A voltas cun tal Keynes

Por Jose Vieira

Imos falar de de o economista que, para uns, foi  un dos maiores de tódolos tempos e, como non podía deixar de ser, para outros, o certo destrutor do que debía ser o mundo da economía.

No entanto, pese ás diferenzas que se mostraron, á praza do mundo en que vivimos, sempre podemos dicir sen medo de errar, que con toda a certeza foi un dos máis influentes economistas do século XX. Máis, a súa influencia, como podemos observar, aínda hoxe, se fai sentir nos tratadistas desta ciencia que é a economía.

John Maynard Keynes, naceu en Cambridge, na Inglaterra a 5 de xuño de 1883, tendo vindo a falecer igualmente no seu país, en Sussex o día 21 de abril de 1946. Así que o pasado día 21 de abril, se conmemorou os 75 anos da súa morte.

Antes de entrarmos na súa doutrina, queremos dicir que este home, foi un ser extraordinariamente diversificado e, non só, na súa especialidade de economista. Xuntou a súa calidade de grande teórico, a calidade de práctico, sendo asesor financeiro, historiador económico, matemático, coleccionista de arte moderna,  bibliófilo e un  inversor de éxito.

A súa nai foi unha das primeiras mulleres que estudou nas universidades inglesas (de seu nome Florence Ada Brown), sendo alcadesa da cidade de Cambridge en 1932 e, unha das fundadoras da asistencia social. Toda a súa vida decorreu dentro unha familia de extraordinario prestixio e de grande prominencia intelectual. Foille concedido o título de Barón, pola coroa inglesa.

Este obtivo unha beca para estudar no famoso Colexio de Eton e en 1902, ingresando no King´s  College da Universidade de Cambridge,  onde estudou matemáticas e teoría das probabilidades, seguindo os consellos dos seus mestres,  Alfred  Marshall e  Arthur  Pigou.

Pertenceu ao grupo intelectual do Círculo de Bloomsbury, que era moi heteroxéneo e que propoña unha nova orde social.  Deste círculo formaban parte o artista Duncan Grant, os escritores Leonard e Virginia Woolf, entre outros. Casou cunha ex-bailarina da compañía de Ballet Ruso, de seu nome Lidia Lopujova.

Traballou no servizo administrativo inglés de apoio à colonia británica da India. Non obstante, entrou como profesor do King´s  College en 1909, tendo aí permanecido, até a súa morte.

No que toca a súa carreira con economista e profesor, se debe a conseguir, obter un lugar na cátedra do profesor Pigou, o referido ano de 1909. Axiña, dous anos despois, pasou a acumular o lugar de editor da revista Economics Journal, e dada súa experiencia, obtida nos dous anos de que traballou nos servizos de apoio a India, pasou a ser membro da “Royal Commission on Indian Finance and Currency”.

Durante a Primeira gran Guerra Mundial, foi asesor do Ministerio da Facenda Británico, exercendo a súa actividade como especialista en contratos crediticios. Formou parte da delegación británica á Conferencia de Paz de París en 1919.

Entre guerras, para alén de exercer de profesor da universidade de Cambridge e, editor do Economic Journal, tomou parte como membro dos consellos de administración de varias compañías (esta a parte practica da súa teoría aplicada). Por entón, se tornou un inversor de éxito en bolsa, xuntando unha enorme fortuna. Sufriu, no entanto, o crack da gran depresión, indo case á banca ruta, a pesar diso e, en moi pouco tempo, recuperou o perdido con creces.

As súas incursións polo mundo dos negocios, levárono a ser o empresario do Teatro de Artes de Cambridge.  Onde patenta o seu gusto polas artes.

De entre os seus moitos amigos, consta o famoso filosofo, matemático e escritor Bertrand Russell, que en determinada altura, dixen de seu amigo Keynes: “é a mente máis aguda e máis clara que xamais coñecín”.

Resaltamos de entre a súa bibliografía, o seu libro máis famoso, “TEORÍA XERAL DO EMPREGO, OS XUROS E O DIÑEIRO”. Este libro foi unha autentica pedrada no charco, pois estivo en contra as doutrinas económicas prevalecestes na altura.

Se basea na chamada procura agregada, da cal se serve, para explicar as variacións xerais da actividade económica, coas que diagnosticou, nas distinguidas situacións, que se observaran durante a gran Depresión de 1929/1932.

Para este autor, dunha forma moi esquelética, a totalidade dos ingresos da sociedade están definidos pola suma do consumo e do investimento:  Y = C + I. Isto é, na ótica do rendemento. Onde Y é o total dos ingresos; C a suma dos consumos; I o total do investimento.

Nunha situación de desemprego, y cunha capacidade produtiva non utilizada, só se podía aumentar o emprego total, aumentando primeiro os gastos, ou sexa, o consumo e o investimento.

Naturalmente, na ótica, do consumo, a ecuación sería Y=C+S e, a cantidade de aforro total da sociedade (S), sería determinada pola cantidade de (Y) ingresos, igualmente totais. Isto, segundo a súa teoría, podía acontecer, mesmo cando as taxas de xuro fosen baixo e, aparentemente, non estimulasen o investimento I. Coa igualdade a se verificar entón (I=S).

Outra parte esencial das teorías de Keynes, a súa defensa intransixente de políticas activas por parte dos gobernos, para estimular a procura, sobre todo en tempos de elevado desemprego. Unha das formas que aconsellaba era o aumento dos gastos en obras públicas.

Unha cousa fundamental, é que o pensamento de Keynes, influenciou dunha maneira esencial a creación do famoso NEW DEAL, que veu a conseguir, facer a recuperación das economías do tras Segunda Guerra Mundial.

Este gran economista e atemporal, non deixou de ser un teórico, que tivo forte oposición dos economistas, non só americanos, que dunha forma ortodoxa, seguían como dunha relixión se tratase, as correntes doutrinarias da escola austríaca (Hayek, van Der Misses, Milton Friedman, etc.), que transformaron a Universidade de Chicago, no feudo do actual neoliberalismo, onde pontificaran Hayek e sobre todo Friedman e súa muller Rose. Non debemos esquecer, o masacre social da experiencia faszisnante de Friedman no Chile, o chamado experimento ao vivo do neoliberalismo sen rostro humano.

Volvendo a Keynes, estivo implicado no célebre acordo de Bretton Woods, pois foi o líder da delegación inglesa e igualmente foi o presidente da comisión de institución do Banco Mundial.

Outro dos seus grandes logros, á sido o seu empeño na creación da Unión Internacional de Compensación, pois sería a vía para resolver os problemas das distinguidas divisas en circulación no Mundo de entón. Igualmente, estivo de acordo cos planos de Harry Dexter White, un gran economista americano, un dos asesores da trilogia Franklin D.  Roosevelt, Herbert Hoover e de Henry Truman, tornando o dólar a moeda de reserva mundial, o que a elevou a ser o vehículo fundamental nas transaccións internacionais.

Keynes nos deixou inmensas intervencións de carácter económico, para alén dos seus libros, no entanto, non queremos deixar de non referir dous outros títulos que son fundamentais na súa acción de economista: “TRATADO SOBRE PROBABILIDADES”, publicado en 1920, unha certa xoia sobre as vantaxes das previsións e, súas xustificacións até de carácter  filosófico e, “TRATADO SOBRE A XUBILACIÓN MONETARIA”, obra esencial do seu ataque ás xubilacións deflacionistas. Como xa referimos, a súa obra central, foi a súa “Teoría Xeral do emprego, o xuro e o diñeiro” esta  perdura como sendo a  biblia de todos os que non están prendidos aos  dogmas da austeridade e, buscan de verdade unhas políticas económicas, que sirvan ao desenvolvemento da xeneralidade do home mentres home e, non ao aumento cada vez máis vergoñoso dunha desigualdade  escravizante, único lema do  neoliberalismo económico.

Damos, axiña, unhas pinceladas nas teorías deste gran economista, antes e mesmo despois de estar entre os vivos, ou sexa, na actualidade.

Así este economista, durante o período da gran Depresión, estivo á cabeza do pensamento económico de entón, que descualificou a idea, entón predominante, de que o libre mercado, tiña as forzas necesarias para conseguir crear o pleno emprego. Isto o que quería dicir, é que calquera persoa que procurase un emprego e, se flexibilizase as súas esixencias salariais, obtiña o desexado emprego. Unha gran mentira.

Máis, Keynes vincava mesmo que o libre mercado, non tiña en si propio, os mecanismos que podían levar ao pleno emprego (mecanismos de auto equilibrio).

Esta súa doutrina xustificaba, a intervención do estado, utilizando políticas que estarían orientadas a crear emprego e a estabilidade dos prezos.

Para todos os efectos, Keynes foi un revolucionario pois, argumentaba que unha procura non adecuada, podería dar ocasión, a existencia de grandes períodos de desemprego, como a dos anos 20.

Conforme indicamos enriba, coa ecuación máis simplificada posíbel, na ótica do investimento Y=C+I ou do consumo Y= C+S, que explicitamos o sentido de cada.

Agora imos completar máis estas notas, para que se poida ver até onde se explicou dunha forma clara Keynes, dato a primeira abordaxe sintética que fixemos.

Se completaron, para a mellor comprensión, as referidas expresións da seguinte forma:

Y = C + I + G +(X-M)

En que C é o consumo

I é o investimento

G é o gasto dos gobernos en consumos

X son as exportacións

M as importacións

Para Keynes calquera aumento da procura, tiña que ser proveniente dun destes elementos.

No entanto este alertaba, que nun período de incerteza e de falta de confianza, os empresarios poderían facer menos investimentos, como resposta á diminución do consumo e, como tal, a quen cabía facer o reequilíbrio, era aos gobernos, intervindo no mercado, non deixando que este se deprimise e, antes pór o contrario crecese.

Así para Keynes o Estado deberá ser intervencionista e non un mero espectador do mundo da economía.

Isto é diametralmente oposto ao que pretenden os neoliberalistas que todo queren privatizar e, que o

Estado sexa unicamente unha figura sen calquera poder de intervención (cada vez menos Estado).

De Keynes se pode facer un pequeno resumo, versando os elementos considerados, piares da súa política económica, a saber: a procura agregada, que inflúe en moitísimas decisións económicas, tanto públicas como privadas.  Keynes, di que o sector privado é esencial, no entanto, este debe ser fiscalizado e guiado polo Estado; que os prezos en especial os salarios, pois, estes responden moito lentamente ás variacións da procura (dato a súa feble flexibilidade á baixo) e, son outro elemento fundamental; e naturalmente, as variacións da procura agregada, previstas ou non, que terán un maior impacto, no curto prazo do produto real.

Así o principio central da súa política, como se pode deprender do enriba referido, se trata de que o esencial é a intervención do Estado, sempre e cando haxa necesidade ou de estabilizar a economía ou da recuperar.

Esta é unha breve síntese, da fantástica obra deste gran economista, que hai un século, deu as coordenadas do que se debe facer e do que non se debe, para que no mundo non haxa estas desigualdades intolerábeis, que son o camiño seguido polos neoliberalistas.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.