Para cando a Renta Básica

De izquierda a derecha: Philippe Van Parijs, Daniel Raventós y Guy Standing.

acabase de publicar un estudo que dunha forma brillante que axudou a financiar o Parlamento Europeo e, como se podía financiar a Renta Básica en toda a Europa Comunitaria

Por Jose Vieira

Non podemos deixar de pugnar, pola Renta Básica, pois, somos defensores incondicionais de eliminar as diferenzas sociais e pensamos que o único camiño viábel para tal transformación social, será necesariamente a Renta Básica.

Así damos a noticia, do extraordinario éxito, do que pasou no Parlamento Europeo, o pasado día 16 de abril corrente.

Estiveron presentes como expositores do referido instrumento económico/social, o profesor da Universidade Belga de Lovaina, Philippe Van Parijs, pola Universidade de Londres o profesor Guy Standing, pola Universidade de Roma o profesor Pasquale Tridico e pola Universidade de Barcelona o profesor Daniel Raventós. Entre outros políticos convidados estivo o italiano Beppe Grillo.

Ao principio deste texto, damos unha fotografía, recordatorio dese encontro dos tres grandes estudosos e divulgativos das teses da Renta Básica, que se poden ver unidos nese documento fotográfico e, que se presentan, desde a esquerda e pola orde que indicamos, Philippe Van Parijs, Daniel Raventós e Guy Standing.

Un dos temas máis debatidos no largo percorrido que se ten desenvolvido na tentativa de ir eliminando as desigualdades sociais, que o sistema de libre mercado capitalista só ten vindo a aumentar cada vez máis, son o seu fundamento normativo e como non o seu financiamento.

Isto doutra maneira, máis pragmática ou talvez máis común, se pode avanzar estas cuestións de sempre dos contrarios

¿Será xusta a Renta Básica?

e

¿Se pode financiar?

Non podemos deixar de referir, que algunhas das máis importantes defensas deste instrumento económico, ten sido pola parte dos movementos feministas, polos incentivos ao traballo remunerado, polos postos de traballo en perigo de seren substituídos pola mecanización e pola Intelixencia Artificial, entre outros, se teñen empeñado en súa defensa.

Daniel Raventós, fixo unha brillante defensa do instrumento económico/social en cuestión, comezando pola proposta dunha primeira cuestión:

O financiamento, o sexa da posibilidade de encontrar os medios para a súa posta en práctica. Neste punto, pos en relevancia, que as dereitas políticas e as esquerdas, están diametralmente opostas nesta cuestión.

Pois, as dereitas non queren nin mortas unha xubilación fiscal máis xusta e, como tal, mais equitativa.

Recordou, para todos os que se teñen esquecido que acabase de publicar un estudo que dunha forma brillante que axudou a financiar o Parlamento Europeo e, como se podía financiar a Renta Básica en toda a Europa Comunitaria. Quen a desexar coñecer en pormenor, esta publicada no link do Parlamento Europeo.

Raventós serviuse dun exemplo moitísimo actual, que é o seguinte, se o PGE (nos Presupostos Xerais do Estado) e, nos gastos coa defensa en xeral, se destinasen por exemplo unha parte deses gasto, á Renta Básica, o seu financiamento sería facilísimo (falou de encamiñar por exemplo porcentaxes de 10, 40 o 90 %).

E volvéndose para España, recordou que o gasto militar encuberto, para o ano en curso é de cerca de 54.000 millóns de euros. QUEREMOS RECORDAR QUE É CERCA DE 1.150 MILLÓNS POR CABEZA DE CADA ESPAÑOL (precisamente 1.148.936 euros por cabeza).

Raventós deixa caer que se trata dunha decisión política, mas nós engadimos unha imposición dos Estados Unidos da América do Norte (adiante USA) a unha Unión Europea, sen norte, acovardada e cerca dunha fascizante tendencia dirixida por unha Alemaña saudosista do nazismo.

Persoalmente, non podemos comprender como a Europa se deixa embalar nos desexos grandilocuentes dunha decadente USA, que está a funcionar, como un escorpión, que cerca do estertor da morte, en que larga o seu veleno mortal, pois, non pode entender que poida morrer só, así morreron todos e non serán derrotados.

Retomando a disertación de Daniel Raventós, non se entende de modo algún, as inmensas riquezas que os gobernos dos partidos alternativos no poder (Partido Popular e Partido Socialista Obreiro Español), permiten e teñen permitido que a Igrexa Católica ten acumulado.

Este profesor, chamou a atención de que a Renta Básica, non é a panacea universal que resolve todos os problemas do mundo, a Renta Básica, como igualmente temos escrito en diversas ocasións é un instrumento da política Económica e non a política económica en si propia.

Hai outros problemas a afrontar, como que outras formas de política económica, como por exemplo o peso da economía pública e a privada, que é o caso da banca pública, privada ou mixta. Se é de admitir as grandes fortunas crezan con aceleradores maiores do que a unidade disparando os seus multiplicadores.

Outro problema é o envellecemento das poboacións e a necesidade de emigrantes, e de como deberá ser a política de emigración.

Mais o que de feito é a Renta Básica, é non ser unha política dun determinado partido político, mais si un instrumento económico de extraordinario e indispensábel aplicación en e para calquera partido que este a Gobernar o Estado.

Pois, un obxectivo absolutamente indispensábel no programa dun calquera partido honesto, é prioritario o ben estar da poboación en xeral e no só de 4 ou 5% da súa poboación e, como tal pasa por eliminar as grandes diferenzas sociais, no menor espazo de tempo posíbel e, para iso, o instrumento económico a integrar, de forma cabal e decisiva, é RENTA BÁSICA UNIVERSAL.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.