Verdade ou mentiras

on sabemos o que é verdade, cando nos chegan as noticias, dado que vivimos no hemisferio onde imperan as falsas noticias, impostas polo poder unipolar dos USA, que toda a Europa de xeonllos segue sen vacilar

Por Jose Vieira

Será que debemos dubidar de todo para chegar até á verdade e, entón deixar de dubidar?

Parece ser esta a forma como Descartes creou a dúbida como método para chegar á verdade. Podemos dicir que é un método pola dúbida.

Quen foi Descartes?

Nacendo en 31 de marzo de 1596 en La Haye, Touraine, en Francia, descendendo dunha familia da nobreza francesa, se tornou coñecido como o introdutor do chamado racionalismo moderno e, como non un dos seus principais cultivadores.

Foi para alén dun recoñecido matemático (as súas famosas contribucións álxebra, por exemplo ao cálculo das matrices), un científico de primeira liña e como non un grande filosofo e innovador do pensamento de entón.

Copiamos unha definición desde a internet, de forma textual de fake News ou falsas noticias, de que a enciclopedia libre nos transmite:

se coñecen como fake news, noticias falsas, o tipo de “bulo” que consiste nun contido pseudoperiodista, difundido a través dos portais de noticias, prensa escrita, radio, televisión e redes sociais, co obxectivo de desinformar a un público albo”

Este proceso está na man dos principais grupos financeiros mundiais que a través deste proceso, desinformam a poboación, dirixíndoa no sentido que lles conveñen.

Este proceso é por estes grupos imposto aos propios gobernos dos países. Pois, como todos sabemos, os políticos só fan o que aquel poder estabelecido, lles permiten fagan e executen.

A independencia política dos gobernos, fixo acto de contrición e, se enterrou inmediatamente tras o final da Segunda Guerra Mundial (as excepcións que son mínimas, só confirman esta regra e mesmo así con moitos matices).

Queremos desde xa avanzar, que tamén esta manipulación, ten graos de acordo co bloque de onde dimanan. Como non podía deixar de ser, no contexto actual, existe o grupo do G7, en que o “supremo sacerdote da relixión unipolar” son os Estados Unidos da América do Norte.

Naturalmente, aparece un grupo emerxente, que racionou e se aglutinou, como defensa, contra aquel poder unipolar dos USA e, que son os que están no entorno dos BRICS (que son o Brasil, a Rusia, a India, a China e a África do Sur), a que se teñen xuntado xa unha inmensa maioría, das outras nacións africanas, e do sur da Asia, que non están aliñadas cos G7.

Claro que este grupo emerxente, en xeneral, ten reaccionado máis por contra restar, o abuso de poder e, das tales noticias de manipulación e intoxicación dos G7, do que estes mesmos, lanzaren falsas noticias. No grupo dos BRICS, parece ser unicamente moi puntuais ese procedemento.

Diremos que os periodistas son honestos e correctos no reino do G7, o que teñen é que facer o que lles mandan os seus “patróns” e estes ou fan o que lles mandan os seus “sponcers”, o non hai diñeiro.

O que son os premios Nobel da Paz?

Esta é unha cuestión, que a noso ver é moi importante en termos de verdade ou non, pois, o que pode ser a paz para un individuo dos BRICS, non é o mesmo, que para un que sexa debidamente formado polas “fake news” do grupo G7.

Basta recordar que basta dicir as noticias do grupo G7, que tal grupo ou país é terrorista, para ser un dogma para os 710 millóns que compoñen a súa poboación. Mais naturalmente, case sempre non é verdade, para os 3,5 mil millóns de seres humanos que compoñen o entorno dos BRICS.

Así os premios Nobel da Paz, foron instituídos por Alfred Nobel en 1901 e, se entregarán cada ano, a persoas ou organizacións que loitasen a favor da paz e defendendo o estado da mesma, domo tamén os dereitos humanos, promovendo o desarme e resolvendo pacificamente os posíbeis conflitos.

Agora, volvamos un pouco para a historia contemporánea e, recordemos que Barack Obama, foi galardoado co Premio Nobel da Paz en 2009 e, no entanto, nunca ningún presidente dos USA, estivo tantos anos seguidos en guerra como este señor.

Aquí está un excelente exemplo, de cómo son atribuídos eses premios.

Mas imos a outro exemplo, talvez máis exemplar, que é o discurso de aceptación do Premio Nobel da Paz do ex-vice presidente dos USA, señor Al Gore, en 2007.

Ese señor refire as seguintes palabras no seu discurso:

“A guerra é necesaria, pois, o mundo é como é, e non se pode permanecer sen facer nada fronte ás ameazas”

Non hai dúbida das intencións subliminares que conten este discurso… non son necesarias máis palabras.

Entón, estes mesmos premios Nobel da Paz, son unha certa mentira, salvo algunhas honrosas excepcións, que confirman a regra xeral.

Un outro exemplo de manipulación, é o autentico silencio dos medios de comunicación social de gran circulación sobre os acontecementos e boicots, así como as falsas noticias, sobre o que pasou, de verdade, na Feira do Libro, más importante do mundo, que é a de Frankfurt, na Alemaña este ano.

Porque non foron divulgadas nin as razoes nin as actitudes dos presentes como o comportamento do novo premio Nobel da literatura.

É evidente se ten que vender os seus libros, é unha boa forma de facer caixa.

Está é unha non falsa informa, mais o que prima é a desinformación por omisión.

Todas estas situacións, son moi interesantes, pois, nos deixan nun auténtico limbo, de total escuridade e, por iso, non sabemos o que é verdade, cando nos chegan as noticias, dado que vivimos no hemisferio onde imperan as falsas noticias, impostas polo poder unipolar dos USA, que toda a Europa de xeonllos segue sen vacilar.

Por outro lado, a maioría dos seres que habitan o noso hemisferio, non teñen acceso as noticias do outro hemisferio e, cando algo transcende, xa son manipuladas e totalmente desvirtuadas.

René Descartes tiña razón, a dúbida non só debe ser un método, como tamén unha actitude de defensa necesaria a saúde mental de cada un de nós.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.