Por Jose Vieira
Moito se ten escrito, sobre este tema e, máis, de todos os sectores da economía. Os defensores do neoliberalismo, ten por certo que os beneficios non son os responsábeis de nada, por iso son o que son.
Estes, defensores a ultranza do capitalismo máis salvaxe, están exentos de calquera pecado orixinal.
Para estes estudosos, non hai dúbidas, de que as culpas das flutuacións da economía, só teñen a ver coas espantosas e desapiedadas “hordas de vándalos” que non se queren someter ás regras máis estritas do mercado. Pois, segundo estes, os mercados dirixen “ex-cátedra” a economía e así debe continuar a ser, pois, o determina as ganas do 1% da poboación mundial, ou sexa, os moito ricos e poderosos.
Todo isto parece estar correcto, non debendo, segundo eles, merecer calquera contestación, referímonola os seguidores do neoliberalismo capitalista máis estrito e o peor, é que algúns outros máis…
Aquí nos cabe recordar unha frase bíblica, en que se dicía “pobres os homes de pouca fe”, claro que se trata dunha adaptación de nosa responsabilidade, pois, na actualidade, segundo pensamos, non é a fe que no rexe, “estrito sensu”, mais si o ouro (sempre o “vil” metal).
Xa hai bastante tempo, que viramos e oído nun determinado vídeo, documento dun congreso de espertos adoradores, do referido metal, que estaba descubrimento a pedra filosofal da economía, e que non sería xamais necesario estudar ningunhas alternativas ao actual sistema, o que se debía, era o tornar, máis perfecto posíbel, para que os fluxos de “rendementos”, se viñesen a acelerar, pois, os ricos, estaban a ficar nerviosos, dado que desexaban acelerar os ingresos, “para poderen se instalar nos seus novos planetas”.
Entón nos saíu sen querer a expresión “pobres dos moito ricos”, que desespero, que limitacións tan inxustas. Non haberá dúbida que ten que presionar os seus funcionarios dirixentes dos países aliñados (pois os gobernos só seguen as súas superiores ordes, harmonizando as súas pretensas filiacións partidarias aos desexos dos seus “Amos”), para que aceleren os fluxos de medios, pois están desexosos de aumentar a súa riqueza e, como non, o seu poder.
Posta esta pequena “catesis” (1), imos intentar penetrar no dominio das taxas de beneficio e, ver até que punto, as teorías marxistas, mormente a lei das tendencias decrescentes das taxas de beneficio, poden e deben ser relevantes, no estudo das crises da economía. E sobre todo dunha forma máis xeneralizada.
Así cando falamos da lei da tendencia decrescente da taxa de beneficios (en siglas LTDTB, que usaremos de agora adiante), esta era considerada por Karl Marx, como “a lei máis importante da economía política” e, que sería a causa “ subxacente” dos ciclos recorrentes das crises. Como non podía deixar de ser, se levantaron de todos os sectores da economía, críticas feroces, dicindo entre outras cousas que non era empiricamente xustificábel. Máis, até invocaron as xustificacións keynnesianas, e unha amalgama doutras teorías, onde sobrenadaban a “sobreprodución, o subconsumo ou até a financiarización”, como causas para os altos e baixos da economía dominante – a capitalista. O que se pretendía, e se pretende, é non aceptar que existe unha teoría marxista, que xustifique a existencia das crises. E non existe nada máis errado, en noso entender e como se demostrará.
Comezamos por explicitar os termos da lei da tendencia decrescente das taxas de beneficios (LTDTB), que significan:
S = de máis valía (vulgarmente coñecida por plus valía)
C = stock dos medios de produción, tanto fixos como circulantes (conforme a clasificación contabilística)
v = o valor da forza de traballo, ou dito doutra maneira o custo dos salarios dos traballadores
Entón para Marx, esta lei (LTDTB) asentaba en dúas consideracións:
1) Que haberá á praza dos tempos, especialmente longos, unha diminución medía dos beneficios no sistema capitalista e,
2) Que o equilibrio dos factores tanto tendenciais como contra tendenciais, da respectiva lei, que explican os altos e baixos, regulares da produción capitalista.
A pesar desta formulación correctísima, os ataques, non cesaran, dicindo que esta non sería unha certa lei e, iso tiña a ver, segundo os seus detractores, por falta de xeneralización, ou sexa, por non se verificar un empirismo suficiente.
No fondo o que eles atacaban, os detractores, era que os datos de constatación dos traxes, estaban demasiado circunscritos á América do Norte, e que, por tanto, era pouco xeral.
Mais como todos sabemos na primeira década do actual século XXI, algúns economistas marxistas, fixeron un traballo de recolla de datos para efectuar as probas, que permitisen calcular as taxas de beneficio a nivel mundial, dunha maneira máis segura e xeral.
Este traballo era necesario dado que o sistema capitalista é unha “economía cerrada”, a nivel global e, máis, o sistema está espallado, téndose desenvolvido á praza e ao longo de todo o mundo, durante o século pasado, tornando a recolla de datos bastante difícil.
Así, varios estudosos, fixeron varios intentos de calcular a taxa mundial de beneficio, de entre estes resaltamos, en 2007 Minqi, logo en 2010 David Zachariah. Michel Roberts, fixo un intento que fallou en 2012 para pronto o corrixir en 2017, agora con bos resultados, ou sexa, con éxito. Todos se preocuparon realmente en estender o cálculo ao espazo máis ampliado posíbel, para que a mostra resultase o máis próximo posíbel do mundo real en que vivimos.
Dada que as dificultades en termos de base de datos, foron tales, que algúns economistas mesmo marxistas descreran da posibilidade da súa obtención con fiabilidade, resaltamos entre outros, descrentes Gerard Dumenil, que se xuntou a algúns máis que desistiron do intento.
Non obstante, con base nos datos de Penn World Table 10.0, se conseguiu os elementos necesarios para se calcular a lei das Tendencias Decrescentes de Taxas de Beneficio (LTDTB), e a remontar até 1950.
Posteriormente, fixo un mellor cálculo en 2020, bastante máis aproximado.
Actualmente, economistas marxistas da Universidade de Massachusetts Amherts, so a dirección de Deepankur Basu, conseguiron demostrar novas e concluíntes probas, da validez da lei en cuestión, servíndose de datos recollidos polo economista brasileiro Adalmir Marquetti, que tomando como base as referidas Penn World Table. Este economista brasileiro, as desenvolveu, co Centro de Crecemento e Desenvolvemento de Groningen, pasando a designar, os respectivos datos como as Extended Penn World Tables (que en siglas pasou a ser designada por EPWT). Marquetti, aínda as desenvolveu máis en 2004, e desde entón, se utilizan como base de datos para o cálculo da taxa de beneficio mundial.
Con isto queremos dicir, que se deixou de se circunscribir este cálculo, a uns poucos países capitalistas, para se estender a un grande e diversificado conxunto de economías.
Regresemos ao economista Basu, da Universidade de Massachusetts Amherst, que alerta que este cálculo, obtido coa EPWT, o que se calcula é unha taxa de beneficio medio ponderado, dos beneficios nacionais. E como tal, se utiliza como unha ponderación, da participación dun país, no conxunto mundial.
É evidente que unha media mundial máis axustada, só se obtería da suma de todos os s, C e v, do enunciado da lei de Marx de LTDTB.
No entanto, queremos dicir que estas medias ponderadas, cos novos valores calculados, utilizan xa moitos máis países, do que anteriormente, que practicamente só se utilizaban os G20 e, por iso as críticas dos neoliberais capitalistas. Hoxe por hoxe, a súa fiabilidade é xa perfectamente satisfactoria e non deixa calquera dubida de que Marx estaba no correcto e que a súa lei é completamente verificábel empiricamente.
Reforzamos agora o que enriba dixemos e, podemos afirmar sen problemas algún, de que a lei en causa de Marx, LTDTB (Lei da Tendencia Decrescente da Taxa de Beneficio), se pode defender perfectamente como unha evidencia da economía mundial.
Terminamos cun recorte delas conclusións do estudo da Universidade de Massachusetts Amherst, que afirma: “se hai producido unha redución secular da taxa de beneficio mundial nos últimos 80 anos, de polo menos do 25%. Basta recordar a crise iniciada en 1966 que levou á caída mundial de 1980/1982. A isto, se seguiu a chamada recuperación “neoliberal” da rentabilidade até cerca de 1995, o que trouxen uns beneficios de cerca de 11%. Despois desta situación, a economía mundial entrou nunha “larga Depresión” que se caracterizou por un retroceso da rentabilidade. Logo houben un pequeno e espasmódico boom, de características creditício, entre 2000 e 2004, antes de caer na “gran Recesión” de 2008/2009. Desde esa data até agora, a taxa de beneficios se ten estancado e estivo até, en 2019, cerca dun mínimo absoluto e histórico.” (2)
Así xamais se pode deixar de poder dicir que a lei da Tendencia Decrescente da Taxa de Beneficio de Carl Marx, non se proveña empiricamente.
Nota:
1 – Se aplica este termo, como concepto da esfera social, e o distinguen en dous tipos: as catexis preconsistentes de interese e as catexis inconscientes ou de desexo. Estas conceptualizacións se deben a Gilles Deleuze e a Felix Guattari. Esta expresión é largamente utilizada en psicoanálise. Aquí queremos utilizar o referido termo como o deseixo incontrolábel de ser cada vez máis rico e poderoso. Este é realmente a súa libido.
2 – A tradución é de miña enteira responsabilidade.
Se el primero en comentar