Jose Celso Doval, a historia dun dos presos de San Simón

Historia de José Celso Doval Barbeito - Pontevedra Viva

Por José Antonio Regueiro Docampo

José Celso Doval Barbeito  naceu na parroquia de  Santa María de Touron, municipio de Ponte Caldelas,  ala polo ano 1911. José era neto dunha familia que viñeron pra Tourón dende Abegondo, A Coruña, mandados chamar por unha familia fidalga propietaria de casas solariegas e grandes territorios de labranza no Sur de Galicia,  parece ser tiñan  un título nobiliario equivalente a marqueses, o caso foi que estes marqueses  ofrecéronlle os avós de José Celso Doval,   residir traballar e  vivir  nunha casa  en Tourón,  chamada O Pombal, unha casa solariega que semellaba  un castelo  medieval,  de  grandes dimensións,  cun grande e enorme terreo, para que o traballaran  e levaran todo aquilo coma caseiros. A estes avós de José Celso nese castelo naceulle unha filla,  que foi a  nai de Celso, a que lle puxeron de nome  Sofía,  en honra de unha das donas do Pombal, chamada  Dona  Sofia,   e  ademais tamén lle  foi a  madriña da pía bautismal. Co tempo os avós de José Celso adquiriron e fixéronse cunha propiedade, unha casa con terreo  fronte do portón  principal  do Pombal, e pasaron desa forma a morar entre a nova casa e o  castelo, e seguiron  levando e traballando todo aquel enorme territorio do Pombal,  e outras propiedades que  tamén tiñan  en Caldelas,  en Fornelos,  e  no Ribeiro,  os tales marqueses…

Na nova casa fronte do castelo,  foi onde naceu  José Celso Doval Barbeito,  o noso protagonista. Alí se criou, alí pasou toda a súa infancia e a súa  xuventude,  entre  aquela casa  e o  castelo, e todo aquel  territorio do Pombal, e entre outros moitos lugares de Touron e a comarca,  pois xa de rapaz ia traballar e arrincar pedra  nas canteiras,  cun tío avó,  carretaban as pastas, e os propiaños de pedra, en carros  de bois, por moitos lugares da comarca e provincia.  No tempo libre tamén recorría con a escopeta, e o seu can, moito territorio cazando,   gustáballe moito ir de caza ao coello,  perdiz, lebre,  e algunha vez tamén o lobo,  e outras pezas de caza,  Celso ainda contra o final da súa vida contaba aquelas historias de caza, e de cazadores  con grande interese e emoción, o que as xentes escoitaban,  con sumo respecto e  con moita atención.

Así é, traballando nas labores agrícolas  e de canteiro,  onde sobresaleu xa desde rapaz labrando e esculpindo bastantes esculturas feitas polas súas mans, e outras con a súa intervención xunto con o seu tío avó, como por exemplo a reparación do monumento  do San Ramón en Tourón, sobre o  ano de 1927.  A meirande parte dos  traballos de escultura de José Celso Doval Barbeito  están sen a inscrición de autor, por Tourón, comarca de Caldelas, na provincia de Pontevedra, a ainda  que algo tamén fixo  polass provincias de Ourense e da de Lugo. A día de hoxe e moi fácil de ver no palco da música  en Tourón unha lira labrada e esculpida nunha pedra por José Celso Doval Barbeito cunha inscrición que di  «voluntarios de Touron e de Buchabade»  referindo que participaron na construción do palco voluntarios  de Touron e Buchabade. Pero o  da lira soamente foi idea e labor de Celso,  contaba el mesmo que un día vindo do monte co carro de bois viu  a pedra, montouna no carro e púxose a esculpir e gravar  a lira,  e el mesmo alí a colocou e alí a día de hoxe está ademais protexida por patrimonio monumental da Deputación de Pontevedra…

Tamén ademais de canteiro, nun determinado tempo, traballou  algo de,   naquela   casa onde el nacerá,  alí  tiña dúas fraguas  onde moldeaba e  traballaba o ferro,  e tamén tivo unha carpintería en Tourón, onde a súa especialidade  era a de fabricar carros de bois, e  de cabalos, aínda que tamén colocaba armazóns nos tellados  pisos  portas e contras  de madeira nas casas.

A mocidade e a xuventude de José Celso Doval Barbeito, transcorría sen grandes problemas nin sobresaltos, pero coma en outros sitios de toda España  empezaron a aparecer tamén negros nubarróns no horizonte  do  ceo de Touron  e  comezaron os  tempos difíciles, a sublevación militar contra a República  que provocou a guerra civil de 1936.

A José Celso Doval Barbeito  vírono os falanxistas por Caldelas  o día da feira,  e alí  mesmo no campo da feira (hoxe alameda de Ponte Caldelas) tratando a venta de dúas vacas, e que  non se poñían de acordo no prezo por culpa dos traquillóns (tratantes).  Alí mesmo o detiveron,  e xa deseguido o meteron  preso  na cadea de Ponte Caldelas,  recordáronlle que, a pesar de que xa facía bastante tempo atrás, fora con outros mozos a meterlle un folleto do sindicato  UGT   no caixa postal , a un cacique de Caldelas,   e de ir entre varios a falar cuns  canteiros que estaban traballando nunhas  obras na comarca de Caldelas,  sobre un acordo  pra mellorar os salarios  dos obreiros da construción,   e tamén de  acudir, no Concello de Lavadores, (entón concello e hoxe integrado no de Vigo)  a un mitin de Dolores Ibarruri, a Pasionaria.

Na cadea de Ponte Caldelas tivérono preso  xunto con Alexandre Bóveda, onde  conversaron e  entablaron unha grande amizade.  Dicía Celso que Bóveda era unha moi boa persoa,  e un grande intelectual. A Bóveda  levárono da cadea  de Caldelas pra cidade  de Pontevedra,  e  fusilárono pola zona da Caeira.

A  Celso tamén o  levaron da cadea de Ponte Caldelas, e  metérono no penal da illa de  San Simón,  tamén chamado o Lazareto na enseada de Redondela,  ali no Lazareto,  tamén  estaba  Adrio Barreiro,   que tamén conversaron e fixeron  unha grande amizade,  explicaba moitas veces  Celso ,  que cando podían falaban e escribían algo de poesía  e,  que contaban os días e as  noites,  e as badaladas do reloxo do presidio  desde o día que chegaron alí…

 A   Adrio Barreiro, como a Bóveda,  tamén o fusilaron…

Pero aquilo alí naquela prisión,  dicía e explicaba  moitas veces Celso,  que o Lazareto  era un inferno,  viu cómo dous presos se tiraron o mar pra fuxir,  disparáronlle e a un  matárono  mentres  nadaba, e o  outro conseguiu  chegar a beira da praia de Cesantes,  pero xa o estaban esperando. Dicía Celso que ó que sacaban da illa que xamais regresaba, tamén  falaba que aqueles gardas eran uns verdugos que os humillaban os maltrataban, dábanlle golpes, que non durmían,  que  aquilo era un terror,  que os martirizaban.  Recordaba Celso  con semblante de tristeza  mais que con rancor,   que lle daban golpes  con  has culatas dos fusiles nos pes descalzos…

Que aquelas noites eran de medo e de completo  terror, que  o  escoitar abrir o cerroxo das celdas dalgúns compañeiros  xa pensaban: agora tócame a min, agora van abrir o cerroxo e  a porta da esta  celda.  Estaban con medo e que polas mañas ó deixalos saír  nin se coñecían ata que transcorría un  bo  anaco de tempo.

A José Celso Doval Barbeito visitouno   algunha vez no Lazareto,  baixo autorización  e con moita vixilancia,  a súa  nai Sofía e a súa esposa Lucila,  entre  elas que se moveron,  e  os donos do Pombal, e algunhas amizades, sobre todo familiares daquela casa castelo en Tourón,  e  intercederon por el, e deixárono libre.

Libre daquela prisión pero esperáballe de novo volver a padecer e sufrir…  Chamárono a filas os que o meterán preso, os que non eran das ideas dil,  os sublevados, os que loitaban contra  a República, contra o goberno legalmente elixido  polo pobo de España,  viuse obrigado e tivo que ir forzado e loitar no fronte,  por Francisco  Franco,  por aqueles  os seus verdugos.  Celso falaba  con amargura e repetía qué non lle quedou de outra, ademais  mandárono   directamente combater nas  trincheiras…  Estivo nos frontes de  Castela  e  de  Asturias.

Segundo Celso contaba,  o seu batallón  sempre o  mandaron a loitar como forza de choque  en terreo desfavorable,  sabendo que  ían  ser completamente aniquilados e masacrados,  como así  el dicía  que  efectivamente sucedía,  mandáronos a morrer sen  contemplacións,  a propósito. Contaba Celso nun daqueles combates  que oía  silbar as balas o seu lado pero todos corrían outeiro pra baixo,  e que chegou onda un regueiro e atopou outro soldado de fronte, alzaron os dous os  mosquetóns e íanse disparar… por o fragor da batalla nin se decataran que eran da mesma compañía.  Celso dicía que empezaron a falar galego,  el falando en galego da costa Atlántica,  e  o outro falando  galego da Galicia interior, pois era da provincia de Ourense.

Contaba Celso que moitos casos como o qué lle sucedeu a eles,  dábanse   moitas veces durante os combate,s e sobre todo cando eran a  baioneta, ou tamén a baioneta calada,   que non se distinguían nin se coñecían,  e coma neste caso  os dous da mesma compañía,  tamén falaba Celso que se daban  casos  de loitar durante os combates  irmáns contra irmáns, veciños contra veciños,  naquela guerra fraticida.

Aquel compañeiro de Ourense díxolle de  seguir camiñando  pola beira do  regueiro  abaixo  non podían regresar, porque  outeiro arriba estaba chea de cadáveres e ademais desa forma ían ser acribillados,  e si conseguían chegar  ían ser  humillados e pode que  fusilados,  por  non  morrer coma os outros, que para iso era para que os mandaron aquel sitio,  así que  falaron e  acordaron quedarse  dous ou tres días por alí, e  despois aparecemos,  así o fixeron  e pasados dous días  buscaron a súa compañía e o presentarse dixeron que se desorientaran, que se  perderán e ata vítores lle deron, Celso  rematou a guerra sendo soldado de primeira,  pero con aquela amargura de ter que loitar favor  dos seus verdugos e en contra dos seus ideais…

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.