Comentario ás eleccións nos Estados Unidos da América

Por Jose Vieira

Para nós os europeos, o sistema de votación nos Estados Unidos da América, sempre nos pareceu algo de raro, ou como moito estraño.

Estamos habituados, desde que se instaurou a democracia, a ir votar periodicamente, cun sistema de votación directa e que utiliza despois o método de Hundt(1) para a distribución de escanos. Pero iso, nos dá a visión de quen ten as maiorías é quen vai gobernar, independentemente de posteriores arranxos, para formar maiorías.

Tamén estamos acostumados a ter unhas participacións con cada vez menos votantes, en relación aos censos electorais e, que teñen vindo a perder folgar, sobre todo nos últimos 20 ou 25 anos. Con isto queremos dicir que os pobos europeos, en xeral, teñen vindo a mostrar un correcto cansazo nas últimas eleccións, o que se traduce, en cada vez máis, que o maior partido é o da abstención (ese fenómeno analizaremos en futuros textos).

Por outro lado, existe unha falta de mensaxes realmente cedíbeis, para seren captadas polas poboacións, dado que verifican, que cada vez máis os partidos, só obedecen aos grandes empresarios e fan letra morta, das súas promesas electorais, abandonando os intereses e desexos dos seus electores.

Se reflexionamos con atención, o modelo que se segue, para todo, para España, é o que vén dos Estados Unidos da América e, até como referente de democracia e, como tal as súas eleccións. Visto o non visto, verificamos por esta recente experiencia, as eleccións de 2020, o sucedido é un espectáculo, non recomendábel para ninguén.

Antes de avanzarmos con números e, unha máis profunda analice das referidas eleccións, queremos evidenciar, que nos Estados Unidos da América,  merce dunha forma mixta de elección, que vén desde a súa fundación como país, sempre se preservou un tipo, de escolla moito máis  elitista do que representativa. Eles se din un Estado Republicano e non un Estado Democrático.

Sempre prevaleceu sobre os votos nas urnas, a decisión dun Colexio Electoral, representativo, segundo unhas regras, probabelmente non soa elitista, como desfasado da realidade actual, e privilexiando a composición clasista dos estados. Mal exemplo de democrática.

Comezamos polo número de electores recensados (procuramos seguir os elementos estatísticos oficiais americanos), o que nos dá cerca de 239 millóns de electores, para estas eleccións de 2020. Se retiramos dos que terían dereito a ser votantes, máis o menos 20 millóns, que por razoes cívico, algunhas multas o outros delitos, non lles é permitido votar (unha primeira arbitrariedade) quedamos con menor apoio.

Así votaron directamente nos colexios electorais ou por correspondencia 150 millóns aproximadamente.

Tiñamos varios demandantes, no entanto, nos referimos e aglutinamos os seus votos de acordo cos datos oficiais. Imos referir unicamente a Donald Trump, Presidente en funcións e, o demócrata concorrente Joe Biden.

Cos resultados indagados, xorde a primeira curiosidade: que o gañador das eleccións, foron os electores que non votantes, como se pode ver abaixo

Tipo de votantes

% de votos sobre o total

Non votantes

37%

Donald Trump

29,6 %

Joe Biden

31,4 %

Se considerarmos os excluídos, enriba referidos, o total de votantes que se presentaron ao acto, non foi de 62, %, pero si de cerca de 54, %.

Podemos referir que Trump, tivo unha votación masiva de cerca de 71 millóns de votos e Biden, rozou os 75 millóns. Estes números enormes, ocorren, pois, nestas eleccións, a pesar de todo, votaron máis electores do que é habitual.

Recordemos que por exemplo nas votacións de 2016, a Hillary Clinton tivo máis 3 millóns de votos do que Trump e perdeu, pois, do tal proceso elitista, Trump contou no colexio electoral con 306 votos (se é electo presidente, se neste organismo se obtén máis de 270 votos).

Analicemos agora os votantes por sexo, igualmente sempre cos datos indagados oficiais

Sexo

% total

Donald Trump

Joe Biden

Homens

47%

52

46

Mulheres

53 %

55

45

Podemos concluír que foron á mulleres que deron a vitoria a Joe Biden.

Vexamos como se comportaron por faixas de idade temos:

Idades

Donald Trump

Joe Biden

Menores de 29anos

36

61

Entre 20 e 44

43

54

Entre 45 e 64

51

48

Maiores 65

51

48

No concernente aos grupos étnicos, os brancos eran 74% e votaron maioritariamente a Trump, 55% e a Biden 43 %.

Os afro-americanos, que representaban unicamente 11%, apoiaron a Biden con 90% e 8% a Trump.

Canto aos hispanos, cerca de 10% de electores, apoiaron a Biden con 63% e a Trump con 35%.

Os asiáticos, un número moi pequenos, pois, representaban só 2%, tamén preferiron Biden con 70% e a Trump concederon 28%.

Se por outro lado nos centrarmos por formación académica dos electores, verificamos que os de menor preparación académica, sen formación, votaron preferentemente a Trump, 52% e Biden, 46%.

Os que tiñan xa algunha formación, de novo votaron a Trump con 50 % e a Biden con 48 %, xa máis axustados. Con formación universitaria, votaron a Biden con 56% e a Trump, con 42 %. Os con pos grados ou máis formación específica, aínda foi máis notoria a preferencia por Biden con 58% e a Trump con 40 %.

Así canto máis esclarecidos máis votan a Biden. Por outro lado, nos pobos máis illados e máis pequenos e onde prevalecía a agricultura, votan máis en Trump. E no grupo dos americanos menos ben pagados, estes votaron maioritariamente a Biden. No entanto, os homes brancos, dentro desa clase traballadora e mal pagada votaron máis en Trump.

Mais a pesar de todo a clase traballadora deu un apoio a favor de Biden do 2,5%.

Concluiremos, que realmente foi a clase traballadora, que ao votar maioritariamente en Biden que deu a vitoria, pois o peso das papeletas de voto é estar nesa masa poboacional.

Nota:

 (1) – El sistema o método D’ Hondt é un método de promedio maior para atribuír escanos nos sistemas de representación proporcional por listas electorais. Os métodos de pro medio maior se caracteriza por dividir mediante sucesivos divisores os totais dos votos obtidos polos distinguidos partidos, dando secuencias de cocientes decrescentes para cada partido e atribuíndo os escanos aos pro medios más altos.12 Foi creado polo xurista belga Victor d’ Hondt en 1878.34

Os sistemas de representación proporcional intentan atribuír os escanos as listas de maneira proporcional ao número de votos recibidos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.