Será a Unión Europea unha utopía?

os grandes intereses económicos, imaxinaron que sería moito máis rendabel para os seus intereses, atopar unha forma mercantil (unha forma de obter beneficios de forma continuada), en que o entrosamento de intereses se opuxese a conflitos de intereses, sobre a forma bélica

Por Jose Vieira

Cremos que o que debemos esclarecer desde o inicio, é o que se nos presenta como Unión Europea, e cal é a súa coherencia, como espazo e no seu respectivo tempo pasado, presente e cal parece ser o seu futuro.

Procuraremos desde xa, tentar dar unha definición e conseguir, definir os obxectivos que segundo parece, decorren dese conxunto de países, que dunha forma totalmente voluntaria ou por non restar outra calquera posibilidade de supervivencia, se encaixaron a esa unión.

Así comezaremos por dicir que a Unión Europea (U.E. ou só EU), é unha organización territorial internacional, en último caso, extremadamente fóra do común.

Actualmente está formada pola asociación de 27 países, cuxa entrada en funcionamento, procesouse a través do Tratado de Maastricht firmado o día 1 de novembro de 1993.

Antes de avanzarmos máis profundamente nas nosas dúbidas que pretendemos dar a coñecer, imos indicar, dunha forma ordenada as datas dos respectivos tratados que dan a consolidación xurídica da referida Unión.

Nos limitaremos a dar as datas dos Tratados que son considerados fundacionais:

– Tratado de París de 18 de abril de 1951

– Tratado de Roma de 25 de marzo de 1957

– Tratado de Bruxelas de 1 de xullo de 1967

– Acta Única de 1 de xullo de 1987

– Tratado de Maastricht de 1 de novembro 1993

– Tratado de Amsterdan de 1 de novembro 1993

– Tratado de Nice de 1 de maio de 1999

– Tratado de Lisboa de 1 de decembro de 2009

Estes oito tratados, son as bases que estabelecen non só a fundación da respectiva Unión, así como de certa maneira son as súas bases de funcionamento en xeral.

Durante o século XIX, a Europa estivo tranquila, sen que no seu territorio, tivera ningún conflito armado, tras o fin das guerras napoleónicas.

Encontra partida, xa o século XX, deflagraran as dúas Grandes Guerras Mundiais, que trouxeron á maioría da Europa, especialmente ao centro europeo, a destrución, a fame e a pobreza.

Durante ese período, desenvolveronse primeiro os grandes imperialismos xermánicos e logos de seguida os nazismos alemáns e italianos. Estas dúas situacións, como enriba referimos, sementaron a destrución na Europa.

Esta situación de destrución, non era favorábel aos intereses fortemente capitalistas e, como tal, eran un freno ao desenvolvemento das súas actividades comerciais. Por esa razón tan prosaica, os grandes intereses económicos, imaxinaron que sería moito máis rendabel para os seus intereses, atopar unha forma mercantil (unha forma de obter beneficios de forma continuada), en que o entrosamento de intereses se opuxese a conflitos de intereses, sobre a forma bélica.

É así que se estabelece no tras Segunda Guerra Mundial, a Comunidade europea do Carbón e do Aceiro, que pasou a designarse por CECA, sendo fundada polo Tratado de París, en 18 de abril de 1951.

Os principais obreiros deste tratado foron: Jean Monnet, Robert Schumen, Konrad Adenauer, que foron os reais impulsores desta unión con vista a creación do espazo comercial amplo e sen trabas aos seus intereses.

Estaba creado o “primeiro piar” que iría soportar a creación da Unión exclusivamente ao servizo dos intereses económicos dos seus fundadores.

Foron fundadores, da CECA, os seguintes países: Francia Alemaña Occidental (na altura República Federal da Alemaña, pois, había a Alemaña Democrática, estaba na esfera da entón URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas), Italia, Bélxica, Luxemburgo e os Países-Baixos.

Posteriormente, as potencias que posuían intereses na enerxía atómica, na Europa, igualmente se xuntaron e crearon a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (designada EURATOM). Esta foi fundada en 25 de marzo de 1957, que foi firmado en Roma, entrando en vigor en 1 de xaneiro de 1958. Os países que o firmaron foron os mesmos de anterior tratado da CECA. Estaba así creado o “segundo piar”, da Unión Europea.

Finalmente, o “terceiro piar” é o que se lles xuntou, coa centralización da política exterior común, a cooperación xudicial así como a policial e, como non, a existencia dunha unidade monetaria, que só abrangue uns cantos membros da unión referida, acabaron por crear deste modo un complexo sistema, de xestión, que asenta nos tres piares, referidos.

Mas foi co Tratado de Lisboa de 1 de decembro de 2009, que a Unión Europea, se transformou nun todo, asumindo a súa personalidade xurídica, agora única, como suxeito de dereito internacional.

O que se ve, é que se desenvolveu entre os varios países un sistema político e xurídico, do conxunto de países, que se rexe por un regulamento interno (non unha certa constitución), cun goberno transnacional, hibrido, que mestura elementos de cooperación multilateral, estruturada e institucionalizada e con vocación liquidamente supranacional.

Será un estado federal que de aí xorde? Ou será só un tipo de federalismo internacional novo?

É evidente que non estamos perante un Estado Federal do tipo clásico. Esta unha primeira cuestión.

Esta EU, ten un soporte do seu sistema de goberno asente nun Parlamento Europeo, en réxime dunha especie de democracia representativa, mais amparada nas súas sete institucións: O Consello Europeo, con funcións de orientación política en xeral e representación externa, que á súa vez nomea os xefes das altas institucións como o Parlamento Europeo, o Consello da Unión Europea, que ten funcións do tipo lexislativo, en paralelo de condicións coa Comisión Europea e, esta aplica o Dereito da Unión e supervisa o seu cumprimento, executando as súas políticas. O tribunal de Xustiza que exerce os traballos referentes ao sistema xurídico comunitario, o Tribunal de Contas que á súa vez, fiscaliza e controla a administración das respectivas finanzas e fondos. O Banco Central Europeo, que dirixe e aplica a política Monetaria única da zona.

Vemos por este largo parágrafo, que esta chamada Unión, é realmente unha autentica masa de organizacións, que se colocan por cima das institucións nacionais de cada país, creando por veces, pensamos que moitas veces, problemas de ambigüidade operacional.

Por outro lado, tamén vemos a cada paso, que o principio de igualdade entre pares, non funciona, pois, o peso relativo de cada economía, é imperativo, así como a saúde de cada economía, é decisivo para marcar a marcha das políticas xerais.

Igualmente, tamén se nota evidentemente, que os países que dispoñen duns sistemas internos con maior sustentación financeira, sempre impón aos máis débeis a lei do máis forte.

Isto, polo momento non referir, que a Alemaña é o motor da Unión, non soa pola súa posición económica, mais tamén, polo seu habitual afán de querer e ser líder na Europa.

Por outro lado, convén referir, que algúns dos estados membros, co completo coñecemento dos restantes membros, proseguen políticas non verdadeiramente democráticas, sen que as institucións comunitarias tomen certas medidas correctoras.

Así que realmente nos parece pertinente, antes de avanzar, tamén se ten tornado evidente, que a Unión, non ten unha política propia, mais si ten andado desde sempre a reboque dos desexos da política e intereses americanos.

Poderiamos dicir, que a Unión non é outra cousa que non a “voz do dono” que son os Estados Unidos da América do Norte.

Perante este cadro, en que indicamos algo de como é por dentro as institucións que dan corpo a Unión Europea, cúmprenos preguntar:

Será a Unión Europea unha utopía?

Como podemos definir utopía?

En xeral, é costume definir utopía como sendo un territorio ou espazo froito da imaxinación como sendo perfecto, como o resultado dun desexado soño. Sería algo onde todo e todos, unha comunidade, viviría nun estado ideal para disfrute de todos.

Esta definición, é naturalmente unha aproximación subxectiva, no entanto, moi próxima á idea que Thomas Moro en 1516, plasmou no seu libro co mesmo título. Moro se refería a unha sociedade que vivía nunha illa ficcional, de nome Utopía que se situaba no Océano Atlántico.

Recordemos unha explicación moi interesante do escritor Eduardo Galeano, que preguntaba e respondía a esta súa pregunta: Para que serve a Utopía? Este dicía que a utopía estaba no horizonte e, como tal a Utopía serve para se ir camiñando até ese horizonte.

Non resta a menor dúbida de que a EU, non se aproxima a ese idílico soño, pois, non prosegue realmente uns camiños que lleven a realización dos soños de toda a súa poboación, como moito, segue os desexos dos seus patróns, os americanos e, os desexos dalgúns dos máis importantes países que dominan a EU, o caso da Alemaña, os Países-Baixos, a Bélxica a Austria e os países nórdicos. Todo o resto, é a estepe de entorno, nada máis.

Por todo isto, é pola EU, ser algo a moitas velocidades distinguidas e, que os que realmente mandan nela, nada fan para solucionar as desigualdades económicas e socio culturais, o que vemos, é cada vez máis unha Unión de países, máis desagregada, dentro dunha estrutura ríxida, ao servizo dos intereses americanos, tendo como xerente autorizado a Alemaña.

Así, o que nos parece poder dicir sobre ese estado chamado EU, é que non estamos camiñando por ese camiño en busca do horizonte idílico, mais si estamos a penetrar no contrário o sexa nunha distopia a toda a velocidade.

Deixamos un consello seguinte, por favor lea a novela de Aldus Huxley, “Un mundo admirável”, esta lectura, à primeira vista, parece indicar unha certa utopía, mais, logo se ve a humanidade segregada por castas e todas as autenticas incongruencias e ironías dun mundo imposíbel de se chegar, de forma real sen disruptividades.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.