Por José Vieira
É noso costume, lembrar a pasaxe por este planeta que nos tocou habitar, aqueles seres que dalgunha maneira se “da lei da morte se van liberando”, como di o poeta portugués, Luís de Camões.
Claro, que desa lei, polo momento non nos consta, que alguén se teña de verdade práctica e real, se teña liberando, mesmo aqueles que se encontran conxelados, agardando unha eventual, recuperación hasta unha nova vida.
Evidente que tamén se pode liberar dese esquecemento, por variadísimas razóns, no entanto, preferimos restrinxir a dúas, ou polos seus bos méritos, ou a través dos seus espantosos deméritos.
Pois hoxe, non podemos deixar de referir o nome do antropólogo, referido no título deste texto, que faleceu o pasado día 2 do corrente mes, nun hospital na cidade italiana de Venecia, conforme indicou súa compañeira a artista e escritora, Nika Dubrovsky.
Este cidadán, se desfixo das ataduras, que o ataban a este solo terráqueo, coa idade de 59 anos, e sobre todo, cando tanto esperabamos da súa brillante cabeza.
Como na maioría das ocasións tamén a súa pasaxe por este “vale de bágoas”, non foi exento de problemas pois, non deixaremos de referir desde xa que por razóns de orde nitidamente políticas, foi expulsado (non queriamos utilizar o termo, pero é o único que encontramos que, dunha forma sintética posúe todo o drama dunha inxustiza real), por súas conviccións políticas da beca que posuía, da Universidade de Yale dos Estados Unidos da América (o tal país, de que tanto admiramos, en España, pola súa democracia e tolerancia para cos intelectuais).
O propio Graeber, ao ser informado de que non lle renovaban a referida beca, que aínda tiña máis un ano de recorrido, sempre un home integro, pensou, segundo declarou que talvez non fose renovada polas súas ideas políticas (probabelmente non de acordo cos financiadores da respectiva institución universitaria; quen manda neses organismos do coñecemento, son os chamados “Amos do Mundo” (1)), unha vez máis este intelectual, non recriminou de forma dura, se limitou unicamente a emitir un xuízo o máis neutro posíbel, atribuíndo a non renovación a que talvez sexa polas súas posicións políticas.
Estabamos en 2005, e nese momento, por iniciativa de seus alumnos e compañeiros a universidade de Yale, recibira, unha petición de renovación da respectiva beca con máis de 4.500 sinaturas, en seu apoio (grande é a democracia e a tolerancia nas terras do tío San).
No entanto, non deixaremos de referir que en 2015, nunha entrevista ao periódico The Guardian, atribúe a súa exclusión a dúas ordes de razóns: Por gustar demasiado do seu traballo e por vir dunha clase social equivocada, pois viña de clase de traballadores (estamos perante aquel pais – Estados Unidos da América-, que tanto admiramos e, apreciamos, pola súa tolerancia e ausencia de discriminación social, quere por nacemento ou por color de pel).
Graeber, ten sido unha referencia, para todos os que se interesan polo mundo das ideas, sen trabas nin barreiras, por unha xustiza social, non manipulada polos poderes xa referidos, que tanto é necesario neste planeta en que vexetamos.
Estivo sempre atento a mirar cunha especial lupa, todas as tramas que os poderosos estendían a través de súas “meigo e suaves palabras”, alertando dunha forma directa e clara o que se escondía por detrás.
Maioritariamente se pode inscribir este intelectual, como un antropólogo económico, que tivo que saír de seu país de orixe, para poder exercer a súa actividade de profesor na Inglaterra, na London School of Economics and Political Science.
Foi un dos activistas do movemento Occupy Wall Street. Traballou no campo, como antropólogo, en Madagascar, para pronto se dedicar, a escribir os seus múltiples escritos, publicados en inmensas publicacións de súa especialidade. É autor de varios libros en solitario de inmenso éxito, como por exemplo “Bullshit Jobs, A Theory”, o ultimo sairá o próximo ano, no outono conxuntamente co seu compañeiro David Wengrow.
Non podemos deixar de referir este comentario de Maurice Bloch, que o cognominou, do máis eminente antropólogo da súa xeración.
Unha pequena nota sobre as súas orixes, e sobre todo recordar, que en España, é persoa practicamente descoñecida, a pesar de seu pai ser un membro das brigadas internacionais, téndose distinguido na fronte de Binicassim na Guerra Civil e sendo un grande apaixonado da cidade de Barcelona. Polo lado de súa nai, esta era unha xudía polaca, sindicalista téxtil e emigrada na América. Non podemos deixar de referir que seu pai tivo contacto co movemento anarquista español.
O propio Graeber, afirma nunha conferencia, ao final da Guerra do Kurdistán que “el sabía que o anarquismo era algo para todo o mundo”, insistindo “que sempre o dicía”. No entanto, as persoas pensaban que era unha loucura, que xamais non funcionaría “leave the people cho their own devices”, que por nosa tradución sería: que se deixas ás persoas con seus propios instrumentos, se matarían. Sería o caos.
Este o pensamento, non era o seu, pois fora educado doutra maneira, e o seu propio pai, lle tiña transmitindo que podía funcionar ben, como el o tiña visto. Entón, el dicía moitas veces, “why not you would be for it?”, entón se funciona, traducindo “porque non estarías por ela? No entanto, non me gustaba que o titulasen de anarquista, pois consideraba que iso era unha practica de vida e non un cognome.
Se implicou sempre, até a súa morte, pola abolición das dividas dos chamados países do Terceiro Mundo. Estivo sempre na primeira liña de defensa do pobo kurdo, cuxa revolución foi e continúa a ser preconizada polas mulleres kurdas.
Sempre se posicionou contra por unha loita non soa dos traballadores, pero contra o traballo. Sempre dixen que unha gran parte da poboación mantén os restantes. De aí que, algunhas veces, se imputa a autoría da expresión de que somos os 99% que mantén ó 1%, sempre rexeitou a invención da expresión a non ser a de que somos os 99.
Igualmente, se manifestou que as novas tecnoloxías, non alivian o traballo das persoas, antes polo contrarío fan que a persoas traballen máis. Esta idea, está en seu libro “Bullshit Jobs, A Theory, así como os desnecesarios traballos da gran maioría dos “traballadores de colo branco”.
A súa militancia, contra os traballos demasiados burocráticos e as súas ganas de ver solucionado o espantoso problema das desigualdades sociais, consubstanciadas nunha pobreza imposíbel de aceptar, levárono a ser un defensor do Renda Básica Universal, explicando que a clase dominante, se dera conta de que unha poboación feliz e produtiva e con tempo libre, en súas mans, sería un perigo mortal
Terminamos este texto con tres referencias insospeitadas, primeiro a de o historiador Rutger Bregman, que consideraba David Graeber, como un dos maiores pensadores do noso tempo e un escritor extraordinario. E finalmente a de o columnista The Guardian, coñecido mundialmente, Owen Jones, igualmente tamén escritor, que afirmaba que se trataba de “un xigante intelectual, cheo de humanidade, unha persoa que serviu de inspiración e motivación a moitísima xente”, apreciación partillada polo coñecido economista Thomas Piketty.
Se el primero en comentar