mentres un traballador normal, pode representar as súas compras imprescindíbeis cerca de entre 65/70%, do seu salario, nos señores moi ricos, as súas necesidades básicas corresponden, a menos de 0,001 % dos seus presupostos mensuais
Por Jose Vieira
Todos sabemos o que quere dicir inflación e máis, tamén temos a perfecta noción de que cando tal situación se estabelece o noso día a día, verificamos que cada vez que, chegamos a casa con menos diñeiro e máis cabreados, despois de irmos á compra.
Todo isto porque unha palabra de tres sílabas (inflación), permite que uns cantos señores, impoñan os prezos que lles conveñen, ás cousas que necesitamos o noso día a día de traballadores, aproveitándose de que esta ou aquela materia prima subiu de prezo. É evidente que as subidas son cada vez maiores e, se formos a investigar a lexitimidade desas subidas xeneralizadas de prezos, non encontramos unha proporcionalidade real, en relación ao incremento nos custos dos compoñentes do produto.
O que verificamos é a existencia dunha partición do mundo en dúas medias laranxas, unha en que ten o zume, que é na cal están instalados os señores que venden os produtos que necesitamos e, que non nos resta outra, se non os aceptar os seus prezos, e calar, se nos queremos abastecer.
Mentres na outra media laranxa, que é onde vivimos todos os que somos meros traballadores, que só vendemos o noso esforzo produtivo, a un prezo fixo, non vislumbramos calquera posibilidade de amortecer a perda de poder de compra, pois, non podemos impor, ás boas as nosas razoes e moi menos as nosas necesidades.
Esta situación, é unha vez máis, a imaxe das desigualdades, que persisten no Mundo en que vivimos.
É por de máis evidente, que nestas situacións, os señores do Mundo unha vez máis saen gañadores e coas súas fortunas fortalecidas. Isto o que quere dicir é que os “pobres dos moito ricos”, son os que saen gañando desta situación de empobrecimento colectivo.
Claro que tamén son afectados cando mandan facer a compra os seus funcionarios privados. Mais a parte, dos medios dispoñíbeis para a súas compras inflacionadas, corresponde a unha porcentaxe mínima dos seus medios de pagamento.
Queremos dicir que mentres un traballador normal, pode representar as súas compras imprescindíbeis cerca de entre 65 / 70%, do seu salario, nos señores moi ricos, as súas necesidades básicas corresponden, a menos de 0,001 % dos seus presupostos mensuais.
Por outro lado, os que vivimos de vender o noso traballo a prezo fixo, verificamos que cada vez este se torna máis débil, non conseguindo satisfacer as nosas necesidades habituais. Cada vez temos que saír do supermercado, con menos cousas e, con menos diñeiro no peto, para alén dunha revolta interior, que temos que calar, senón perdemos o noso emprego (os Amos do Mundo, non admiten revoltas).
A inflación é a situación en se dan dúas cousas esenciais, que se desenvolven ao mesmo tempo e no mesmo sentido, o negativo, baixan a cantidade das cousas que podemos adquirir e baixo o diñeiro para as comprar. Todo vai a menos.
Vaiámonos reportar ao país que nos coloniza, os Estados Unidos da América do Norte.
O seu presidente o señor Joe Biden (membro do Partido Democrático – quen diría!!!), declarou a algunhas semanas atrás, que a inflación era un problema non do goberno, mais si da Reserva Federal (en España o equivalente á Reserva Federal é o Banco de España, o antigo banco emisor), a que segundo parece (institucionalmente é independente da cor do goberno no poder, quere na América quere en España), para o tal señor, é un órgano exterior ao seu control e, que terá que ser o responsábel de resolver o problema da inflación.
Tamén o seu goberno non desexa, tomar las medidas adecuadas, pois, entraría en ruta de colisión, cos que máis mandan no Mundo e, que son que pagan as campañas políticas, para que eses “caciques a nivel mundial” poidan brillar como gobernador por conta allea.
Así para sacar de cima de si as responsabilidades, que debía asumir, presentou tres razóns, para as sacar de cima. As súas propostas, para a resolución da situación de inflación crecente son as seguintes:
“1) O aumento dos prezos do ano anterior, son consecuencia dun proceso que debe ser suprimido.
2) Que as políticas anti-inflación son da competencia non do goberno, mais si da Reserva Federal.
3) Que a reserva Federal pode acabar coa inflación, sen rebentar coa economía e o programa do goberno”.
(transcribimos o do discurso de Joe Biden e a responsabilidade da tradución é nosa)
Non se fixeron esperar, as contestacións a esta malvada, incorrecta e perversa afirmación, do señor presidente do país que nos coloniza, os Estados Unidos da América do Norte.
De entre estas, seleccionamos unha contestación, que foi reparada nun profesor economista de recoñecida competencia e calidade, o que é unha garantía de fiabilidade. Se trata dunha contestación igualmente en tres puntos do gran economista americano, James K. Galbraith.
(a tradución é de nosa responsabilidade así como a súa transcrición)
Así, reza este economista, da seguinte forma:
1) Non hai ningunha razón para subir os tipos de xuros, nin imperiosamente inmediata, nin próxima.
2) No entanto, no futuro as presións sobre os prezos son inevitábeis.
3) É necesario e até é posíbel, unha estratexia anti-inflacionista, de forma progresiva, que apoie o nivel de vida dos cidadáns e igualmente a poie o emprego, e que non dependa da tal Reserva Federal.
Antes de avanzarmos máis, queremos indicar, quen é este James K. Galbraith.
Este economista, é un profesor de economía oriúndo das Universidades de Harvard, de Yale así como do King’s College, dos Estados Unidos, é fillo dun dos máis prestixiosos economistas do século pasado de seu nome John Kenneth Galbraith.
Actualmente é profesor na prestixiosa Escola de Asuntos Públicos Lyndon B. Johnson e no Departamento de Goberno da Universidade de Texas en Austin.
Estamos plenamente de acordo, coseu cometido e, daremos algunhas das razóns, que están na base dos aumentos de prezos.
Comezaremos porque os prezos do mundiais do petróleo, se dispararon o ano de 2021, na primavera.
Outra razón ten a ver cos fornecementos de equipamentos, ás cadeas de produción de automóbiles, o que de inmediato fixo que os prezos dos vehículos usados se disparasen. Estes dous casos, influenciaron todo o que tiña a ver coas cadeas de distribución, pois, implicaban o aumento dos prezos de transporte por un lado e, tamén a necesidade de buscar fornecementos en zonas non só máis longínquo así como preparar, coas tecnoloxías necesarias, os novos fornecedores, con todos os atrasos inherentes e dificultades, de desabastecimento.
Resultando que os provedores á sombra dos gobernos permisivos, se permitiron obteren lucros adicionais, anormalmente avultados, coa compracencia do poder político.
Os salarios algo subiron, mais practicamente moi pouco, pois, as entidades patronais, teñen nas súas mans os sindicatos, completamente sometidos e, estes teñen un argumento espantoso de presión, sobre os seus afiliados. Se trata de que a maioría destes están dominados e chantaxeados, non se podendo manifestar con resultados, dadas as permisivas leis do traballo neoliberais, que os “despiden nun clic de ollo” se non se comportan dentro das súas (deles) regras. Mais hai máis, necesitan do imprescindíbel traballo, pois, teñen que pagar as enormes dividas e entre elas as prestacións da hipoteca. Tamén hai máis, non podendo loitar contra as entidades patronais, os sindicatos pois, agora a maioría dos seus representantes son traballadores dunha carreira administrativa e non “os chamados traballadores de pa e pica”.
No caso americano, así como en gran parte dos países da OCDE, unha gran parte dos traballadores son do terciario, ou sexa, dos servizos e, como todos sabemos, os seus salarios tamén son un prezo.
A engadir a este “rosario de bágoas”, como o petróleo e o gas están na base de todas as producións, dado que son o motor da enerxía e, toda a alimentación hoxe sofre un proceso de transformación, así como, a agrícola e a gandería, o que fai que os prezos de custo suban, logo tamén os seus prezos finais, se incrementan.
Soben os alugueiros de casas, non só porque agora se constrúe menos, mais tamén como unha medida de especulación, consentida polos gobernos neoliberais capitalistas, da OCDE, que están ao servizo do colonizador Estados Unidos da América (quen diría que de colonizadores pasabamos a ser colonizados pola antiga colonia de Inglaterra, os Estados Unidos!!!
Como se todo isto non fose suficiente, para alén da pandemia que aínda nos vemos emerxidos, xurdiu a invasión da Ucraína por parte da Rusia. O que aumenta as razóns aducidas polo Galbraith fillo, que alicerza a xestión posíbel da inflación, en tres pés, dunha mesa de sostibilidade, que son os con que el contesta ao discurso en que Biden. Como vemos este, “lava as mans como Pilatos” da responsabilidade de resolver os problemas inherentes á inflación, imputando toda a responsabilidade á Reserva Federal.
Canto aos países sobre a colonización Americana, como por exemplo toda a Europa da OTAN, non se pon en marcha as medidas necesarias, mais si medidas de intervención monetaria, como a diminución de compra de débeda pública e privada polo Banco Central Europeo. Tamén xa se vislumbra, a subida dos tipos de xuro, a curto prazo, todo a rastro das ordes do señor Biden, o novo colonizador, que non quere perder esa posición de líder mundial, así como a de policía do mundo.
(vén a propósito a lectura dun libro espectacular que se titula “Super ìmperialism – The Economic Strategy of American Empire de Michael Hudson”, que xa vai nunha terceira edición).
Terminamos este noso texto, coa reflexión de que realmente estamos nunha viraxe do tempo dos cow boys, e nos parece, chegada a época dun sol nacente, pois, o imperio americano se autodestruiu.
Se el primero en comentar