Portugal na encrucillada colonial: unha ollada histórica. Angola (II)

Por Jose Vieira

Pronto tras a Revolución de 25 de Abril de 1974 e, como  formaba parte do seu programa, igualmente era o desexo dos portugueses, non seguidores de ideais  fascistas, se negociou non só o cesar de fogo en cada unha das colonias que se encontraban en loita contra a “metrópole, así como, a súa independencia.

Como non podía deixar de ser, o primeiro paso foi o de terminar de inmediato as accións bélicas entre as partes, para pronto se estabeleceren comités de transición administrativa, mentres se desenvolvían comisións encargadas da transferencia de poderes, entre Portugal e cada unha das colonias.

No caso de Angola, se estabeleceu primeiro un goberno de transición local, dirixido polo almirante Rosa Coutinho (membro da Xunta de Salvación Nacional), mentres por outro lado, se xuntaron as partes integrantes da loita armada, MPLA, UNITA e FNLA cos negociadores portugueses na poboación de Alvor no Algarve, en Portugal. A decisión de negociaren con Portugal, como único interlocutor, para a independencia, resultou dun acordo a que chegaron os xefes dos movementos de liberación, reunidos en  Bukavu (no  Aire), estando presentes, por  Angola,  Agostinho Neto,  Jonas  Savimbi e  Holden Roberto. Non debemos esquecer, que Jonas Savimbi, fora dirixente da FNLA, até ao ano de 1966, altura en que rompe con  Holden Roberto e forma a  UNITA. Como consecuencia destas negociacións, foi firmado o Tratado do  Alvor, o día 15 de xaneiro de 1975, en que Portugal concedía a independencia a Angola, de forma  compartida entre os tres principais  intervenientes, na loita pola liberación do dominio portugués, creándose un período de transición, que se prolongaría até á independencia, que como xa indicamos, ocorreu a 11 de novembro de 1975.

As correlacións de forza, se manifestaron, desde pronto, e abertamente nese encontro do Alvor, cada un dos movementos, pondo encima da mesa o peso dos seus patróns, e así:

MPLA contaba co apoio dalgúns países socialistas, en especial da URSS e de Cuba. UNITA contaba coa Zambia, Israel, Estados Unidos e países europeos (entre eles España), sen esquecer o apoio do goberno do “apartheid” da África do Sur. FNLA contaba co Zaire e a China, para alén dos Estados Unidos.

Neste encontro, se xogou, naturalmente a repartición das riquezas, entre os países que apoiaban os seus movementos.  As liñas de orientación dos interlocutores africanos, defenderon os intereses das potencias que os apoiaban, cunha única excepción, a de Agostinho Neto, defensor intransixente do pobo angolano, mentres todos os outros, foron porta voces dos seus protectores.

Non debemos  omitir, que pronto o día en que se traspasou  o poder para Angola, se deron os primeiros enfrontamentos entre o  FNLA, contra o  MPLA, na propia cidade de  Luanda,  onde se tiña realizado o a cerimonia de  cambio de estado, tendo que intervir as forzas, portuguesas, aínda aí estacionadas, para que non se de ese unha  autentica  carnicería.

Así, podemos concluír, que a Guerra Civil entre os movementos, comezou pronto tras a retirada da Bandeira de Portugal, ou sexa o propio día da Independencia. Esta loita, durou nada menos do que 14 anos.

A razón de tan pronta entrada en conflito aberto e de perfecto odio entre movementos, se debe, como non podía deixar de ser, como resposta pronta aos intereses dos seus respectivos “amos”, de quen cada un dos movementos eran máis ou menos os “ his  master  voice” (as súas voces no conflito). Aquí admitimos unha vez máis a coherencia para cos intereses do pobo angolano do MPLA, liderado por Agostinho Neto.

No entanto, este interese por desaloxar os portugueses deste rico territorio vén desde os albores da súa ocupación. Empezou coas tentativas dos holandeses, dos franceses, dos ingleses, a través da súa antiga colonia so o réxime de “apartheid”, que era a África do Sur e como non dos españois (estes esencialmente apoiando a UNITA e a Flec, posteriormente integrada na FNLA, con armas e municións, contra o exército portugués).

Non podemos deixar de referir as dúas formas distinguidas de usurpar os dereitos dos angolanos, perpetrados polos americanos, proceso que aínda hoxe utilizan, sendo unha vía, a utilización da CIA, minando as institucións públicas e privadas a seu favor, privilexiando a corrupción e a outra, a través da infiltración de múltiples organizacións cristiáns (léase sectas), que  adestraba e  adestran as poboacións, aproveitándose da falta de formación dos nativos. Ese proceso tivo moito éxito, especialmente durante o período de 38 anos que durou a administración de José Eduardo dos Santos, como Presidente da República. Este presidente que simultaneamente era o secretario xeral do agora partido  MPLA, beneficiou, repartindo pola familia e achegados os bens do país Como exemplo, basta dicir que a filla Isabel dos Santos, que tivo coa súa primeira muller, é a muller máis rica de África e unha das maiores fortunas de mulleres do mundo), . No entanto, parece que esa situación está cambiando, coa chegada ao poder do novo Presidente, João Lourenço. Este Presidente, invita a todos os que queiran traballar en Angola o podan facer, pero que se esquecen de utilizar os pagamentos de corrupción, como estaban a facer no pasado, sobre todo as exploradoras de petróleo, mineral e as constructoras.

A guerra civil en Angola, ten tamén moi que ver, coa distribución polo territorio, das distinguidas etnias, e súas ancestrais rivalidades. Así que daremos un pequeno cadro, onde se mostra as principais étnicas en Angola, así como as súas linguas. Queremos realzar, que as linguas autóctonas, son máis de 60, no entanto, a lingua oficial o portugués, serve de medio de comunicación xeral entre elas. Abaixo a relación das principais, etnias e súas linguas nativas

Povo – Idioma

Bakongo – Kigongo

Mbundu – Kimbundu

Lunda Cokwe – Tutchokwe

Gangela – Tchiganguela

Ovimbundu – Umbundo

Nhaneca-humbe – Lunhaneka

Ovambo – Kwanyana

Herero – Tchiherero

Bosquimanos – Khoisan

Igualmente damos un mapa de correlación de forzas, tal como se presentou, en determinado momento, en que a implicación dos Estados Unidos e demais países occidentais, conxugaron esforzos, para colonizarme Angola, suprimindo a gobernación lexítima do partido MPLA, e o substituíren por un goberno monicreque, que permitise o saqueo das riquezas do país.

Mesmo antes de ser trasladado o poder desde os portugueses para os angolanos de acordo co Tratado de  Alvor, e antes do episodio referido enriba o propio día do  cambio de bandeira, xa en outubro de 1975, o exército do Zaire apoiado por material pesado da África do Sur, con tanques e artillaría pesada, reforzada por mercenarios occidentais e asesores militares  tamén da África do Sur, invaden Angola, pretendendo conquistar a capital. Desenvolveuse un conflito internacional, pouco coñecido no occidente por razóns obvias (pois non se quería dar a coñecer que esta invasión de Angola era apoiada polos países chamados democráticos). Esta invasión acabou por ser derrotada polas tropas do MPLA, apoiadas por un continxente militar enviado por Cuba.  Esta loita continuou, por todo o ano de 1975 e gran parte de 1976, sobre a dirección das forzas da FNLA (apoio americano, inglés, alemán, español e francés), sendo derrotados, na xa célebre Operación Carlota. No entanto outra fronte estaba tamén aberta, e desta feita da UNITA, contra o goberno constituído lexitimamente. Esta igualmente foi apoiada, directamente pola África do Sur e os restantes países enriba referidos.    Finalmente tamén foi derrotada co auxilio das tropas cubanas, que tras a derrota dos invasores, se retiraron do territorio, o mesmo que fixeron as tropas da África do Sur do Zaire e Americanas, tras a súa derrota.

Despois destes movementos bélicos, directos, dos países do occidente, contra o mozo país de Angola, a UNITA, continuou a intentar asaltar o goberno lexítimo de Angola, apoiada polos países occidentais referidos, sendo, varias veces, derrotada polas forzas do goberno de Angola, apoiado por conselleiros militares de Cuba.

No entanto, o petróleo do país, fixo que de novo a América do Norte, asociada a África do Sur, tentase de novo conquistar Angola, nos finais de 1987. Angola de novo pediu apoio a Cuba, que a apoiou de novo, saíndo vencedora desta nova tentativa, contra a súa soberanía. A pesar de derrotada a África do Sur, se apoderou dunha parte do territorio angolano, a Namibia e, mesmo despois de ser derrotada en Cuito  Cuanavale en 1988, solo abandonou o país en 1991.

Por esa altura, entre o MPLA e a UNITA, acordan, transformar o país nun estado multipartidário. No entanto, a UNITA, volve á loita armada, sempre apoiada polos americanos.

Nas eleccións para a Presidencia da República e simultaneamente parlamentarias, ambas en 1992, o MPLA, as gañou con 53,74%, o que correspondeu a 129 deputados nun total de 227. Sendo elixido o presidente do MPLA, José Eduardo dos Santos, como Presidente da República de Angola. O perdedor do escrutinio foi Jonas Savimbi, da UNITA. Estas eleccións foron fiscalizadas por unha comisión de verificación, téndoas certificado como claras e sen fraudes (cuxa expresión en inglés é “overall free and fair”). A pesar de seren limpas estas eleccións Jonas Savimbi, xefe da UNITA, retoma a guerra civil. Finalmente esta terminou en 2002, coa morte de Jonas Savimbi, nunha emboscada efectuada polo exército de Angola.

Este é realmente o peche definitivo da Guerra Civil, que asolou Angola


Tú eres nuestra única fuente de financiación. Con tu ayuda podremos seguir ofreciéndote nuestros artículos:

Ayúdanos a seguir con Nueva Revolución

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.