O exterminio de seres humanos como ratas infectadas

As limpezas feitas en serie sobre as poboacións de Gaza, ten como obxectivo a eliminación o a simple expulsión, dos que aínda resten vivos (son cerca de1,4 millóns de persoas, na actualidade bloqueadas), sendo cerca de metade destes, nenos indefensos e sen outro crime, o de naceren

Por Jose Vieira

Os nosos tempos de nenos, como viviamos nunha vila pouco urbanizada e onde faltaban as condicións xerais básicas, de saneamento e tratamento de residuos, a autoridade, de tempos en tempos, facía unhas dilixencias sanitarias para eliminar, entre outras especies nocivas, as cascudas e sobre todo as ratas, que chegaban e ser descomunalmente grandes.

Era algo moi necesario pois eses animais, non producían ningún valor a sumar a sociedade, antes polo contrario, atraian e divulgaban inmensas enfermidades, algunhas destas de difícil tratamento.

Infelizmente, na actualidade, parece que o país dos “Amos do Mundo”, que ten na actualidade como figura externa de “caixeiro viaxeiro” (falamos de Joe Biden), un vendedor de armas perfectamente anquilosado, ten vindo a apoiar pola porta do cabalo, día si e de fronte día non, a operación de limpeza étnica, do pobo autóctono, no Territorio Palestino, como de vermes ou de ratas se tratase.

Por outro lado, ese mesmo señor, aparece unhas cantas veces a facer de filántropo, e avanzando con algún apoio filantrópico, mais pronto, en discursos de inmediato, convida e dá apoio, para que Israel, invada o Irán, ou polo menos o ataque.

Tratase máis dunha especial covardía, que os membros da dirección da Unión Europea, aplauden até ficar exaustos, pois o comisario policial americano, así determinou.

Neste momento, temos algunhas dúbidas, se continuaron os señores americanos, incólumes no seu territorio, a comer palomitas e a ver películas onde os bos emigrantes americanos, invadían o Oeste e exterminaban os pobres indios peles vermellas. Pensamos que esta paixón por exterminar poboacións indefensas, é un habito, que os expatriados e delincuentes ingleses que foron expedidos para o “Novo Mundo”, transportaron no seu ADN.

Tamén é interesante, recordar, que estes señores da GUERRA, tamén chamados de americanos, sempre lles gustou vestir o uniforme de vixías do mundo e, creando conflitos bélicos un pouco por todo o mundo… mais sempre lonxe do deu territorio, para mostrar que o seu espírito de “SHERIFF”, do Oeste, continuaba vivo.

Mais o que aconteceu e ten acontecido, é que o “sheriff” e os seus delegados desde o final da Segunda gran Guerra Mundial, soamente ten lanzado a morte, as destrucións e “orgullosamente” ten saído derrotado e humillado en todos os conflitos en que ten metido. Basta só referir algunhas, como a Guerra da Corea ou a de o Vietnam, así como, as mentiras intolerábeis como as armas de destrución masiva, para destruír o Iraq e o poder do seu aliado Sadam Hussein, pasando polo apoio dado ao fascista Sha de Persia, con outra brutal humillación.

Mesmo así, como o que teñen é que vender armamento, para equilibrar a súa economía en franca crise, crean un cerco ao inimigo, RUSIA, que para consumo interno (do pobo americano desinformado polas cadeas de información manipuladas polos dous bloques, demócratas e republicanos, continúan a ser o máximo inimigo comunista), continúan apegados aos tempos das persecucións comunistas e doutras persoas de esquerda, na América, como o foi o tempo do senador McCarter.

Así desenvolveron o extenso mercado de armas a OTAN, que para as venderen só ten que mandar os gobernos seus escravos (Unión Europea) máis o Canadá, Australia e Nova Zelanda.

Debemos recordar, que o tratado do Atlántico Norte (ou sexa, o grupo terrorista legal dos países europeos), debía terminar a cando caeu o seu conxenere, ese si que foi eliminado, cando a extinción do Pacto de Varsóvia, no fin da era Comunista da URSS.

É evidente que os “Amos do mundo non deixaron de impor que os escravos europeos, pechasen un tan excelente mercado de armas. Mais non é só necesario as comprar, é necesario as destruír e, de aí, aparece a outra figura imposta aos covardes dirixentes europeos, as guerras por encargo.

É o caso da invasión da Ucraína pola Rusia

Como é o caso do exterminio da poboación palestina, polos socios dos americanos os israelitas.

Mais a hipocrisía mundial, mantense “en baño maría”, en termos de protestas e, como non a investir no que fai realmente falta, dunha forma decisivamente imprescindíbel ao pobo.

Xa nin sequera se trata de cuestións dispensabades, mais si, cousas totalmente imprescindíbeis como a vivenda digna, a saúde pública totalmente gratuíta ou a educación a todos os niveis igualmente pagada polo erario.

O que vemos é os partidos, sobre todo os de dereita e, até os teoricamente centristas, como o PSOE, en vez de apostaren decisivamente polo ben estar os seus cidadáns, apostan cos ollos pechados por impulsaren os gastos na dirección da adquisición de material de guerra, dando apoio, e até impulso, para fomentar unha guerra xeneralizada, cando o que debía, era estar a facer todo o posíbel por eliminara as tensións belicistas.

Non é preciso facer esforzos de lecturas segadas, para vermos que o bloque dos “Amos do Mundo”, liderado polos Estado Unidos da América do Norte, e arrastrando as súas filiais, Canadá, Nova Zelanda e Australia, seguidos pola súa colonia de segunda a Unión Europea, guiada por unha xefe de grupo de extrema dereita e, que até parece unha militante dun calquera partido de filición nazi, non fan nada a non ser impor aos seus socios ou escravos, que entren nunha guerra, que os seus pobos non queren, mais, que os seus dirixentes venden como sendo o camiño da “Redención”.

Ás veces pensamos que por calquera arte de feitizo, ou maxia negra, nos ten transportado para o inicio da “Santa Inquisición”.

Os métodos son os mesmos e só non nos venden que se trata dunha cruzada anti-infiéis… mais si contra os comunistas, mesmo que estes xa desaparecesen de máis de 25 anos.

Así, por estas ideas ben divulgadas e, mentiras avanzadas, mais reafirmadas unha e mil veces máis, acaban o grosso da poboación, as aceptar como verdades como “puños”.

Por iso é que os gobernos institucionalizados, alternan unha tibia indicación que están contra o xenocidio perpetuado polos israelitas sobre o pobo palestino, cunha actitude recriminatoria, en que o condenan.

Mais atención, ao se daren ao luxo de contabilizar os minutos dedicados a cada unha destas actividades, a condenatoria, corre nuns dez por centos, das canles en que circula as de apoio ao xenocidio, ocupando menos do 5% do tempo e espazo, das a favor do xenocidio.

As limpezas feitas en serie sobre as poboacións de Gaza, ten como obxectivo a eliminación o a simple expulsión, dos que aínda resten vivos (son cerca de1,4 millóns de persoas, na actualidade bloqueadas), sendo cerca de metade destes, nenos indefensos e sen outro crime, o de naceren.

A fame a sede a incerteza, todo son os castigos infinitos dos xudeus, ao pobo palestino, hai quen a firme que os máis afortunados son os que morreron os primeiros días do xenocidio levado a efecto polos salvaxes israelitas.

Xa superaron os 33.000 mortos, xa largamente exceden os 78.000 feridos, xa destruíron máis do 85% das infraestruturas hospitalarias. Polo menos un de cada 20 palestinos está morto. E polo menos un de cada 10 non ten onde vivir, nin ten auga normalmente nin luz e moi menos alimentos.

Nos xuízos que calquera cidadán, pode e debía facer sobre o xenocidio na Palestina feito polos israelitas como o apoio dos Americanos e de toda a Unión Europea (debiamos ter vergoña), caben as palabras, racismo, capitalismo, supremacismo, en fin, todo é curto para definir o terrorismo da situación por parte dos que se din antiterroristas.

Terminamos este, preguntando con que ética os americanos e seus socios, apoian a entrada de Israel nunha guerra co Irán, en que na mellor das cuestións pode resultar, na última guerra do século, culminando coa destrución total da habitabilidade do planeta.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.