As esculturas de Santiago espertan sangrando por Palestina

Esta acción enmarcase dentro dunha longa serie de mostras de solidariedade co pobo palestino por parte da veciñanza de Santiago

Por BDS Galiza

Entre onte pola noite e hoxe pola mañá, foron moitos as personas de Santiago que se soprenderon ao cruzarse con diversas esculturas da nosa cidade. As Marias, Valle Inclan, Garcia Lorca, Carvalho Calero… foron decoradas durante a noite con sabanas brancas manchadas de pintura vermella, carteis e pancartas. En todos eles puideronse ler mensaxes como «Palestina sangra», «stop xenocidio», ou «matar nenos non é autodefensa», en repulsa da ofensiva de Israel sobre a Franxa de Gaza, na que xa faleceron 30.000 civis, 13.250 de eles nenos e nenas.

A escultura de As Marias, un dos simbolos da cidade de Santiago, apareceu ademais rodeada de fariña, «a fariña mais cara do mundo» en referencia á recente matanza de civis en Rafah mentres esperaban o reparto deste alimento, episodio sobre o que a Union Europea reclamou esta semana unha investigación independente.

Esta acción enmarcase dentro dunha longa serie de mostras de solidariedade co pobo palestino por parte da veciñanza de Santiago. Ademais, serve para dar o pistoletazo de saída ao «Marzo por Palestina»: un calendario de proxeccions, conferencias, exposicions e obradoiros de apoio ao pobo palestino que terán lugar nos tres campus galegos durante o mes de marzo.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.