Todo o que o traballo humano obtén, convertese para os capitalistas en mercadorías e, máis cun dobre aspecto, así para un comprador será un valor de uso das mercadorías, mentres que será valor de troco dado que se pode manifestar en determinada contía de diñeiro
Por Jose Vieira
Non restan moitas dúbidas de que toda as persoas que se interesan por como marchan os prezos, nesta permanente subida, feita por “obra e graza” da liberalización salvaxe económica, imposta polos capitalistas, detentores das grandes multinacionais.
Claro que, como non podía deixar de ser, até os máis inxenuos comerciantes de cada barrio, non só quixeron recuperar as súas marxes de beneficio e, máis, sabían dunha forma empírica que se aumentaban máis que proporcionalmente as súas marxes, entre o prezo de compra e o de venda, serían pura e simplemente absoltos, co visto condescendente dos seus clientes.
Para estes, o seu bar, o seu súper, a súa padaria, só estaban a defenderse da subida de prezos dos seus fornecedores.
Por outro lado, os máis sépticos, aqueles que lle gusta de intentar entender o que está por detrás do manto ocultista do comercio en xeral, e que ocultan razoes que a nosa razón non comprende e máis debía revelarse.
Así propomos a lectura, para quen dispón do inglés técnico como ferramenta, saíu este ano (Pluto Press/Londres), un excepcional texto esclarecedor e moi accesíbel, para quen desexe comprender o que significa o valor das cousas. Tratase da publicación de “Capitalism in the 21 Century: Through the Prism of Value”.
Os seus autores, son o inglés Michel Roberts, moito noso coñecido e mestre habitual, sendo o outro, o reputado marxista italiano Guglielmo Carchedi.
Este excelente texto, demostra que a teoría do valor, desenvolvida por Karl Marx a 150 anos, se manten non só actual, como continúa a ser un instrumento de análise indispensábel para descodificar e coñecer os camiños salvaxes que trilla o capitalismo o século XXI.
A primeira aportación, que queremos que subsaia é que un dos principais “Nós Gordianos” do capitalismo, a caída tendencial da taxa de beneficio e da apropiación da plusvalía, polos Estados tecnoloxicamente máis avanzados, en desfavor dos menos evolucionados.
Podemos dicir que o principal determinante económico é o imperialismo actual.
Para nós, o que ambos os autores quixeron dicir, neste traballo conxunto, é que a Teoría do Valor é o punto fundamental de partida para comprender as determinacións centrais do movemento capitalista do noso tempo.
Imos de seguida descodificar “os principais supostos da teoría referida e, ao mesmo tempo explicar como esta mesma teoría se afasta das principais correntes impostas polo capitalismo do noso tempo”.
Para Karl Marx, a idea parte de que en relacións de produción capitalistas “o valor é o traballo humano”, con isto quixen dicir que o valor non é unha abstracción metafísica, mais si, que existe como unha realidade obxectiva social.
Moitas veces, podemos ver ou apreciar algúns fenómenos como o movemento de electróns, a través dos átomos de cobre, mais son unha realidade e, a vemos despois, como luz, calor e outras descargas.
E non se poñen en dúbida.
Con isto, podemos saltar, do mesmo modo para o traballo humano, sexa tanto físico como mental, pois, en calquera dos casos é material e como tal, pode ser medido, en tempo de ocupación (días, horas, minutos, traslados, etc.).
A propia natureza, tamén pode ser cuantificada, o que significa que ten valor, pois, está intimamente ligada a vida humana.
Recordemos que Marx, chama a este aspecto o valor do uso.
Aquí está un dos abusos do capitalismo, pois, para estes, eses valores de uso, o converten en mercadorías, que venden no mercado, se apropiando do respectivo beneficio.
Todo o que o traballo humano obtén, convertese para os capitalistas en mercadorías e, máis cun dobre aspecto, así para un comprador será un valor de uso das mercadorías, mentres que será valor de troco dado que se pode manifestar en determinada contía de diñeiro.
Chegamos así aquilo a que chamamos, como unha contradición, esta fundamental da produción capitalista, por un lado, o non axuste da produción, ás necesidades sociais, o que é o chamado enriba “valor de uso” e, naturalmente, a produción destinada a obtención do beneficio, que non é outra cousa que o “valor de troco”.
Así, podemos dicir que o traballo será sempre o mesmo o tempo concreto e específico, pois, o despendido en forza de traballo humano, que se aplicar a transformación dos valores de usos específicos e concretos, así como, o que é gasto no traballo abstracto, sexa cal for a actividade dos traballadores.
Así a lei do valor, centrase no gasto da forza do traballo humano, en sentido abstracto, que é o mesmo que dicir, que na transformación do traballo humano como un compoñente do valor das mercadorías, como é ben sentido por todos nós.
Por exemplo, se o proceso de produción xa se hai terminados, mais a mercadoría aínda non se teña vendido, este valor está contido no da propia mercadoría como é do coñecemento de todos.
Así, o valor, quere do traballo concreto como o abstracto, só se materializa, tras a venda da mercadoría.
Entón, estamos perante o momento en que se realiza o valor de uso e o valor de troco.
Se el primero en comentar