamento Xeral do Estado), para o ano de 2025, o que deberá ocorrer o próximo mes de decembro, parecendo que non terá demasiada dificultade de reunir os apoios que demostrou ter, como se verificou na votación da moción de confianza, a cando do seu segundo mandato.

Debemos recordar, que pode ser encarado apoiar este goberno, presidido polo señor Pedro Sánchez, como un mal menor, bastando para iso, o complot formado polos Partidos Popular e Vox, irmandados, na destrución, por exemplo, das linguas catalá-valenciana-balear e até ao galego, dos dereitos das mulleres e a culminar coa reivindicación constante e até continúa, da memoria do Franquismo.

Non podemos deixar de recordar, o bloqueo, que os mesmos partidos, o Popular co apoio da súa matriz ideolóxica Vox, fan do poder xudicial, tendo aí o seu parque de intervención e bloqueo da gobernación e, tendo a pouca vergoña e até cinismo, de afirmar publicamente, que é o actual goberno, que manipula o poder xudicial.

Tampouco se entende moi ben como as masas traballadoras, non son capaces de ver que existe, aínda que de forma lenta, unha recuperación dos dereitos laborais.

Más non entendemos como estas non están a apoiar de forma masiva o mantemento de un goberno que parece ter a intención de ir de máis no campo social, en favor dos máis desfavorecidos.

A progresión vai naturalmente?

Basta estar atento, para se poder ver que o bloqueo das posíbeis mellorías se debe ao bloqueo do PP e do Vox e, dos instrumentos ao seu servizo, a CEOE, máis a Banca e, como non, a igrexa católica.

Claro que o goberno cometeu moitos erros, sendo moi destes, ocasionados por tentar encontrar camiños alternativos aos que debía tomar, co obxectivo de ver se conseguía superar os bloqueos.

Cremos sinceramente que un dos máis calamitosos erros do goberno de coalición, estivo na creación dunha medida que xamais sería a solución necesaria para un quarto dos españois en risco de pobreza (11 millóns), o INGRESO MÍNIMO VITAL, cando dese quarto cerca de metade (cerca de 5,2 millóns), xa está en risco severo de pobreza.

Todos sabemos, que a única solución que podía resolver o problema da desigualdade social e, como tal, da pobreza endémica en España, sería a implantación dun RENTA BÁSICA UNIVERSAL.

Faltou a coraxe, faltou a enerxía e a capacidade de negociar debidamente cos apoios de que despuña, para conseguir que o PP e o Vox, ficasen na estacada e se puidese implantar tal medida salvadora.

Este goberno que parece poder continuar, terá que ter máis coraxe para dicir non ao material de guerra e máis diñeiro para as políticas sociais.

O goberno en exercicio non pode deixar de impor, por exemplo, custe o que custar, a eliminación da chamada lei mordaza, tanto do gosto do VOX e do PP.

Xamais será unha boa opción para un país como España, gastar o que se propón gastar, tras a imposición americana e da Unión Europea, gastar o que se propón gastar en gastos extra militares, disfrazadas en varios presupostos, de distinguidos ministerios, se tornando nun país belicista.

Esta situación apoiada incondicionalmente polo PP e VOX, só serve as necesidades inconfesábeis do líder militar mundial, os Estados Unidos da América do Norte, que lanza os seus aliados en aventuras militares, para poder impor a venda de material de guerra, para equilibrar as contas dos sus oligopolistas do material de guerra (que dos 5 cinco maiores do mundo, 4 maiores son americanos).

Como é posíbel que se teña presentado, o día 24 de abril, nos periódicos, unha denuncia levada a efecto, polo grupo neonazi “MANS LIMPAS”, baseada en informacións periodísticas non confirmadas. Este grupo, que tamén se titula como un pseudo-sindicato, que só pode ser formado por franquistas e seus herdeiros, xa fora anteriormente condenado polo xuíz Juan Carlos Peinado, por corrupción.

No entanto, o xulgado de instrución, número 41 de Madrid, por man do seu titular, admitiu a trámite a denuncia e, se a declarou secreta a causa.

Recordemos que o Supremo xa admitira a uns tres anos atrás, unha querela do rei emérito e corrupto, tamén alicerzado en informas da prensa e falsas.

Non podemos deixar de perante tales situacións, preguntar, na man de quen está a balanza do poder xudicial?

Terminamos este, denunciando, que desde da pandemia do Covid, o PP e Vox, teñen desenvolvido unha estratexia política, cun único fin o de evitar que se constitúa un goberno, mesmo soamente progresista, socorréndose de todas as posturas, non escusando a mentira e as falsas informas e as repetindo incesantemente até a saciedade.

Más o señor Feijóo, mas o patrón de Vox, se ten servido dos insultos maiores e máis bordes ao goberno e aos seus integrantes.

Basta xa de seren mal educados e falsos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.