Perder poder de compra e inflación

As empresas están a trasladar, non debidamente, os crecentes custos aos consumidores, dos aumentos de enerxía e dos problemas de entregas de compoñentes, ou sexa, as rupturas na cadea produtiva.

Por Jose Vieira

Un dos problemas esenciais, para os políticos, non é unha crise inflacionista, provocada por un exceso de diñeiro na man dos consumidores e, en contrapartida unha oferta de bens máis escasa.

O certo problema está na multitude de empresas pagando altísimos dividendos, mentres por outro lado as persoas pasando mal e os gobernos de quenda, sobrevivindo na voráxine dos bonos.

Por outro lado, os empregados van esixindo que os seus salarios deben polo menos, seguir a evolución dos prezos.

Segundo o influente economista Patrick Artus, da Escola de Economía de París, este declara que “os empregados teñen todo o interese en perder poder adquisitivo”.

Non entendemos, de forma inmediata esta súa afirmación e por iso vexamos os seus argumentos de forma.

Este afirma textualmente (a responsabilidade de tradución é nosa), “que se o grao de indesexación dos salarios aos prezos aumenta, ex post, este desenvolvemento será desfavorábel para os empregados”.

Pasemos a súa demostración (de Patrick Artus):

1- Unha maior indesexación conducirá a unha maior inflación.

2- Unha inflación máis potente e máis instalada, conducirá a unha política monetaria do Banco Central, máis restritiva e, como tal esta xeraba unha recesión máis forte e prolongada.

3- A recesión instalada, a consecuencia da defensa do poder adquisitivo de cada un dos traballadores, se pagaría ao final por todos os traballadores con maior desemprego.

4- Por outro lado, se a indesexación dos salarios é baixa ou débil, as taxas de interese do banco central, poderán permanecer baixo e, os gobernos poderán seguir endividando-se, para compensar os aumentos de prezos a través de axudas sectoriais”.

Estes catro argumentos, foron transcritos do seu correo persoal.

Perante estes argumentos, podemos facer unha reflexión sobre o que pasou na década de 80 do século pasado e, nese período se practicou unha alta indesexación de salarios, o que levou a unha subida desbocada dos prezos, a unha alta inflación e a un aumento moi grande das taxas de xuro o de intereses. Todo isto acompañado dunha diminución do emprego.

Finalmente isto non foi o esencial para o dominio da inflación, polo menos temporalmente.

Engadamos outros argumentos relevantes para a situación e que ocorreron simultaneamente:

Un mercado de traballo en expansión, con salarios máis baixos ou moi baixos, un aumento do traballo temporal, o traballo por uberización, o traballo pagado a tarefa e, un aumento de desigualdades no traballo por cualificacións do mesmo.

Partillamos aquí unha das súas conclusións pois, son estes factores que na actualidade están en crise estrutural.

Non podemos deixar de referir unha nosa conclusión, igualmente tamén partillada por aquel autor:

“Os señores dos bancos centrais, sempre pretenden acabar coa inflación á custa dunha recesión e do desemprego inherente”.

E como podemos ver esta é unha política económica e socialmente moi má.

Máis, segundo a nosa opinión esta política non sería eficiente, fronte a unha crise estrutural, que sempre xera o crecemento e, tamén, a unha inflación persistente e non pasaxeira.

Así non parece que a inflación se estea a dominar.

As empresas están a trasladar, non debidamente, os crecentes custos aos consumidores, dos aumentos de enerxía e dos problemas de entregas de compoñentes, ou sexa, as rupturas na cadea produtiva.

O que se está a ver é unha maior distribución de beneficios e dividendos.

O que estamos de acordo e, nos parece unha política acertada, sería unha indesexado dos salarios, como mínimo á inflación, mais que esta indesexado non sexa o alimento daquela e, para isto, basta desindexar os beneficios das empresas.

Mais atención, que nin todas as empresas están con súper-beneficios, mas as que están, son facilmente detectábeis, a través de ss contas por a Facenda.

E paradigmáticas estas son, os bancos, as financeiras, as petrolíferas, as distribuidoras de combustíbeis e con as enerxéticas á cabeza.

Infelizmente haberá necesidade dunha subida dos tipos de xuros dunha forma máis ou menos duradeira, con vista a dominar a inflación.

Non imos esquecer, que os tempos para que resulten os axustes necesarios, para dominar unha inflación, nunha política monetaria, son bastante largos e, anormalmente neste ciclo.

Terminamos, denunciando a intencións dos gobernadores dos bancos centrais, pois, estes o que desexan é a baixada dos vencementos dos traballadores e que aumente igualmente o desemprego. Esta sua medicina.

Todo isto, se pode dicir que o que lles vai ben é unha política monetaria francamente recesiva, o que de certo modo significa acusar os traballadores por defenderen o poder adquisitivo dos seus salarios.

Por aquí nos ficamos, por non partillar outras posicións do referido economista francés, por ser moi discutíbel a súa eficiencia ou por o menos na práctica.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.