O clima e a enerxía

xa desde o tempo do presidente Obama e Joe Biden, respetivamente presidente e vice presidente dos USA, se estaba a preparar, para que a Ucraína, entrase para a respetiva organización de guerra designada por OTAN

Por Jose Vieira

Non temos a menor dúbida que a Europa a que pertencemos, conseguiu dunha forma rápida o problema da escaseza que tiña de gas, resolvendo impórtalo desde a Rusia.

O que se estaba a facer, a través de gasodutos que o transportaban para a Europa desde as súas centrais de produción, situadas na Rusia.

Non obstante Alemania, se asociou co produtor/distribuidor ruso, para construíren un novo gasoduto, que puidese aportar, cantidades maiores e inclusive, poder vir a reducir o prezo do mesmo, dada a fluidez que esa nova canle podía aportar en cantidades a unha central de distribución alemán.

Como non podía deixar de ser, os donos da Europa, léase Estados Unidos da América do Norte (USA), que xa andaba a cercar a Federación Rusa, desde o Golpe de Estado, levado a efecto co Apoyo da Secretaría de Estado dos USA, Victória Noland, en 2014, co derramamento de sangue que foi considerado polos “sheriffs americanos”, danos colaterais sen importancia, iniciaran unha primeira guerra contra as comunidades de orixe e ou fala rusa. Nesa altura, non vimos nin sentimos que alguén do chamado occidente, se tivese sentido incómodo co masacre desas poboacións rusas por forzas ucraínas e axudados grupos armados e fomentados polo goberno ucraíno, mais que son de ideoloxía nazi (grupo Azov, por exemplo, que forma parte do actual goberno do señor Zelensky, así como, seis máis outros grupos, de idéntica ideoloxía nazi).

É realmente interesante, que desde os gobernos dos USA democráticos, se impuxese este apoio ao masacre das poboacións de orixe rusa e da mesma lingua. Mais este apoio xa vén do tempo de Obama e que tiña como vice presidente o actual presidente, o vendedor de armas Joe Biden.

Como todos debiamos saber, a cousa que os dirixentes americanos, sexan Republicanos ou Demócratas, máis odian, son a poboación rusa e, en especial, veren que a Federación Rusa actual herdou os científicos da anterior Unión das Republicas Socialistas Soviéticas (adiante só designada por URSS), así como os seus arsenais nucleares, isto por un lado, mentres por outro, estaren a ver a penetración dos produtos por estes fornecidos a Unión Europea (adiante soamente EU), estaban a substituír, dunha forma cada vez máis importante, os negocios do seu “patio de recreo”, que é a EU.

Así hai que manter o cerco a Federación Rusa, expandindo a súa filial terrorista designada OTAN (donde meteron a forza de concesións de créditos os países da súa influência política).

Nun artigo anterior, referimos, quen eran os membros dese club de malvados, designado por Nato e, donde os señores “sheriffs americanos” detiñan parte das súas ogivas nucleares, prontas para actuaren, cerca do territorio da Federación Rusa.

En contra partida, os rusos teñen as súas ogivas nucleares, unicamente no seu propio territorio.

Así, xa desde o tempo do presidente Obama e Joe Biden, respetivamente presidente e vice presidente dos USA, se estaba a preparar, para que a Ucraína, entrase para a respetiva organización de guerra designada por OTAN.

Tratase dun proceso de largo prazo, como veremos a través das palabras escritas nun libro, do antigo Conselleiro de Defensa dos USA, Zbigniew Brzezinski, cuxo título en inglés e “The Grand Chessboard – American Primacy and Its Geostrategic Imperatives” este editado en 1997, pola Basic Books, mais non traducido a castelán, mais, que traduciremos o texto seguinte (a tradución é da nosa responsabilidade):

está na hora dos Estados Unidos formularen e, porén, en práctica unha xeoestratéxia de longo prazo na Eurásia. A América é de agora en diante a única superpotencia mundial e a Eurásia é o escenario principal do planeta…” seguindo “A estabilidade e supremacía dos Estados Unidos, sobre o mundo, dependerán do modo como os Estados Unidos souberen manipular ou satisfacer os principais actores xeoestratéxicos no taboleiro…” “O centro da Eurásia, é un espazo comprendido entre a Europa e a China só continuará a ser un ‘un buraco negro’ mentres a Rusia non resolver os seus conflitos e decidido cal a súa actitude na escena internacional”.

Así que desde que caeu o muro de Berlin e se extinguiu a URSS, quere Iéltsin, quere despois o propio Putin pediron a adhesión da federación Rusa a OTAN. Como non podía deixar de ser, os americanos vetaron calquera posibilidade de adhesión.

Pois, para ter éxito as súas estratéxicas políticas, quere económicas quere financeira, ten que ter, un inimigo, forte e poderoso ou que sexa xulgado como tal, para que o mito do liderado poida continuar, a través da chantaxe militar e económica.

E así o seu pobo, poida adherir a estar a volta destas aventuras loucas.

Volvamos ao caso dos fornecementos dos produtos que antes eran comprados aos rusos (ferro, aluminio, cobre e como non petróleo, e gas) e aos ucraínos (cereais).

Non podemos deixar de recordar que até aos boicots, impostos polo “PAI TIRANO – USA”, os prezos dos subministros rusos a EU, permitían ter os prezos satisfactorios e non había demasiadas tensións inflacionistas. Podemos dicir que todo funcionaba máis ou menos ben, cos ucraínos, por orde dos USA, quereren impor que o petróleo ruso non pasase polos novos gasodutos, mais si por un obsoleto de pouca capacidade, para continuar a ter esa fonte de receita que era, o que cobraba de peaxe polo tránsito por seu territorio.

Así como os alemáns podían continuar a comprar petróleo e sobre todo gas a Rusia, así como outros países, os servizos de espionaxe e de operacións especiais americanos, resolveron destruír ese gasoduto Nord Stream II, a bomba, á praza dunha illa do reino da Dinamarca.

Como podemos ver a partir de aí os USA, pasaron a liderar, o fornecemento de gas e petróleo á EU, como meros distribuidores, gañando o que non estaba na conta, tendo todos nós, probado desde aí a escalada dos prezos de todos os xéneros que eran necesarios, para os europeos e, que tiñan que sufrir transformacións industriais (negocio redondo, para alén da venda de material de guerra).

Como sabemos, os que nos interesa a economía, que todo se tornou terribelmente, mais caro, desde o simple pan, até a máis elemental máquina de cociña (soamente como exemplo).

Entramos nunha espiral inflacionista, que como sabemos só trae máis desigualdades sociais e, naturalmente a transferencia dos medios financeiros dos máis pobres para os máis ricos.

Este é o drama.

O que resultou de inmediato, o boicot a todo o que era produción rusa. O que tivo tamén como é costume consecuencias non soa para os que tiña que comprar materiais rusos para as súas producións, pois, non é de inmediato que e se encontran provedores alternativos nin en cantidade nin en calidade.

Unha chamada vitoria “pírrica” para os señores americanos.

Apenas falabamos, sobre o apoio, que ten vindo a dar os USA, en termos do combate ao cambio climático, ese si, esencial para a preservación do mundo en que vivimos, que como todos sabemos, é rigorosamente non só nulo, como aínda por encima os seus dirixentes actuais son negacionistas das mudanzas que se están operando no clima do planeta.

E que pasa con a EU?

Esta tivo que facer das tripas corazón, e abrir os cordóns a bolsa para pagar os prezos que eran supervisados, polos comerciantes ou comisionistas americanos e seus amigos israelitas.

Máis, puxo as bases, aínda máis, a forte e auténtica dependencia de todo o que os americanos quixeron vender a Europa e, os europeos, aínda despois de roubados nas súas marxes de produción, se quedan de xeonllos a agradecer eternamente o favor que os USA, fixeron nos obrigando a pasar mal. Non queremos ter outro procedemento, pois, somos o seu patio de diversión.

O que os americanos conseguiron, é que a Europa que xa estaba curvada e sometida dos USA, pasasen desde que estes señores resolveron dinamitar o novo gasoduto, que traería o abastecemento moi máis fluído e máis barato para a Europa, se declarasen totalmente escravos, se entregando a total especulación dos prezos das materias primas e de produtos acabados, así como a un maior control económico, financeiro, dos USA.

Esta situación, como todos sabemos, resultou nunha crise de enerxía e, como non, podía deixar de ser na inflación desbocada, en que temos estado emerxidos.

Todo isto debemos ao humanitario auxilio que os USA, ten vindo a prestar dunha forma altruísta aos seus estimados vasalos…

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.