Estamos no fin da globalización?

o colapso da globalización, superaría unha especie de loita entre os dous bloques, para se tornar, moito máis, nunha máis ampla mestura de unidades económicas en competencia.

Por Jose Vieira

Partamos da seguinte frase, que “non son as vantaxes comparativas nin os custos os que impulsam os beneficios comerciais, mais si os custos absolutos (simple contabilidade xeral). Ao fin e ao cabo se trata da rentabilidade relativa.

Por exemplo, se os custos de “man de obra” dun determinado país, son moito máis baixos, do que os doutro país, entón o primeiro, obterá cotas de mercado, mesmo que o que os ten custos máis elevados, poida ter “algunhas vantaxes comparativas”, como por exemplo en innovación.

Con estes dous parágrafos o que queremos dicir é que o nivel de produtividade e crecemento dunha economía, depende do custo da man de obra.

Xa en 1848, Karl Marx e Engels, no “Manifesto Comunista”, puxeron a descuberto, o crecente nivel de interdependencia das economías nacionais, provocado polo capitalismo e, prevendo a universalidade da sociedade futura.

Transcreberemos uns respingos do mesmo documento e, “…coa explotación do mercado mundial, a burguesa (aquí como sinónimo de capitalistas), deron un carácter cosmopolita a produción e consumo de todos os países” engadindo, “en lugar do antigo illamento e amargura das rexións e nacións, se estabelece un intercambio universal, unha interdependencia universal das nacións”.

Non se trata doutra cousa que non sexa a chamada globalización.

Así segundo a nosa modesta opinión, o actual pensamento económico, se sente atrapado e, comeza a sentir un correcto fracaso do que na súa teoría capitalista, acostuma chamar de globalización.

Imos tentar dar unha versión conceptual de globalización e, para iso, nos servimos dunha das máis correntes definicións, que afirma que se “trata da expansión do libre comercio e dos respectivos fluxos monetarios, sen fronteiras” (quere dicir, sen se deter en calquera fronteira xeopolítica).

Segundo o Fondo Monetario Internacional (FMI), a globalización se pode identificar a través de catro características a saber; comercio e transaccións, movementos de capitais e inversións, e migracións e movemento de persoas e a difusión do coñecemento.

Estas características se encontran en simultáneo e non illadamente.

Así, a teoría marxista, até podía adiantar este resultado.

Mais fixémonos en a teoría dedutiva da “vantaxe comparativa” (reportamo-nola David Ricardo) e, esta sempre se puido demostrar que era falsa. Isto quere dicir que os desequilibrios comerciais, así como os de capitais, non tenden ao equilibrio nin á compensación no largo prazo. Tal como afirmamos enriba, cun exemplo, de dous países con custos moi distinguidos de man de obra.

Contrariamente ao que defende o capitalismo, este non se pode expandir dunha forma min harmoniosa nin equilibrada, a través do mundo. É un sistema económico, cargado de contradicións, pois, se norteia pola lei do valor en busca unicamente de maximizar os beneficios.

É máis que evidente que unhas economías, funcionan dunha forma máis eficiente, en canto outras non son tan eficientes. Esta é outra contradición do sistema e, como tal, o que acaba por acontecer é que unhas, as máis fortes, acaban por someter e, subalternizar, as máis débeis.

Dito dunha maneira máis cruel, o capitalismo practica o canibalismo internacional. Queremos dicir que en situacións de conflito ou mesmo de pre-conflito, as máis potentes impoñen as súas regras. Exemplo típico, o imperialismo, sen piedade americana.

O que quere dicir que o termo globalización para a teoría marxista, é ser, o sinónimo de expansión do imperialismo. Basta estar atento a acción imperialista da América do Norte, por exemplo, sobre a Unión Europea, ou pola inminente perda de poder da América para a China e de aí o seu enfrontamento e as respectivas sancións.

Para se ter unha idea temporal de como este fenómeno evolucionou, podemos referir de novo o FMI, que nos indica, que durante o século XX, se desenvolveu entre dous escenarios, por un lado o bloque imperialista e do outro lado o resto do mundo (ou sexa a América do Norte e o resto do mundo).

En contrapartida, o actual século XXI, se ve que as outras economías, comezan a cuestionar o imperialismo (que busca recuperar a rendibilidade) mais que, o resto do mundo, xa non quere continuar a colaborar, para a grandeza hexemónica e despótica, pondo en cuestión a súa submisión e, asentando as bases para a contestación e unha nova división.

Mesmo os señores da teoría económica capitalista, xa son conscientes que o libre comercio e circulación de capitais, nos últimos 30 ou 40 anos, non creou os beneficios estimados, para todos, o que contraría frontalmente a teoría económica da vantaxe comparativa e libre competencia.

Como consecuencia visíbel da globalización, esta non creou un desenvolvemento, nin harmonioso nin igualitario, o que creou iso si, é unha maior desigualdade social, quere entre países, quere dentro deles mesmo (ou sexa, inter e intra respectivamente).

Podemos recordar o exemplo de moitas multinacionais, ao deslocalizarems súas producións para países de máis baixos salarios, e trasladando novas tecnoloxías, reduciron a man de obra utilizada e obtiveron por iso maiores e particulares beneficios, en proveito propio.

Estamos a ver, de acordo cos traxes coñecidos, o que está ocorrendo nestas primeiras décadas do século XXI, sobre todo nesta última, parece, en que se poderá oficiar o solemne enterro da globalización. A rebelión dos menos fortes

Aínda que esta morte anunciada, xa o foi varias veces e, no entanto, a súa cabeza ten asomado, unha e outra vez no contexto económico mundial, con forzas máis ou menos renovadas.

Durante as dúas décadas de 1990 e 2000, as economías capitalistas, aliñaram cos méritos incontestábeis para estes, coa globalización (se tratou de seguir con fe a David Ricardo) e, así, están aínda convencidos de que a globalización renascera con forza.

Só que, actualmente, a importancia do imperialismo americano, ou sexa, a súa hexemonia, non é tan evidente, nin as rendibilidades das principais economías que emerxeron no tras Segunda Guerra Mundial, é tan nítida e, como tal, están xurdindo outros concorrentes e, con toda a certeza, pode que tampouco sexan fraternos, con quen sempre os colonizou, os explotando.

Todo parece estar a se tornar evidente, co grito de estertor da América do Norte ao ver que a sua hexemonia, xa só se suste a non ser militarmente, por exemplo impondo, a través da súa afiliada OTAN a venda de armamento. Véxase a submisión do goberno de España, celebrando os 40 anos de súa entrada na OTAN. Globalización de estertor.

No entanto, diriamos que o colapso da globalización, superaría unha especie de loita entre os dous bloques, para se tornar, moito máis, nunha máis ampla mestura de unidades económicas en competencia.

Finalmente en noso entender, se e cando o capitalismo consiga recuperar unha maior rendibilidade, sempre que esta sexa sustentábel, talvez se cree as condicións para un novo surto de globalización. Mais isto, tamén nos parece pouco probábel e, tan pouco queremos facer futurologia.

O que vemos realmente, é outra recesión e, no horizonte apunta unha morte anunciada da globalización salvaxe.

Será mesmo así?

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.