O cerco medieval para derrotar ós sitiados palestinos pola fame

queren aparentar seren moi humanitarios, dicindo que están a pretender estabelecer acordos para abrir corredores de abastecemento en Gaza e, por outro lado, deixaron de pagar a súas cotas á organización da ONU, que esa si, de forma continuada e xa hai algúns anos, prestaba auxilio, ao pobo palestino

Por Jose Vieira

Non podemos deixar pasar a oportunidade para volver a dicir, o que para nós é unha afirmación obvia, de que a deshonestidade dos políticos en relación ao que pasa no Mundo que nos cerca, é totalmente diversa.

Así, entre o que procuran que saibamos e o que pasa na realidade e o que pretenden que absorbemos, vai unha distancia, temos moita dificultade, senón case a imposibilidade de comprender o que de verdade se está a pasar.

Antes tiñamos a impresión de que o mal era dos políticos, máis do noso entorno, mais comezamos a tentar facer o contraste do que está a pasar, lendo e escoitando as noticias transmitidas pola maioría das grandes axencias informativas, coas informacións de observadores independentes e, case que podiamos afirmar, que na maioría dos casos, parecen que un mesmo éxito, se está desenvolvendo non no planeta Terra, mais si noutra galaxia.

Por outro lado, como temos vindo varías veces a comentar, as informas dos éxitos mundiais, só nos chegan, despois, de seren debidamente (de acordo cos intereses do Líder militar do Mundo en que vivimos os Estados Unidos da América do Norte – adiante soamente USA), manipuladas por aqueles e, na Europa, polos secuaces da señora van Leyden (a alemá presidenta da Unión Europea – adiante soamente EU), que é a apoderada dos intereses dos USA e como non, nada fai que poida mostrar que esa tal EU, é outro espazo socio/político distinguido e independente dos USA e, que por tanto, teñen sen dúbida outras condicionantes e intereses propios.

Todo isto, se repite, unha e outra vez, sendo cada vez máis gritante, a situación de supervivencia da Europa dita comunitaria.

Cada vez, se ten vindo a perder máis a súa autonomía (os países da Europa e esta en súa comunidade designada por EU), pois, hoxe ao a comparar, en termos de capacidade de decisión propia, está moito abaixo, das autonomías, de moitas das antigas colonias, que por certo, estaban sobre o dominio de países que hoxe integran a EU.

Se quixermos ter dous exemplos arrasadores desta nosa afirmación, basta ollarmos para o comportamento da USA e até onde este levou a súa colonia EU, xa este século XXI.

Primeiro o alargamento e prolongamento da organización terrorista chamada OTAN, desaparecendo a seu tempo, o chamado Pacto de Varsovia e sendo postos como letra morta, os tratados, firmados coa debida anterioridade e, non respectados polos USA.

Segundo a imposición de restricións económicas a Rusia sabendo desde antetempo (existe unha especialidade científica na América que se designa por Macroeconomistas) que sabía moito ben, cales eran as consecuencias desas restricións.

As estamos a pagar o pobo da Europa e non o americano. E por outro lado, estas están a facer crecer a excelente ritmo a economía rusa. En contra partido u occidente “integro e experto” en crise para non falarmos nunha depresión económica.

Terceiro, os nosos colonizadores, que perderon desde á uns anos o comando da economía mundial, superados de praza pola China, impuxeron a seus colonizados en especial a Europa da EU, un gasto militar prioritario (impondo polo menos, un presuposto do 2%do PIB de cada país), deixando as súas propias necesidades sociais, nunha austeridade infame.

Todo isto porque, as súas industrias de armas o impuxeron, así como impuxeron o alargamento da OTAN, o que é dicir alargamento do seu mercado de material de guerra.

De aí que se cultive a guerra por encargo entre a Ucraína e a Rusia, a pesar desta ter petición conferencias para cerrar o conflito. Nunca os USA, quixeron resolver o conflito, pois, tiñan que vender armas.

Recordemos que o señor Biden, non é máis que un mero vendedor de armas, fóra do prazo de validez.

Cuarto, non podemos tamén de apresentar como outro exemplo demoledor, o apoio incondicional, na sombra, unhas veces, mentres noutras total apoio ao xenocidio dos israelitas, ao pobo palestino.

Sobre este aspecto, queren aparentar seren moi humanitarios, dicindo que están a pretender estabelecer acordos para abrir corredores de abastecemento en Gaza e, por outro lado, deixaron de pagar a súas cotas á organización da ONU, que esa si, de forma continuada e xa hai algúns anos, prestaba auxilio, ao pobo palestino.

Falamos da UNRWA, que traducido é Axencia para os Refuxiados de Palestina no Próximo Oriente.

Esta actitude dos americanos, pronto seguida pola Alemaña e máis recentemente pola Francia, se integra na chamada política de derrotar os palestinos pola fame. Non hai a menor dúbida que os estrategos da USA e da EU, máis da Nato, volveron as estratexias dos cercos ás fortalezas da Idade Media.

Todo parece ser motivado por que os israelitas, dan como motivo para que os americanos deixen de pagar a cota a UNRWA, é que 12 dos empregados desta axencia, tiñan conexións con Hamás, ou eran membros dela.

Non podemos deixar de referir, que a UNRWA, sobre o terreo tiña un pouco máis de 13.000 efectivos. Basta comparar con que a UNICEF e a PMA, xuntos non chegan a uns escasos 70 efectivos.

Se pregunta como se pode atender eficazmente a poboación palestina?

Como nota, queremos recordar, que a principios deste ano, o Tribunal Internacional de Xustiza, determinara que as accións de Israel en Gaza, constituían plausibelmente un xenocidio.

Así para unhas cousas debemos seguir a xustiza e, cando nos convén pasamos olimpicamente dela.

Parece un conto de terror, mas é a realidade e verdade núa e crúa.

Outro interesante caso, que unha vez máis demostra como a señora van Leyden, e seus “muchachos” actúan, se pode ilustrar, de acordo coas ordes do vendedor de armas Biden e seus patróns, quere lanzar impostos de entrada na Europa dos coches fabricados na China e, máis até o quere facer de forma retroactiva.

Unha vez máis, imos continuar a acelerar, os problemas económicos do pobo europeo, non lle chegando aos señores da Comisión Europea os resultados obtidos nos castigos impostos a Rusia.

Debemos sobre este tema recordar, que moitos dos coches que hoxe levan marcas europeas, xa son fabricados na China ou se nutren de insumos que son vitais e, igualmente fabricados nese país.

Finalmente queremos que non se esquezan que estes recortes americanos e da señora van Leyden, deixan no rol de posíbeis vítimas de morte por falta de alimentos algo con 2,3 millóns de palestinos (gazatis).

Por tanto, o xenocidio perpetrado e levado a efecto polos israelitas, ten dous cómplices, sen perdón, os USA e a EU.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.