Non se pense que foi unicamente un brote nunha ou dúas universidades americanas, pero este movemento de estudantes universitarios estendeuse por todo o territorio dos Estados Unidos, así como do seu socio Canadá. Foron miles de estudantes, que desde protestas nos “campus universitarios”, até á ocupación de instalacións universitarias.
Por Jose Vieira
Non parece haber dúbida, de que a xuventude non só é xenerosa, como tamén é honesta, sabendo de que lado están os maos.
Moitas veces pensamos que as políticas externas dun país reflecten o pensar das súas poboacións e, moitas veces nos equivocamos e, case sempre para ben, ou sexa que as súas poboacións, polo menos as máis instruídas, están en perfecto desacordo con moitas das políticas dos seus gobernos.
Estamos neste momento a pensar no xenocidio que os israelitas están a facer, dunha forma metódica, para chegar a un exterminio das poboacións palestinas.
Tratase do que todos temos coñecemento, mais a pesar de todo, dunha forma moi segada.
Así, unha parte da poboación mundial, retivo na súa mente de que os palestinos, son practicamente todos musulmáns, e que os maos do mundo e terroristas, debidamente institucionalizados, son desa relixión.
Mais hai outros elementos da poboación mundial, que pensan que os palestinos son unha parte da poboación que vive no territorio dos israelitas e que se comporta moi mal e fan actos de terrorismo e, até sen calquera xustificación reacciona contra o dominio de boa orde, dos israelitas, que son os donos do territorio.
Outros aínda, pensan que os palestinos son un pobo que está admitido en territorio israelita por caridade destes e, que se porta mal, prexudicando os intereses do pobo xudeu e que recentemente matou cerca de 1.200 xudeus e secuestrou dous centenares de reféns. Todo isto, a pesar da xenerosidade do pobo xudeu.
Pois, podemos e debemos, estar en ningunha destas posicións, dado que nada do que enriba referimos, non pasa das mensaxes de marketing político, quere americano e, sobre todo do Estado de Israel.
Claro que estes dous estados, a través dunha extensa e ben organizada campaña de marketing, conseguiu intoxicar a maioría da poboación mundial, por un lado, mentres polo outro, os intereses económico/financeiros, americanos e xudeus, levaron a que a Europa, partillase neste acto criminal e deshuman de xenocidio, pois, está acurralada como espazo escravizado ao servizo exclusivo dos intereses dos americanos/xudeus.
Esta manipulación ou máis diplomaticamente, comunicación con técnicas exitosas de marketing político, fundadas en utilización de falsas noticias (Fake news), vén a ser incrementadas, mantidas e explotadas sistematicamente, polos americanos e impostas á covarde Europa, a través da Unión Europea e da presidente, unha empregada aos intereses americana e de dereitas e profundamente anti musulmá, que repara no nome de Ursula Van Leyden.
Estas campañas de intoxicación, ten feito crer ao pobo americano e, tamén por todo o restante mundo, que a Rusia é o mal do mundo, pois, para os americanos, estes continúan a divulgar que son o cotizo dos comunistas (sendo fácil xustificar esa teoría pois o pobo americano, aínda non saíu da caza de bruxas do senador McCartney e, como tal, aínda pensa que a Rusia é comunista), cando este país é un pilar do capitalismo máis ortodoxo, na actualidade.
Os mozos e esclarecidos estudantes universitarios americanos e, non só, pois entre os seus alumnos existen moitos estudantes doutras nacións, tense manifestado a favor dun alto de fogo inmediato no territorio palestino e que os israelitas, deixen de meter en “ auténticos guetos”(semellantes aos que os nazis arrestaran ós xudeus, antes e durante a Segunda Gran Guerra Mundial o século XX – parecendo unha vinganza fóra de tempo, de lugar e contra unha poboación inocente) os palestinos e, entre outras reivindicacións sexa recoñecido no territorio palestino a existencia de dous estados soberanos, ou sexa, Israel e a Palestina.
Non se pense que foi unicamente un brote nunha ou dúas universidades americanas, pero este movemento de estudantes universitarios estendeuse por todo o territorio dos Estados Unidos, así como do seu socio Canadá. Foron miles de estudantes, que desde protestas nos “campus universitarios”, até á ocupación de instalacións universitarias.
Damos, unha pequena relación de Universidades e institutos Superiores onde se manifestaron de forma evidente, contra as actividades xenocidas de Israel e do apoio incondicional a este xenocidio, por parte do Goberno americano, que ás claras anima a facer un alto de fogo e, por detrás anima a continuar a eliminación da poboación musulmá.
As universidades, cuxos estudantes están máis implicados son: Minnesota, California (campus de Berkeley), Pittsburgh, Columbia, Yale, Texas (en Austin), de Brown, Cornell, Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), Universidade de Cincinnati, Michigan, Barnard College, etc.
Todas estas en os Estados Unidos da América do Norte, mais tamén no Canadá, como por exemplo a Universidade McGill de Montreal, onde 78% dos estudantes, desta institución de tan grande prestixio no Canadá, votaron por condenar o estado de Israel e pedindo un inmediato alto de fogo.
Estas protestas, expresaronse de distinguidas formas, como xa enriba referimos, unha das formas máis utilizadas, foron os acampamentos nos espazos dos campus universitarios, a utilización dos medios audiovisuais das universidades polos estudantes, manifestacións de rúa e, escritos a pedir a intervención dos seus reitores e outros órganos directivos no sentido de premeren o goberno dos Estados Unidos.
Mais as reaccións dos reitores, e das diversas autoridades americanas, non foi a de estaren a ver e a respectar as actividades dos estudantes en prol do alto de fogo. A reacción, foi a de desaloxar os estudantes das instalacións ocupadas, utilizando medios os máis violentos posíbeis, como se trataran de actos próximos a terrorismo.
Como non podía deixar de ser, os órganos de comunicación social, debidamente instrumentalizados, pois, pertencen ao grande capital, acusaron que os estudantes estaban a ser manipulados por extremistas ao servizo dos rusos e dos poderes árabes musulmáns.
Teñen sido suspendidos moitos estudantes, bastando para o ser, que se teñan evidenciado na defensa dos pobres palestinos ou de que se termine coa guerra entre a Ucrania e a Rusia.
Este país, que se di ser unha democracia perfecta, é un dos países máis intransixentes e, represores, desde que as manifestacións puñan en dúbida o seu “estatuto de líder policial do mundo”, no seu universo minoritario, duns 730 mil millóns de habitantes, nun universo de non aliñados, cos Estados Unidos da América do Norte, de 6.700 millóns de seres humanos.
Que os astros nos libren dos ditadores e escurantistas manipuladores, das súas empresas de bandoleiros terroristas, como a OTAN, así como dos seus covardes seguidores, como son a Unión Europea, o Canadá, a Australia e a Nova Zelandia.
Se el primero en comentar