Por Jose Vieira
Ninguén neste país ten de máis mínima dubida de que a palabra dominante desde os idos de 2007/2008, a sido austeridade.
Houben mesmo no inicio da crise, de entón, o problema teórico de saber se debiamos ter máis o menos restricións, ou sexa, canto de austeridade ou de tolerancia.
Era de tal maneira, a situación das posicións teóricas, que os principais medios que se dedican a tomar nota das visitas en busca de definicións de termos, que foi a palabra electa na zona da Comunidade Económica, en 2010, como de máis veces consultada.
Tal e cal unha pandemia, ao se profundar a crise na Europa, se propagou, non só a palabra, como a política (será que era unha política!), a través de todo o espazo en cuestión.
Claro que cando algo é imposto, dunha maneira tan violenta, como foi imposta a austeridade, sobre todo polos ortodoxos alemáns, co seu ministro de economía, o señor Wolfgang Schauble, rabioso dos europeos, estaren “a gastar por encima das súas posesións”, e a vivir con normalidade. Eso sería en termos xermánicos intolerábel, para as súas conviccións cristinas. Recordemos que esta palabra ten unha orixe na filosofía moral, cunha fortísima carga moral, apelando aos sacrificios, á disciplina, á parsimonica e como non as liberalidades irresponsábeis, dos non cristiáns, auténticos infieis e parasitos do esforzo alemán (palabras que podían ser extraídas dunha predicación de Martín Lutero).
Non entanto, como é do coñecemento xeral, as experiencias que coñecemos ao longo da historia, ten demostrado a ineficacia deste tipo de acción, pois traba o crecemento económico, que a débeda pública aumente(non nos esquezamos das espantosas determinacións da empresas de rating, coas súas puntuacións discriminatorias abrigo, sobre os países máis febles.
Quen sufriu máis con estas medidas, naturalmente os de sempre, o pobo. Cal a gran consecuencia xa hoxe a vista de todos, o aumento da desigualdade social, concentrándose a riqueza en cada vez menos mans, que no fondo era e é o obxectivo deses señores, a que se chama habitualmente neoliberais.
Recordemos unha cantilena, duns cantos políticos, que todos coñecemos, pois pertencen a esa casta dos chamados neoliberais, “que os estados son como as familias, e como tal, tampouco poden gastar máis do que ten”.
Máis outra mentira total, que temos tido unha e outra vez que tragar, nos medios de comunicación social, até que de tantas veces repetidas, até parecía unha verdade insofismábel.
Os gobernos, ten outros medios, que unha familia non ten pois, como todos sabemos, as familias, se limitan aos salarios que reciben e que son un ingreso fixo, na súa maioría.
Os gobernos, traballan con orzamentos, onde manipulan dun lado as receitas(ingresos) e, do outro lado os gastos.
Cando, calculan os ingresos, o fan de acordo cos seus “donos”, o sexa, cumpren o que mandan as grandes empresas, que se trata de baixar os impostos e aumentar as subvencións.
E a consecuencia desa practica, é máis que evidente, para equilibrar o gasto, ten que recortar. Aí está a falacia da austeridade.
Por outro lado, quérenos facer crer, que a austeridade xera nos pobos e claro nos países confianza, e como tal, as empresas de rating, clasifican mellor os países que son máis obedientes as imposicións dos donos de tales empresas. Como tal estas castigan con puntuacións máis desfavorábeis os que se saen do guión. Esta opinión contraria a austeridade a secas, é naturalmente apoiada por moitos e importantes macroeconomistas, como por exemplo o Nobel da economía Paul Krugman.
Este mesmo recorda que os países europeos onde máis se aplicaron estes recortes, foron os que menos recuperaron tras a crise de 2007/2008 (véxase o seu artigo no The Guardian, de 29 de abril de 2015, sobre o título “The Austerity Delusion”).
É importante, dicir que até un dos principais intervenientes en espartillar os países, con grandes débedas, o Fondo Monetario Internacional, vulgarmente coñecido por FMI, a través do seu xefe de estudos económicos, que xa na altura, se declarou abertamente contra a austeridade, a calquera prezo, se trata dun dos máis brillantes economistas e profesores de macro economía.
Se trata do profesor Olivier Blanchard, que entre outros títulos, ostenta o de profesor do Massachusetts Institute of Technology.
O mesmo aconteceu co outro membro da chamada “ troica” (FMI, Banco Mundial e Banco Central Europeo), que veu a constatar, que as medidas aplicadas, se mostraron inadecuadas, para a recuperación dos países intervidos (Irlanda e Portugal, que saltaran as restricións por positiva e na Grecia, que se quedo por a negativa atrapada negativa).
Retomando Paul Krugman, hoxe en día, case ninguén cre nas bondades da austeridade que serviu de mortificación o flaxelo medieval, dos países con economías, máis debedes.
Se pregunta, entón porque se aplicaba este tipo de instrumento económico!
Pois ben, se trataba e trata, dunha política que servía as clases dominantes, as imposicións dos mercados financeiros e económicos pois, só aumentaban os seus beneficios, sen estes teren que facer nada.
Toda a carga negativa, recaia sobre o pobo.
Verifiquemos como beneficiaban os ricos capitalistas:
1) Xeraba, recesión e desemprego, se reducía as presións salariais aumentaban os lucros e as desigualdades sociais.
2) Recortaban nas prestacións sociais, reducían os impostos, diminuían os servizos públicos, que pasaban a ser prestados por empresas particulares con altos beneficios.
3) Claro que a austeridade é naturalmente unha das tres patas da mesa do neoliberalismo, sendo as outras, a liberación dos mercados (desregulación total), e finalmente as privatizacións a prezos de ganga.
Finalmente o que resta desta aplicación económica, son a destrución dos servizos públicos, con especial relevancia, na saúde e na educación.
Nos referimos nestes dous en especial pois, se verifica neste grave momento dunha pandemia, con efectos demoledores, que a saúde foi practicamente destruída nas súas bases esenciais, polos gobernos maioritariamente adeptos da austeridade, das privatizacións e das externalizacións de servizos.
Tampouco podemos deixar de referir, a má fe e mentira sistemática, do goberno americano, con Donald Trump a cabeza, colocando como responsábel da crise de pandemia, en todos os medios de comunicación que domina, que o responsábel é a China.
Recordemos que actualmente a China, está a por ao servizo do occidente, medios para axudar ao combate da pandemia, mentres os Estados Unidos da América do Norte, só pon medios de destrución dos pobos que seu día se recorda de eliminar.
NOTAS:
(1) Non queremos facer ningún ataque persoal al señor Wolfgang Schauble pois, este o día 12 de outubro de 1990, foi albo dun atentado, feito por un doente mental, Dieter Kaufmann, que o deixou nunha cadeira de rodas. Por iso os nosos respectos como persoa.
Chegou a ser o presidente da CDU, no entanto un problema de financiarán ilegal, en 2000, tivo que dimitir e entregar o partido a señora Ângela Merkel
(2) Axencias de rating, son agencias, que califican os riscos das débedas de países de grandes empresas, etc. Traballan para os grandes conglomerados financeiros. As principais son Moody´s, S&P, Fitch e Japan Credit Ratings. Estas son as máis importantes e que ditan as regras en xeral. No entanto, actualmente hai 114, que son controladas desde Wall Street.
Se el primero en comentar