A privacidade, problema colectivo

Este abuso continuado, da nosa privacidade, fixo que as empresas tecnolóxicas americanas, se tornasen escandalosamente ricas, provocando a cultura das noticias falsas “fake news»

Por Jose Vieira

Existen empresas que saben máis de cada un de nós, que a persoa que nos acompaña, ou mesmo con quen nos deitamos diariamente.

Son, entre outras, as empresas Google, Facebook, Apple, Microsoft e Amazon.

Como non podía deixar de ser, nos utilizan como mercadoría, facendo auténticas poxas da nosa intimidade, da nosa personalidade, e nos venden como de seus produtos, conceptos e ideas e, con que gañan diñeiro, moito diñeiro.

A primeira a se introducir no mercado foi a Google, o ano de 1998, podemos dicir que foi quen cometeu o “pecado orixinal”, ao crear a publicidade dirixida, nos inicios do século XXI. No entanto, non ficou só no mercado moi tempo e, foi pronto imitada por decenas de concorrentes a ese fabuloso bolo.

Vexamos o que está en causa, é nin máis nin menos a nosa privacidade. Debemos alertar, que na chamada Declaración Universal dos Dereitos Humanos e, no seu vasto clausulado, existen por polo menos uns trinta artigos, no sentido da súa protección.

Aínda que estea debidamente explicitada a súa protección, o que nos fere a nosa sensibilidade é o número de veces en que son abusivamente desrespeitadas e, de forma impune.

Parece mesmo que e, “o que parece é verdade”, coa total aquiescencia das autoridades, que debían tomar en sus mans a defensa dos cidadáns.

Segundo moitos estudos sobre este tema, os crimes neste tema da privacidade, se poden contar por miles de millóns, uns maiores do que outros, e que se poden dicir que son cometidos, contra unhas catro quintas partes da poboación do planeta que habitamos, pois, é a cantidade de persoas que posúen un terminal telefónico, os chamados “smartphone” ou e, os que acceden á internet.

Exemplo, cando estamos a ler un texto na internet, sen que demos calquera conta, estamos a ser seguidos, de por o menos uns 20 ou máis buscadores que se apoderan dos nosos datos para os venderen axiña.

Así todas as buscas, que facemos, sitios web que visitamos, películas que vemos, música que ouvimos ou as compras que facemos, pasarán a formar parte dos produtos que eses señores, dispoñen gratuitamente para faceren o seu negocio. Non escapan, a súa voracidade, as nosas chamadas telefónicas, as nosas fotos, nada que sexa feito a través dos terminais que utilizados, o noso día a día de forma inocente.

Este abuso continuado, da nosa privacidade, fixo que as empresas tecnolóxicas americanas, se tornasen escandalosamente ricas, provocando a cultura das noticias falsas “fake news”, do populismo balofo e facilitou a interferencias estranxeiras en procesos electorais diversos, proporcionando, tamén a posibilidade de internamento de poboacións e seu posterior xenocidio (o infeliz caso dos musulmáns no Miammar).

Todo isto se desenvolveu dunha forma lóstrego, que se ten tornado completamente ignorada polas poboacións, pois, non nos habemos dado conta e, que se procesou nos últimos 20 anos. Esta rapidez do adianto tecnolóxico, xamais fora tan rápida e poderosa.

Non podemos deixar de recordar unha famosa frase da socióloga americana, Soshana Zubof (1), que dunha forma extremadamente sucinta escribiu que todo este problema se restrinxe a que estamos actualmente na “era do capitalismo de vixilancia”.

Queremos avanzar que non é por acaso que esta “nova era”, nace ou ocorre, en simultáneo co ataque as Torres Xemelgas en Nova Yorque, en 11 de setembro de 2001. Con este atentado, o goberno americano, lexisla e lexitima o “inicio da era da ultra-vixilancia”, permitindo a extracción de todos os datos persoais, para alimentar “unha nova orde de desprotección da privacidade do home”. Estaba iniciada un dos cambios xamais imaxinados –tratase de considerar que “todos somos delincuentes, até proba en contraio”. Pasa todo a ser a “contrario senso”, esta é a tal “nova orde”, de Kissinger (2), e dos imperialistas mundiais, sexa de que cádrante político sexa.

Estaba liquidada o estado de dignidade humana, sendo substituída pola presunción de que todos somos indignamente delincuentes.

Cremos, que con todos estes desenvolvementos sen calquera freo eficaz pois, “Os Amos do Mundo” (3), non o permiten, chegamos a unha situación de tal modo grave, que é imposíbel separar os crimes cometidos contra a democracia liberal, dos abusos da privacidade, cometidos por esa empresas tecnolóxicas, aos servizos deses señores.

Recordemos unhas declaracións dunha entrevista do entón CEO da Google, Eric Schmidt, en que afirmou en 2009, o seguinte: “se alguén ten algunha cousa que manter privada, é porque esa persoa está a facer algo de errado”.

Esclarecedora non?

Recordemos outra expresión do dono de Facebook, que exclamou en certa ocasión a seguinte e curta frase, mais terroríficamente esclarecedora: que “a privacidade xa non era a norma social”. Como mínimo concluinte e ben explícito.

Recordemos como foi elixido presidente dos Estados Unidos da América, Donald Trump, cunha da manipulación de máis de 50 millóns de electores que foron utilizados tendo como vehículo a Facebook, a través dunha simple proba de personalidade, pola Cambridge Analytica (4).

É realmente o fin da personalidade privada e, esa situación, non parece ser un problema de resolución individual, aínda que sexa un problema do cidadán mentres individuo. Tratase de algo que ten a ver co colectivo.

O que está a acontecer, é que nos esquecemos de que había un conxunto de dereitos, liberdades e garantías, polas cales loitamos centenares de anos, para as conquistar, empregándoas o noso día a día e, inexplicabelmente, tiñamos obriga, de con os adiantos dixitais, as debiamos reforzar e non eliminar. No entanto, vai todo en sentido contrario, este é infelizmente o diagnóstico da situación actual.

O que acontece, é que en noso entendemento, perdemos o control e, non debemos estar moi errados pois, parece que se está a tomar consciencia desta situación, aínda que de forma lenta e tibia, como se pode ver pois, a propia Unión Europea, que creara o Regulamento Xeral de Protección de Datos, moi recentemente, lle veu a dar a forza que lle faltaba, facendo que as empresas entendan que o crime non compensa.

Citaremos un excelente texto sobre este tema, denominado “Privacidade é poder”, da moza, mais grande experta nestes temas que é a filosofa Carissa Véliz (5), que a determinada altura refire, “aínda somos aprendices da era dixital. Na base, moitos dos problemas que afrontamos con tecnoloxía son causados por asimetrías de poder que, son o resultado da explotación de datos persoais”, máis adiante, refire que debemos estar atentos en “especial ás formas que son menos obvias”. Engade que “a privacidade é unha cuestión colectiva, de ben común, precisamente como a democracia e a liberdade de expresión e engade, por exemplo, temos que prestar atención a forma como as perdas de privacidade están a minar a igualdade de oportunidades”.

Así o que resulta é que se somos tratados con base nos nosos datos, naturalmente, non somos tratados como cidadáns iguais. E para que “as persoas comprendan a importancia da privacidade, temos que tornar o visíbel en invisíbel”.

Cerramos o círculo, con esta conexión entre a desigualdade e a privacidade, que é como non, un dos máis interesantes puntos do debate actual.

Estamos fartos de ouvir estas expresións de forza, “a información é poder”, que “os datos persoais son o novo petróleo” e mesmo así, continuamos a axudar a construír, unha sociedade en que a información é traficada, para beneficiar uns poucos en detrimentos de todos.

Terminamos este, dicindo que como moitos dos dereitos e deberes da democracia, a privacidade foron postulada na antiga Grecia clásica por Aristoteles e, segundo parece, os esquecemos, talvez pola distancia temporal, os seus ensinamentos.

Notas:

1 – Shoshana Zukof, é unha socióloga, profesora emérita da Harvard Business School e escritora Americana. É unha das maiores especialistas sobre a revolución dixital e a evolución do capitalismo, a de a protección psicolóxica e das condicións de desenvolvemento humano. Naceu en 18 de novembro de 1951.

2 – Kissinger, é Henry Alfred Kissinger, político de orixe xudeu alemán, emigrado para os Estados Unidos da América, onde chega a ser un dos máis poderosos políticos do referido país. En mozo serviu nas xuventudes hitlerianas. Naceu en 27 de maio de 1923. É un dos últimos fundadores do Club Bilderberg.

Foi secretario de Estado Americano. Responsábel por inmensos xenocidios á praza do mundo, ao servizo da América do Norte (caso por exemplo, do Chile e asasinato de seu presidente Salvador Allende).

3 – Ver o libro do autor José Vieira sobre o referido tema de “Os Amos do Mundo” “El Nuevo Orde”.

4 – Cambridge Analytica é uma empresa com sede en Londres que usa análise de datos para desenrrolar campañas para marcas e políticos. Tamén Mark Zuckerberg recoñece que Facebook cometeu erros en medio do peor escándalo que ha afrontado a súa rede social. Como unha proba de personalidade de Facebook, serviu para a Cambridge Analytica recoller información privada de millóns de usuarios sen que o subessem. Nada menos de 50 millóns de americanos. Que pronto foron utilizados, para manipular os votantes, para dar a vitoria de Donald Trump, para presidente dos Estados Unidos.

5 – Carissa Véliz, o seu nome completo é Carissa del Cármen Veliz Peralles, coñecida como Carissa Véliz, é unha filosofa hispano-mexicana. É profesora asociada de filosofía na Universidade de Oxford desde 2020. Naceu en 1986.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.