Se un microbio pasa dun ser humano a outro ser humano, tal como xa avanzamos estamos perante un fenómeno social e como tal estamos, dando inicio ao que se chama unha epidemia.
Por Jose Vieira
As pandemias, acostuman marcar momentos cruciais da historia da humanidade. E dunha maneira ou doutra teñen tido maior ou menor importancia na nosa historia.
Imos facer unha separación, que aínda que todos saibamos os respectivos significados, sempre é bo recordar.
No mundo en que estamos somerxidos, estamos rodeados me miles de millóns de microrganismos, de que nos procuramos esquecer, até porque como son tan microscópicos que non lle damos a certa importancia. Ou polo menos a maioría de nós.
Como sabemos en xeral, son a maior cantidade de biomasa que coñecemos.
Para o tema, que hoxe queremos abordar, nos imos só centrar en dous deses señores do mundo case invisíbel, que reparan no nome de virus e os que lle chamamos bacterias.
Curiosamente, ou talvez non, os señores virus, para existiren e se reproduciren, teñen necesidade de encontrar un sitio que onde se poidan aloxar.
Encontra partida, as señoras bacterias, non necesitan dunha unidade hoteleira para se reproducir.
En xeral cada un de nós, somos portadores de millóns deses microrganismos.
Afondando máis, segundo o que queremos transmitir, se un microbio pasa dun animal a un ser humano, debemos considerar, que estamos perante un proceso biolóxico. Mais, atención, se ese microbio se estabelece no ser humano e este despois o transmite a outro ser humano, entramos no dominio do social.
Pois, agora estes dous seres humanos, forman parte da sociedade.
Onde queremos chegar con esta idea, é que se un microbio pasa dun ser humano a outro ser humano, tal como xa avanzamos estamos perante un fenómeno social e como tal estamos, dando inicio ao que se chama unha epidemia.
No entanto, estamos recentemente desde marzo do ano de 2020 familiarizados coa palabra pandemia e, para a caracterizar, ou sexa, o desastre que nos está a ofender a todos, causando unha perturbación tremenda a todos os niveis de vida, no planeta que habitamos a Terra.
Claro que a pandemia é algo que deberá ser definido para que saibamos de que estamos a falar e, con algunha propiedade.
Así como vimos, cando un señor virus, se transmite dun ser humano a outro ser da mesma especie, estamos, conforme xa avanzamos, diante dun fenómeno social, agora lla transmisión se torna explosiva e xeral, iso significa que, estamos perante outro fenómeno de ámbito moi máis ampliado e cuxa responsabilidade, desta, é unha “creación humana”, que afecta como é evidente as relacións sociais, como o confirmamos o noso día a día, diario.
Mergullemos na larga noite dos tempos e, sen gran esforzo encontramos varias situacións, na vida do cotián de entón, que se poden e deben titular, como pandemias no sentido rigoroso, de acordo co que enriba referimos.
Imonos socorrer da historia universal e, no entanto, só iremos referir algunhas desas pandemias, senón este se tornaría demasiado fastidioso.
Así na época do emperador romano Justiniano, que estivo no poder entre 527 a 565 da nosa era (significa que gobernou durante 38 anos), levando a efecto varias campañas, o que hoxe designamos como guerras e, como estas sempre fan desprazar grandes continxentes humanos, nos trouxen unha pandemia que segundo os cálculos de entón, estimaron unha perda de 100 millóns de habitantes.
Como sabemos este emperador romano, estaba instalado en Constantinopla e, só nesa cidade, que era a maior de entón, pereceron cerca dun terzo da poboación. Notemos, que os grandes movementos de tropas dun lado, para o outro, foron excelentes vehículos para a transmisión de contaxios.
Saltemos, para máis adiante o tempo e, tamén coincidindo cun momento de gran intensidade comercial, con múltiples traslados de axentes comerciais, e de xentes dos máis “desvairados lugares do mundo”, que afluían continuamente as florecentes repúblicas italianas (estamos no medio do século XIV ou sexa rasando o ano de 1346) e, entón se volveu a se espallar unha nova pandemia, que atinxiu mesmo os países do norte da Europa. Todo pasou coa mobilidade as xentes ao servizo das repúblicas italianas, que tiñan relacións comerciais, por todo o mundo coñecido de entón. Se denominou esta pandemia, de peste negra.
Segundo as crónicas coevas, se estimou que entre un terzo e un quarto da poboación europea, morreu por causa desta pandemia.
Cabe aquí, referir que as pandemias, sempre veñen acompañadas por un chamado, na actualidade, desabastecemento de medios e, moitas veces coinciden con más colleitas e, como non, de inmensas dificultades de asistencia aos contaminados.
Reparemos na similitude de problemas que se repiten desde sempre nestas circunstancias.
Aínda máis unha semellanza que non podemos deixar de referir.
É especialmente durante este surto pandémico da peste negra, onde toda a economía se desmorona, mais, no entanto, se consolidan e desenvolven os grandes poderes financeiros da altura, como por exemplo nas repúblicas italianas os Médicis na Florencia e os Sforza en Milán, entre algúns outros. Os grandes “ricos”, se transforman en banqueiros e, súas fortunas e poderes se tornan enormes e poderosos.
Como podemos ver, entón como hoxe, os moito ricos aproveitan moito ben as desgrazas dos máis pobres, para se tornaren aínda máis ricos á custa da pobreza allea.
Imos pasar para o século XX, e como non podía deixar de acontecer, a Primeira gran Guerra Mundial, veu facilitar a transmisión do virus da gripe, e que probabelmente, tivese orixe nos Estados Unidos da América do Norte, pois este se asociou á guerra en 1917.
A infección en cuestión, se propagou rapidamente entre as tropas e ao terminar a guerra, polas respectivas poboacións de orixe dos militares (como curiosidade esta gripe pandémica, tamén ficou coñecida como a gripe española, a pesar de España non entrar no conflito militar).
Segundo cálculos sobre as defuncións provocadas se contan que fosen diezmadas entre 50 a 100 millóns de persoas.
Falemos agora de dúas máis recentes e que aínda todos coñecemos os seus reflexos na sociedade en que vivimos, se trata da *Ébola e da Sida.
Comezamos pola sida, coñecida polas súas letras VIH, esta se expandiu un pouco por todo o mundo, parecendo ser propagada a partir no noso antepasado máis próximo o chimpancé, parece ser orixinada polo consumo de súa carne e, xeograficamente a partir de Camarón.
Esta enfermidade coas siglas VIH, significa, na súa fase final, sida, que se trata dunha síndrome de imunodeficiencia adquirida. Isto significa que cando se desenvolve esta fase, o corpo onde se aloxou, está demasiado débil e, como tal, o virus o ataca desenvolvendo ese estado de sida.
Acontece que esta enfermidade se desenvolveu como dixemos, dunha forma global, no entanto, nin en todos os portadores de VIH, se desenvolveu a Sida.
Esta se ten transmitido esencialmente por vía sexual, no entanto, a súa inicial virulencia que conducía a inmensas mortes, hoxe en día está practicamente controlada, o que non quere dicir eliminada.
O mesmo se pode dicir da Ébola, que esta circunscrita e practicamente controlada, a pesar de lonxe de estar eliminada. Neste caso o virus é transmitido ao ser humano por animais salvaxes, logo un proceso biolóxico e se transmite de humano a humano por contacto, ou sexa, por un proceso social. Queremos aínda recordar, que a taxa de mortalidade no caso do virus (EVE) da Ébola, se aproximaba moito do 50% dos infectados, no entanto, nos primeiros brotes chegou a atinxir moi próximo dos 85%.
Parece que esta enfermidade, que como avanzamos é altamente letal, tivo orixe en países da África central.
Non podemos deixar de volver a repisar, que o mundo, está cada vez máis globalizado, onde as distancias, non son impedimento ou límite material, aos contactos humanos, o que ten facilitado, cada vez, en maior medida, as transmisións persoais.
Igualmente cabe deixar unha mención, moi especial, en relación aos intereses do neoliberalismo económico, que domina o mundo en que vivimos, e que os señores que “Mandan no Mundo”, escondéndose por detrás dos traficantes de trato ilegal de traballadores, ten aberto as fronteiras de para en par á divulgación e propagación destas epidemias que pronto se transforman en pandemias (basta tomar en consideración os números avanzados pola ONU, que conseguiu determinar, máis de 21 millóns de seres humanos, son escravizados polo proceso de trata humana).
Esta é outra queremos tamén colocar en evidencia, que para a resolución o mellor dicindo palear, estes problemas pandémicos, as medicacións existentes, ten sido desenvolvida, non polos capitais propios das farmacéuticas, mais si, cos cartos públicos, e en contrapartida, posteriormente son aquelas quen fan certas fortunas na venda deses medicamentos.
Esta é a situación que se está a ver co problema das vacinas para a actual pandemia de covid 19 e súas variantes. Esta pandemia, como podemos observar, mostra que o ciclo de pandemias se ten vindo cada vez a acurtar, facendo que entre ciclo e ciclo os tempos sexan cada vez máis curtos.
Estamos perante un sexto pico de incidencia da actual pandemia, tendo coincidindo coa nova variante a que como dixemos a OMS, chamou *ÓMICRON. Esta, parece ter como incubadora, a África subsahariana, no entanto, se espallou rapidamente como un lóstrego, por todo o mundo. Para que fagamos unha idea, e só nos referimos a 2019, se efectuaron 38,2 millóns de voos, sendo transportados cerca de 4,2 mil millóns de pasaxeiros. Isto serve para dar unha idea de como é case imposíbel trabar a propagación destas pandemias.
Finalizamos este, coa información de que as vacinas existentes, as máis eficaces parecen ser a Moderna e a Pfizer, mesmo en relación a esta última variante da covid 19, tendo para as tres doses de vacinas aplicadas a un ser humano, atinxir un grao de inmunidade de cerca de 75 e 70 %, respectivamente a las 10 semanas. Por esta razón os laboratorios en cuestión, xa están se lanzando na produción de vacinas máis específicas para este novo desenvolvemento que se chama Ómicron.
Esperemos que este limiar, o do terceiro ano, nos veña a liberar desta espantosa espada sobre as nosas cabezas, ou coa erradicación da pandemia ou da convivencia, coa mesma, mais sen as consecuencias traumáticas con que hoxe nos confrontamos.
Se el primero en comentar