O momento político en Portugal (II)

O primeiro ministro dimisionario, pide a todos os socialistas que teñan o bo senso de non criticar o poder xudicial, en xeral e, en particular a PGR portuguesa. Unha actitude cautelosa e probabelmente cautelar. Veremos.

Por Jose Vieira

Normalmente, en casos semellantes ao longo e largo do mundo da política, quere europea, quere mundial, o que realmente prevalece na maioría dos casos, é a non existencia de calquera tipos de normalidade, nin tampouco, de solucións idénticas, para os diversos cometidos.

Moitas veces, o que acontece é que o tempo e a paciencia das poboacións, vaise extinguindo, acabando polos éxitos iren parar, ao cemiterio dos casos non interesantes, por resolver, dunha maneira clara e transparente, que son por excelencia as hemerotecas dos periódicos. O tempo os resolverán.

No entanto, esperemos que no caso en cuestión, o problema da investigación xudicial da Procuradoria Xeral da República portuguesa, nos desminta de forma cabal e, con total transparencia dos traxes en cuestión, nos desvele quen son e o que de verdade fixeron.

Este desexo de transparencia vén de moi lonxe e, nin por iso, ten tido un total éxito nos seus aspectos fundamentais, como sexa a clara liña de investigación, os certos implicados, os delitos cometidos e, como non, as consecuencias para as poboacións.

Por todo isto, esperamos que a señora, titular da PGR portugués, veña a público esclarecer dunha vez por todas, o sentido e o obxecto das investigacións, en todo o seu camiño.

Non se deberá escudar por detrás do segredo de xustiza, lanzando un manto de dúbidas, por cima de todo un país ou polo menos, sobre todo un partido político. Pois, hoxe, é este o goberno e, nada nos di que pasado mañá, non veña a facer o mesmo, un outro goberno, doutro calquera partido.

Pensamos mesmo que os delitos, serán actos duns cantos e, non de toda unha estrutura política.

O que está a facer este segredo, demasiadamente silencioso, é crear unha sospeita sobre todo un partido, e todos os seus apoiantes en xeral.

Cremos sinceramente que non é esta a intención da señora PGR portugués, nin tan pouco o cometido, por certo, da independencia do poder xudicial.

Tomamos nota, da declaración do Presidente da República Portuguesa (de agora adiante soamente PRP), Marcelo Rebelo de Sousa, que convoca eleccións anticipadas, para o día 10 de marzo de 2024, conforme o debía de facer, tirando o caso para a barra do pobo portugués.

Por iso disolve a Asemblea da República e convoca as referidas eleccións anticipadas, como consecuencia da dimisión do primeiro ministro António Costa, provocada polo escándalo de corrupción que afecta o goberno actual, segundo a fonte consultada, que é a axencia Europa Press.

A pesar de todo isto, o primeiro ministro dimisionario, pide a todos os socialistas que teñan o bo senso de non criticar o poder xudicial, en xeral e, en particular a PGR portuguesa. Unha actitude cautelosa e probabelmente cautelar. Veremos.

Transcribimos, coa debida venia un texto do periódico portugués “O Público”, da cal damos o link, ao final do texto transcrito:

“Escoitas: 55 referencias a Costa, mais ningunha conversa súa nin pista sobre intervención:

O despacho de acusación sobre a investigación ao proceso de licenciamento e construción do data center de Sines ten un centenar de referencias a António Costa, mais só 55 refírense a escoitas en que os envolvidos falan directamente sobre o primeiro ministro. Porén, non hai calquera transcrición dunha conversa co xefe do Goberno nin tampouco se entende se chegou a ter verdadeiramente algunha intervención para desbloquear o proceso que estaba a afrontar diversas dificultades para se conseguir instalar naquel municipio.

https://@www.publico.pt/2023/11/09/politica/informa/escoitas-55-referencias-costa-ningunha-conversa-pista-intervencao-2069659

É como mínimo moi interesante este texto a que o periódico “O Público” (periódico portugués) tivo acceso.

Tamén queremos esclarecer que a dimisión do primeiro ministro, non quere significar, que estea o país sen goberno o á deriva, como se apresuraron os periódicos españois a insinuar, sobre todo os galegos (pensamos que é por falta de coñecementos políticos pois, por má practica, non o é ou non o debe de ser).

No entanto, non podemos deixar de referir que calquera tipo de corrupción, por parte dos políticos, é unha machadada, que corta a responsabilidade, a transparencia e, claro a posibilidade de que se implante a xustiza.

Se, isto é, así, a democracia non pode estar a funcionar como debe de ser. Pois, como se desprende a corrupción, é un elemento freador da democracia.

Algúns países, se din democráticos plenos e, no entanto, non poden ser considerados como tales, desde que o que impera nos seus intersticios é un estado de corrupción.

Pensamos sinceramente, que onde exista unha corrupción xeral, o que existe é un estado corrupto e, como tal, xamais será unha democracia no sentido filosófico/político, quere conceptual, quere práctico.

Todos sabemos que quen manda do mundo, non son os políticos de quenda, mais si, os poderes económico/financeiros, duns cantos “Amos do Mundo”, mais non esquezamos que os políticos en exercicio, son quen distribúen os recursos de cada país e, se a corrupción campa entre eses empregados dos “Amos do Mundo”, o que en xeral acontece, é que o desvío dos recursos públicos, a seu que a seu belo pracer, estes os poidan aplicar, en investimentos, que privilexien os seus intereses persoais ou reforcen os intereses dos “seus reais patróns”.

Así, que como non pensamos mal de ninguén, polo menos, antes de seren indagadas e avaliadas as situacións dubidosas e, por iso, queremos poder crer, que nos países que se din democráticos, existe unha real separación dos tres poderes, ou sexa, que exista, un poder lexislativo independente do poder xudicial e á súa vez do poder executivo.

Se, isto é, así e, cremos que é o caso que nos trae, no momento portugués, esperamos que a investigación dos traxes, chegue con rapidez e total exención ao fondo dos problemas, indague as responsabilidades e, sexan imputados, sexa quen sexa, os respetivos delincuentes.

Máis, tamén queremos dicir, que estamos satisfeitos, dado que ao parecer os sistemas de alerta e prevención de situacións anómalas, neste caso de corrupción, funcionasen.

O que xa non temos tanto a certeza, é se funcionaron en tempo oportuno e, foron tan céleres, canto o necesario para poder evitar, males maiores.

Este caso agora, xurdido con toda a pompa e circunstancia, dá como que un aviso, para moitas outras situacións, igualmente graves e, que porque os intervenientes, nas respectivas “xogadas”, foron máis cautos e disimulados, se escaparon dos respetivos castigos e, como non, da reposición integral dos prexuízos causados aos seus concidadáns.

Que sirva de exemplo non só a Portugal, mais en toda a Europa, que está chea de casos, polo menos dubidosos.

Este caso, implicou polo momento, a dimisión do primeiro ministro do goberno portugués, mais aínda non saíu do templo, a respectiva procesión e, por iso, esperamos volver ao mesmo, à medida que vaia saíndo do adro e chegue á rúa.

Seguiremos, pois, estes asuntos, acostuman ter efectos imitación noutros países. Que os deuses nos libren dos contaxios.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.