As oportunidades

 Jose Vieira

Pasaron xa moitos anos, que nun escrito, falabamos de crises. Igualmente neses escrito, poñamos o acento tónico, sobre as razoes pór as cales acontecera esa crise. Claro que na altura nos referiamos a que eran crises do tipo económico e como tal con repercusións sociais.

Cando todo corre sobre esferas, significa que non pasa nada ou que o que está a acontecer, son desaxustes, que co andar do carro, realmente entran nas liñas correctas.

O problema é que nin todo ten sido así, e como tal, as cousas se foron deteriorando, ou por falta de automatismos, ou porque as intervencións foron ineficientes ou fóra de tempo.

Xa nesa altura, nos referiamos a que a teoría dos ciclos económicos, tamén chamados flutuacións cíclicas, se caracterizaban por contraccións e expansións, de carácter económico, alternándose.

Tamén cabe a oportunidade, de cada contracción, carrexa consigo unha crise, que afecta dunha forma negativa, a gran maioría das poboacións.

Esta cuestión dos ciclos económicos, non é unha cuestión pacifica, entre as distinguidas escolas económicas.

Por exemplo, para John Maynard Keynes, os ciclos económicos era algo inevitábel, pois segundo este, resultaban da eficiencia marxinal do capital, no entanto, lanzando man de medidas especiais, como por exemplo o aumento de gasto público, podían tornarse máis  levadeiras e diminuír os efectos negativos xunta das poboacións.

Por outro lado, a escola austríaca, que debemos separar en dúas fases, máis polas xeracións dos seus principais representantes, do que por diferenzas ideolóxicas esenciais.

Así, como primeiros representantes desta primeira fase, que transitan dos séculos XIX ao XX, referímonos a Carl Menger, Eugen Böhm von Bawerk e Friedrich von Wieser e, da segunda fase, principalmente Friedrich Hayek e Ludwig von Mises. Deste segundo grupo, se veu a formar o chamado grupo ou sociedade de Mont Pelerin na Suíza.

Este foi fundado polo profesor Hayek en 1947, co apoio de Milton Friedman, conseguindo, na súa primeira reunión un quórum de 36 intelectuais, especialmente economistas, o local é como se indicou na Suíza, cerca de Montreux.

Sobresaíndo nesta primeira reunión, por exemplo, Ludwig Erhard, o ex-ministro alemán da economía, coñecido como o ministro do milagre económico da República Federal Alemán, autor do seu celebre libro “O ben estar para todos”.

Tamén estiveron presentes entre outros, o ensaísta e escritor Karl Popper, os economistas, Milton Friedman, George Stigler, Ludwig von Mises, etc.

Esta escola, denominada de austríaca, atribuía a aparición destes ciclos, a unha expansión artificial económica, que non estaba cuberta por unha aforro prevía,  pero si xestionada e manipulada, a través de baixos tipos de xuros, o que facía que os investimentos aumentasen (esperanza de grandes lucros, para os empresarios, obtidos co diferencial entre os custos de produción e os prezos de venda), creados por unha falsa sensación de  boom económico.

Isto, segundo estes, se debía a unha distorsión dos prezos relativos, naturalmente por un exceso de masa monetaria en circulación.

Por curiosidade, para Wesley Mitchell, os ciclos son fenómenos típicos de economías, que se basean en actividades comerciais e no diñeiro e, como tal, as empresas só se preocupan en maximizar os seus lucros.

Así, transcríbemos unha definición moi clásica de ciclos, atribuída ao anterior autor e A. F.  Burns, que reza da seguinte maneira: “os ciclos dos negocios son un tipo de flutuacións na actividade económica agregada das nacións, cuxa actividade está organizada, principalmente por empresas lucrativas”

Continuando cos mesmos autores, agora estes caracterizan os ciclos propiamente ditos do seguinte modo: “un ciclo consiste de expansións que ten aproximadamente a ver con moitas actividades económicas, seguidas por recesións, contraccións e recuperacións igualmente xerais, que se xuntan nas fases de expansión do ciclo seguinte”.

Non entramos na cuantificación ou definición dos tempos de cada período cíclico pois, non concordamos cos límites que as escolas avanzan, e consecuente gran marxe de erros.

No entanto, é común describir os ciclos, nas fases seguintes:

– Recuperación ou expansión, que será a fase ascendente do ciclo. Neste período se renova o capital (o produtivo), o que ten efectos multiplicadores para a economía, creando unha fase de optimismo e crecemento económico, o que significa a superación da crise. Dinse moitas veces que se está nunha fase de expansión.

Diremos, tamén que estamos perante aquilo a que se chama un posíbel Boom

– Recesión, que corresponde a unha fase en que a economía entra en desaceleración, caracterizada por caída do investimento, logo da produción e desemprego.

– Contracción, na recesión todo cae e se di que entramos nunha situación de crise, se realmente a caída é xeral e moi profunda.

– Depresión, digamos que é o momento en que xa nada máis pode deixar de caer. Estamos no fondo da curva. Non hai demanda, o desemprego é brutal, se dá a caída dos prezos ou nalgúns casos se poden tamén tornarse estábeis (pois, correctos prezos posúen falta de flexibilidade na baixo).

Non podemos deixar de referir, que todas estas clasificacións son sobre temas económicos e cuxa subxetividade é inerente à ciencia social a que pertence.

Recordemos unha expresión moi coñecida dos adeptos do fútbol, “Cando un equipo está a gañar, non se mexe na súa composición, nin no seu esquema de xogo”. No entanto, se ten que ir buscando, con tempo, as solucións a medio e largo prazo, para que o equipo non deixe de ser unha gañadora.

Esta e unha verdade tamén valida en economía, a pesar de moitas veces se ver intromisións absurdas, en determinados momentos non propiciatorios, para cambios de maior calado.

É do  senso común, conforme enriba referimos co exemplo do fútbol, que cando as cousas van mal, e a medida que pasa de momentos de crecemento para outros non tan favorábeis, que se efectúen os necesarios estudos, para levar os  acertos indispensábeis, para que a economía non se desplume, ou que non sexa demasiado pronunciado o  gap da crise.

Máis aínda, cando unha economía está no chamado momento de derrapaxe, en que as poboacións están conscientes das dificultades, é cando as medidas de calado, deben ser introducidas pois, até psicoloxicamente, as persoas están susceptíbeis de aceptar os cambios.

Así, as crises impoñen as alteracións de cambio necesarias, é precisamente ese momento oportuno.

Cando estamos perante unha situación, en que se torna claro que existe unha crise, é cando non só é oportuno, como é momento en que se debe introducir as alteracións de fondo, pois canto máis tarde se actúa, máis esta se afonda.

A actuación, debe ser multidisciplinar, coesa, consistente e con todo o carácter de solución non soa para o momento pero con todas as medidas necesarias, para a restruturación económica e social das poboacións. Estas están mentalizadas para aceptar o que for realmente mellor e como tal, están receptivas.

Neste momento, estamos perante unha crise social, cuxa orixe é sanitaria. No entanto esta situación, conduce ao colapso de toda a economía, e máis, cuxo efecto de contaxio, para utilizar un termo médico, é o dunha endemia exponencial. Así é este o tempo exacto para se preparar e por en execución, non só os parches inmediatos, terapéutica para hoxe e fame para o día seguinte.

O que ten que ser inmediatamente e en paralelo, é efectuar as transformacións de fondo, que xa debían ser tomadas á anos, pero a inepcia e a covardía dos gobernos, vendidos aos grandes intereses financeiros, non fixeron. 

A oportunidade está infelizmente creada, entón cabe a quen dirixe, que teña a valentía dunha vez por todas, de impor aos defraudares do Ibex 35, e a outras especies similares, que repoñan o que retiraron a economía de España, durante anos a fío.

Que se negocie de verdade, o  alargamento dos  plafonds de déficits gobernamentais, e que se cree para todos un certa Encaixe Básica Universal e Incondicional (recordemos que non e necesario aumentar o peso administrativo para tal)  pero con valores dignos e que realmente superen o limiar da pobreza de España, que non para de crecer.

E dunha vez por todas, execute sen medo, unha certa xubilación fiscal,  onde os máis favorecidos, 14 ou 15% de españois, paguen progresivamente o que deben a cidadanía.  A desigualdade social, en España, é a cara da covardía dos gobernos que temos tido.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.