Por unha lei que poña fin á impunidade do franquismo

Homenaxe Nacional ás Vítimas do Franquismo en San Simón

Comunicado do Encontro Estatal de Colectivos de Memoria Histórica e de Vítimas do Franquismo

O Anteproxecto de Lei de Memoria Democrática que presentou o Goberno non garante que se poidan investigar e enxuiciar os crimes da Ditadura Franquista.

No 72 aniversario da aprobación da Declaración Universal de Dereitos Humanos, o Encontro Estatal de Colectivos de Memoria Histórica e de Vítimas do Franquismo (a partires de agora Encontro de Memoria), demanda ao Goberno do Estado e ao Congreso dos Deputados a aprobación dunha Lei de memoria democrática que poña fin á impunidade do Franquismo e que garanta os dereitos á verdade, xustiza e reparación ás vítimas da ditadura e a transición.

O Encontro de Memoria, reunido telemáticamente o 10 e 24 de Outubro de 2020, fai a seguinte valoración do Anteproxecto de Lei de Memoria Democrática, aprobado polo Goberno do Estado o 15 de setembro de 2020, que se recolle nun amplo documento (Conclusións V Encontro) e incorpora un importante abano de propostas e reivindicacións do movemento memorialista.

En primeiro lugar, entendemos que é insuficiente o avance que representa este anteproxecto de lei, xa que debería incluír a declaración de nulidade dun dos alicerces fundamentais da impunidade do franquismo: a Lei de Amnistía de 1977, ou polo menos, daqueles apartados (artigo 2, apartados e e f) que impiden investigar os crimes do franquismo, e xa que logo, o acceso á xustiza.

Entendemos insuficiente a condena do franquismo porque non se fai nos termos declarados nas Resolucións das Nacións Unidas adoptadas pola Asemblea Xeral da ONU o 9 de febreiro e o 12 de decembro de 1946.

Polo que atinxe ao período que abrangue a Lei, estamos certos en que este tería que chegar, polo menos ata 1983 e que, nos casos de bebés roubados, a data debería estenderse ata 1999.

Canto á definición compre sinalar que non quedan incluídos (ou se fai dun xeito excesivamente xenérico) todos os colectivos afectados polas diferentes formas de represión franquista, o que supón o non recoñecemento do seu Dereito á Verdade, a Xustiza e a Reparación, como claramente prescribe o Dereito internacional dos Dereitos Humanos.

Por outra parte, hai que mellorar e ampliar a redacción do articulado sobre un aspecto tan importante como é o das vítimas do roubo de bebés. Semella imprescindible incluír a variedade de motivos que xeraron ese crime, durante a ditadura e a transición,  perpetrado por entidades ou persoas vinculadas ás institucións do Estado.

Non podemos conformarnos con declarar as sentenzas represivas como nulas e ilexítimas, tal e como recolle o Anteproxecto, xa que esa definición non ten validez xurídica algunha. Debemos darlle pulo á idea de que tanto as sentenzas como os tribunais e toda a lexislación represiva do franquismo sexan declarados ilegais e nulos.

O Anteproxecto non garante a tutela Xudicial Efectiva na localización e exhumación das fosas comúns do franquismo, aínda que si é un avance que o Estado español asuma a súa responsabilidade directa na recuperación e identificación das vítimas.

Do mesmo xeito, enuncia a necesidade de investigar os crimes franquistas, pero non garante a súa persecución penal. Non hai neste capítulo ningún avance con respecto á Lei de Memoria 52/2007, quedando, xa que logo, limitado o Dereito á Xustiza para as vítimas do franquismo. Por iso, é fundamental crear unha fiscalía especializada para a investigación e persecución penal dos crimes do franquismo e a transición.

O Anteproxecto non recoñece a responsabilidade patrimonial do Estado, nin de institucións, organizacións, entidades e particulares, que se beneficiaron do espolio franquista e dos traballos forzados.

O Anteproxecto non garante a apertura e libre acceso a todos os arquivos públicos e privados sobre a represión franquista. Tampouco se compromete coa desclasificación e catalogación de todos os documentos contidos nos mesmos. Tampouco asegura o acceso á información, nin o dereito das vítimas á verdade, a xustiza e a reparación.

Opoñémonos frontalmente a que o 31 de outubro sexa declarado Día de recordo e homenaxe ás vítimas do franquismo, pois non ten ningún significado simbólico para o movemento memorialista.

Compre sinalar tamén, que o texto non abre a porta a unha lei de acompañamento cunha detallada e suficiente dotación presupuestaria.

Consideramos imprescindible, para garantir os dereitos á verdade, xustiza e reparación ás vítimas da ditadura e a transición, engadir á futura Lei de Memoria Democrática como Disposicións Finais, establecendo a obrigatoriedade da súa ratificación e desenvolvemento lexislativo no prazo dun ano dende a entrada en vigor

Lei de Memoria Democrática, as seguintes reivindicacións :

O Estado español ten que ratificar a Convención Internacional de 1968 pola que non prescriben os crimes de guerra e os crimes de lesa humanidade, garantindo por lei que se aplique esta Convención aos crimes cometidos polo franquismo.

É imprescindible, ademais, modificar a Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal, incorporando ao noso dereito interno o principio de legalidade internacional (contido, entre outros, no artigo 7.2 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos) e que se cumpra a lexislación internacional en materia de Dereitos Humanos, así como as recomendacións dos relatores da ONU e expertos internacionais.

É asemade necesario modificar o artigo 578 do Código Penal para que inclúa o recoñecemento xurídico de vítimas do franquismo, co fin de que os actos de exaltación do franquismo e de negacionismo histórico sexan definidos como delitos e non queden impunes. De igual xeito esiximos a ilegalización de calquera organización, partido, fundación ou asociación que de exalte, xustifique ou de pulo á ideoloxía, a violencia e todos os actos que o franquismo executou e promulgou desde o 18 de Xullo de 1936.

Para rematar, facemos un chamamento ás forzas parlamentarias democráticas, para que no proceso de tramitación da Lei introduzan todas as modificacións precisas, co obxectivo de que no texto definitivo e dunha vez por todas se poda facer efectivo o dereito á Verdade, a Xustiza e a Reparación para as vítimas do franquismo e o conxunto da sociedade.

10 de decembro de 2020.

Colectivos firmantes do documento de conclusiones V Encontro Estatal de Colectivos da Memoria Histórica e de Vítimas do Franquismo

Acció Ciutadana contra la impunitat del franquisme al País Valencià / Plataforma de suport a la Querella Argentina

Afeco Asociación

AFFNA 1936 | Asociación de Familiares de Fusilados, asesinados y desaparecidos en Navarra en 1936.

AGE (Archivo Guerra Civil y Exilio)

Agrupación de familiares de víctimas del franquismo de la fosa 128 de Paterna.

AMECECA (Asociación Memorial en el Cementerio de Cáceres)

Amical de Mauthausen y otros campos y de todas las víctimas del nazismo de España

Amicale des Anciens de Guérilleros Espanols en France (F.F.I.)

Anemoi

APIGF asociación de perjudicados por la incautación del gobierno franquista

Asamblea Memorialista Andaluza

Asamblea Republicana de Vigo

Asociación «LA BARRANCA» para la Preservación de la Memoria Histórica en La Rioja

Asociación «Memoria Histórica de Rota»

Asociación 19 Mujeres de Guillena.

Asociación Andaluza de Víctimas de la Transición

Asociación Aremehisa de Aguilar de la Frontera

Asociación ARMH Comisión por el Derecho a las Exhumaciones

Asociación Comisión de la Verdad San Sebastián de los Reyes

Asociación Cultural Batalla de Lopera.

Asociación de familiares de la fosa 115 del cementerio de Paterna

Asociación de Familiares de Víctimas del Franquismo de Navas del Madroño

Asociación de Familiares del Memorial de Villanueva de la Serena (AFAMEVVA)

Asociación de Familiares y Amigos por la Recuperación de Jerez y Comarca

Asociación de Los Pedroches por la República

Asociación de Memoria Histórica La Rambla

Asociación de Memoria Histórica PTA-JGR

Asociación de Víctimas del Franquismo de Valverde de Llerena –AVFVDLL (BadajozExtremadura)

Asociación de Víctimas del Genocidio – Donostia

Asociación Foro de la Memoria Histórica del distrito de Latina

Asociación Foro para la Recuperación de la Memoria Histórica de Palma del Río

Asociación Fosa de Alcaraz

Asociación Granadina Verdad Justicia y Reparación

Asociación Guerra y Exilio de Andalucía.

Asociación Manuel Benítez Rufo de Dos Hermanas

Asociación Matilde Landa

Asociación Memoria Democràtica del Baix Llobregat

Asociación Memoria Immolats per la llibertat a Catalunya

Asociación Memorial Campo de Concentración de Castuera

Asociación Memorialista Germinar de Bujalance.

Asociación para la Recuperación de la Memoria Democrática, Social y Política de San Fernando.

Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica de Alcalá de Henares

Asociación por la Memoria Histórica de Arahal

Asociación por la recuperación de la memoria histórica «Romance de Juan Garcia» de Puebla de Cazalla.

Asociación por la Recuperación de la Memoria Histórica de Paterna de Rivera.

Asociación Pozos de Teruel

Asociación Recuerdo y Dignidad

Asociación Republicana Irunesa “Nicolás Guerendiain”

Asociación Semillas de Libertad

Asociación Sevillana Verdad, Justicia y Reparación

Asociación Sociocultural La Desbandá

Asociación Taula per la Memòria d’Alcàsser

Asociacion Viguesa pola Memoria do 36.

Associació Catalana d’Expresos Polítics del Franquisme

Ateneo Cultural Republicano Castro del Río

Ateneo Republicano Araba

Ateneu de Memòria Popular de Barcelona

Avices, Asociación de Víctimas del Estado

Colectivo de Familiares de la Fosa de San Lorenzo del Escorial

Colectivo Mayores de Izquierdas

Colectivo Memoria de Futuro de Alburquerque

COMEX Cordinadora Memorialista de Extremadura

Comisión Cívica de Alicante para la Recuperación de la Memoria Histórica

Comisión Memoria Histórica Democrática Fontaniega de Fuentes de Andalucía

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña

Coordinadora de Asociaciones por la Memoria Democrática del País Valenciano

Coordinadora de la Comisión de Memoria Libertaria de CGT

Cultura y Memoria democrática de PODEMOS CLM

Europa Laica

Federación Asturiana Memoria y República (FAMYR)

Federación de Asociaciones de Memoria Histórica de la Región de Murcia

Federación Estatal de Foros por la Memoria

Foro por la Memoria de Castilla la Mancha

Foro por la Memoria de Castilla y León

Foro por la Memoria de Córdoba

Foro por la memoria de Huelva

Foro por la Memoria de la Comunidad de Madrid

Foro por la Memoria Democrática de la Carlota

Foro por la Memoria Histórica y Valores Republicanos de Utrera

Fòrum de Tarragona per la Memòria

Fundación Anselmo Lorenzo de la CNT

Fundación Francisco Largo Caballero

Grupo Memorialista del Zenete y Comarca de Guadix

Iniciativa Galega pola Memoria

La Comuna, Asociación de presxs y represaliadxs por la dictadura franquista

Plantaforma Contra la Impunidad del Franquismo.

Plataforma Construyendo ReDpública de Utrera

Plataforma de Asociaciones Memorialistas de Aragón

Plataforma Gambogaz de Sevilla

Plataforma Vasca contra los crímenes del franquismo

Red Roja

Secretaría de Memoria Democrática del PCE

Todos los Niños Robados Son También Mis Niños

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.